Outro día histórico para o fútbol na vila dos encaixes. Si o domingo 1 de outubro de 2017 foi memorable para o deporte da Costa da Morte coa presentación da Escola de Fútbol do FC Camariñas na que se integran preto de 80 nenos e nenas, a xornada deste sábado 9 de outubro quedará para a historia coa consecución do primeiro partido oficial desta canteira futbolística. Os encargados de inaugurar o banquiño eran os nenos da categoría benxamín do FC Camariñas que, adestrados polo monitor da categoría e formación coma Luis Rodríguez Luaces, se enfrontaron no Campo da Lagarteira a un histórico do fútbol da costa como o UC Cee. 

Para apuntar aos nenos na Escola de Fútbol do FC Camariñas contactar con Maite no teléfono: 600872463

Os rapaciños do FC Camariñas puderon desfrutrar do seu primeiro partido nun día radiante, e aínda que os nenos do Cee os superaron no marcador final hai que dicir que os nosos xogaron moi ben, sempre centrados no partido e tratando de levar a cabo as continuas órdenes que o míster Luis lles dictaba. Tamén é necesario reseñar que a maioría dos rapaces do UC Cee pasaban dous cursos aos camariñáns así como ter xa unha importante bagaxe nos campos de toda a costa. Aínda así os nosos foron quen de plantarlles cara pese a superioridade manifesta dos ceenses e marcar dous goliños que salvaron a honra do noso equipo.

Así e todo o resultado final foi o de menos. A deportividade e o compañierismo vivido entre os rapaces dos dous equipos resultou ser o máis salientable da xornada vivida este sábado no encontro desputado entre as escolas de fútbol do UC Cee e a nosa do FC Camariñas. E sobretodo algo que quedará para a historia do deporte rei no concello de Camariñas como foi o primeiro partido dos pequenos futbolistas da canteira do Fútbol Club Camariñas. Todo un orgullo para a nosa vila.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.