Na tarde deste mércores 25 de outubro de 2017 o xogador da categoría xuvenil do FC Camariñas Christian Carballido lesionábase gravemente nun golpe fortuito. Aínda que ao principio pensábase só nun susto máis ben producido por un golpe superficial co paso dos minutos e co dolor do rapaz que non viña a menos tivo que chamarse a unha ambulancia que trasladou ao xogador ata o Hospital Comarcal de Cee. Alí os facultativos confirmaban a gravidade do golpe aínda que están pendentes de realizar as últimas probas que determinen exactamente o alcalce da lesión. Christian saía do hospital horas despois coa súa perna esquerda totalmente vendade e terá seguramente varios meses de recuperación. É por iso que a directiva, corpo técnico e xogadores en pleno do FC Camariñas queren amosarlle o seu cariño e ofrecerlle este domingo antes do partido que enfrontará ao FC Camariñas contra o Zas, unha homenaxe ao xogador camariñán para que se recupere canto antes e volva a xogar ao seu deporte favorito no seu equipo da alma. E dende esta redacción tamén queremos mostrar todo o noso apoio a Christian para que se recupere o antes posible. Moita forza Christian!

COMUNICADO DO FC CAMARIÑAS EN APOIO A CHRISTIAN


Todos os que formamos parte da directiva, equipo técnico e socios do F.C Camariñas queremos expresar o noso apoio ao noso xogador Christian Carballido Pitiichio,  que resultou gravemente lesionado nun choque foruito nun dos adestramentos aos que esta gran promesa do fútbol camariñán asistía con asiduidade. Christian, que recén chegaba a Camariñas desde Fuerteventura, supoñía un reforzo moi importante para os nosos xuveniles e ainda que a mala sorte se cebase con el na tarde deste fatídico mércores 25 de outubro para o noso querido Christian estamos seguros que se recuperará pronto desta lesión que o apartará dos terreos de xogo durante un tempo, e esperamos velo no campo ainda q sexa para animar os seus compañeiros. Ánimo, FORZA e todo o noso APOIO e cariño!!

Cartel do FC Camariñas vs. Spt. Zas


Cartel do FC Camariñas contra o Sporting Zas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.