Partido que era súper importante para abrir máis distancia ante un dos equipos da zona baixa. E obxectivo conseguido. Comezamos conseguindo situacións de lanzamento claras con facilidade e anotando con asiduidade, pero en defensa alternaban boas accións con accións demasiado "blandas" que facían que o rival se mantivese á par no marcador no descanso (16/14).

Juan Moncho Canosa, adestrador do CB Camariñas Conservas Boya coméntanos o acontecido no partido que enfrontou ao CB Camariñas contra o Rasoeiro

Na segunda parte máis do mesmo, intentando seguir poñendo un ritmo alto de partido, anotando con facilidade pero cos mesmos problemas defensivos. Ata ao redor do minuto 50, quizás por chegar mellor físicamente, varias boas defensas e roubos fixeron irnos de 6 goles, e poder xogar con tranquilidade ata o final. Segunda victoria consecutiva das 3 que nos marcamos que nos deixa na mitade da táboa, e coa mente xa no partido de Porriño da semana que vén, o máis importante ata o Nadal. Gracias a nosa afición que non falla nunca e faino todo máis fácil.

RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA:


1ª Nacional Masculina: CONSERVAS BOYA 34 - 29 CALMEAR RASOEIRO BM.
2ª Autonómica Femenina: ENCAIXE CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA - GOLDIE XIRIA (Suspendido por incomparecencia arbitral)
Cadete Femenina: A.D. CARBALLAL 34 - 19 BM CAMARIÑAS
Cadete Masculino: CLUB BALONMÁN ATLÁNTICO 14 - 16 BM CAMARIÑAS
Infantil Femenino: BM CAMARIÑAS 25 - 5 C. POLIDEPORTIVO LUCENSE

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.