Xornada repleta de victorias en case todas as categorias do organigrama do FC Camariñas. Dende os máis pequenos que impuxeron a súa autoridade en Muxía con un contundente marcador de 1 a 12 ata os senior que derrotaron ao aspirante ao título de liga o CF Corme nun ateigado Estadio Hermanas Patiño por un total de 3 a 2. Deste xeito sale o equipo da vila das palilleiras desa perigosa zona de descenso na que estaba inmerso despois dunha vaga de pésimos resultados. Os de Tono teñen agora unha oportunidade de ouro de consolidar a súa candidatura á permanencia no próximo partido contra un rival directo, o Outes, que está a loitar tamén codo con codo co Camariñas por esa tan ansiada permanencia nese inédito pelotón de cola.

Cun traballo serio e responsable antepoñendo a canteira a outras fórmulas, o FC Camariñas está recuperando pouco a pouco ese caracter que está facendo voltar aos afeccioados do fútbol camariñán cara o Estadio Hermanas Patiño

Con respecto ás categorías inferiores do FC Camariñas destacar aos xuveniles e cadetes do noso querido amigo Faus, novo adestrador destas dúas categorías, que colleitaron esta fin de semana ámbolos resultados marcados por sendas victorias que recompensan dalgunha forma o bo xogo realizado nas derradeiras xornadas. Estaban os chavales dos equipos filiais do FC Camariñas algo baixos de moral porque, a verdade sexa dita, calidade e xogo desprenderon a raudales nesta liga. Agora parece que a confianza e o bo tono se instalan definitivamente nestas categorías que son o futuro máis próximo do FC Camariñas.

As valentes féminas da categoría infantil do FC Camariñas enfrontábanse ao todopoderoso Fisober que, despois de deixar Vimianzo, recala momentaneamente na plácida Dumbría onde choven, parece ser, cartos a raudales destinados dende o concello para o deporte. As nosas nenas, adestradas moi correctamente polo míster Isidro, nada puideron facer contra as do Fisober que lograron unha victoria clara. Dende esta redacción queremos animar ás nosas valentes que están a realizar un gran traballo nesta temporada que comezou oficialmente o equipo feminino do FC Camariñas.

No que se refire á categoría infantil masculina, os pupilos de Isidro, trouxeron dende Muxía un contundente resultado ao venceren aos seus veciños por un total de 3 a 8. Victoria merecida dos chavaliños do FC Camariñas que, como os cadetes e os xuveniles, serán o futuro máis inmediato do equipo da vila das palilleiras.

E finalmente comentar o gran resultado que trouxeron da outra beira da ría de Camariñas os nenos do equipo da vila das palilleiras. Un total de 12 goles que lle endilgaron os nenos camariñáns aos seus veciños que, como os nosos, comezaron este ano 2017 nunha escola de fútbol de recente creación. Un gran resultado que nestas categorías ven sendo o de menos, porque o máis importante é a foto final do partido de todos os nenos e nenas irmanándose nun forte abrazo de compañeirismo. Unha lección de respeto e deportividade que nos dan os nosos nenos cada partido. 

E nada máis pola nosa parte neste resumen do acontecido na xornada do FC Camariñas, que cada fin de semana está a recobrar lenta, pero paulativamente parte dese electorado tan fiel que domingo tras domingo vibraba no Estadio Municipal Hermanas Patiño de Camariñas con todos os equipos e categorías que conforman esa familia que ven sendo o Fútbol Club Camariñas. A seguir así.

RESULTADOS DA XORNADA:


Senior: FC Camariñas 3 - 2 CF Corme
Xuveniles: FC Camariñas 6 - 3 CD Baio
Cadetes: FC Camariñas 3 - 0 Ponteceso SD
Infantiles Masculino: CF Muxía 3 - 8 FC Camariñas
Infantiles Feminino: Fisober 9 - 1 FC Camariñas
LFS Benxamíns: C. Muxía 1 - 12 FC Camariñas

As gradas do FC Camariñas ateigadas de afeccioados

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar