O FC Camariñas conta desde este domingo 1 de outubro de 2017 con unha das escolas de fútbol máis importantes da Costa da Morte. Máis de medio cento de nenos e nenas (faltaban os xuveniles) foron presentados maxistralmente polo camariñán Marcial Mouzo no mítico Hermanas Patiño ante unhas gradas totalmente entregadas. Pais e nais, avós e demáis familiares orgullosos non se quixeron perder a posta de gala das categorías inferiores do FC Camariñas que compoñen unha canteira futbolística de primeiro nivel que, si todo sale como o esperado, asegurará o futuro do FC Camariñas por moitos anos.

O acto daba comezo, como estaba anunciado, exactamente ás 4 da tarde deste xa histórico domingo para o futbol no concello, cando Marcial Mouzo daba pistoletazo de saída á presentación de todos e cada un dos integrantes da Escola de Fútbol do FC Camariñas. Saíron os nosos nenos emocionados dende os vestiarios cara o centro do campo levados da man polos xogadores do equipo senior baixo a sintonía apabullante da Champions League. Alí, no medio do campo do Hermanas Patiño, foron chamados un a un cara as gradas para recibir a ovación unánime de todo o graderío. Os nenos, todos engalanados coa equipación balnquiazul que representa os orixes do FC Camariñas alá pola década dos 70, lembrarán durante toda a súa vida semellante recepción.

Para todos aqueles pais que desexen matricular aos seus nenos nas Escolas de Fútbol do FC Camarilas poden facelo chamando ao 600 87 24 63 (Maite) ou 627 81 69 05 (Rosa)

Rematada a presentación chegou o turno dos descursos oficiais. Marcial Mouzo cedía entón o micrófono a esa lenda viva do futbol galego que é Vicente Carril, o eterno Presidente do FC Camariñas que, emocionado, lembrou gran parte da historia do seu equipo da alma. Haberá tempo para homenaxear ao noso querido Presidente pola gran labor realizada ao longo da súa vida a prol do deporte rei. Aínda así non creemos que haxa mellor homenaxe que a que medio cento de rapaces e rapazas do seu propio pobo lle ofreceron ao veterano Presidente.

Despois das emocionadas palabras de Vicente Carril chegou o turno do descurso do Alcalde de Camariñas. Pichurri lembrou tamén xunto a Marcial (dous vellos compañeiros daquel mítico FC Camariñas dos 70) e Vicente aquelas anécdotas tan sonadas dese talentoso equipo do cal foron integrantes. Tamén tivo palabras de agradecemento ao FC Camariñas e ás nais e pais organizadores desta escola de fútbol e ofreceu todo o apoio incondicional do Concello de Camariñas para levar a cabo a consolidación total nos próximos meses da canteira do FC Camariñas.

E para finalizar o acto procedeuse a solta de deceas de globos coas cores do FC Camariñas. Unha solta que foi protagonizada polos rapaces da Escola de Fútbol de Camariñas que, felices, festexaron por todo o alto a consecución dun hito sen precedentes para o club de fútbol da capital municipal coa inauguración das Escolas de Fútbol do FC Camariñas que asegurará 40 anos máis de orjullo camariñán. Noraboa a todos os que o fixeron posible.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.