Xornada dispar a deste 7 de outubro para os intereses das diferentes categorías do CB Camariñas Conservas Boya. Mentras os dous equipos senior da vila das palilleiras colleitaban sendas derrotas, as categorías cadetes conseguían unhas valiosísimas victorias. Os senior masculinos caían fronte ao Teucro a domicilio e as rapazs do Encaixe facían o mesmo na casa fronte ás xogadoras do SAR. Pola súa parte as rapaciñas da categoría cadete gañaban pola mínima ao Meaño no Pavillón Municipal de Camariñas e os chavaliños desa mesma categoría traían de Carballo unha valiosísima e importante victoria fronte ao Xiria no derbi da categoría. Para a semana que ven os nosos senior terán unha crucial cita fronte ao Construcciones Castro Octavio mentras que as féminas enfrontaranse ao sempre complicado Xiria en Carballo. Moita sorte!

RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA:

1ª Nacional: S.D. TEUCRO 30 - 25 BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA
2ª Autonómica Femenina: ENCAIXE CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 25 - 28 S.A.R.
Cadete Femenino: BM CAMARIÑAS 26 - 25 MEAÑO
Cadete Masculino: XIRIA HIERROS VARELA URBIETA 21- 22 BM CAMARIÑAS

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.