Non foron ben as cousas para as palilleiras contra o Chapela

Mal comezo para o Encaixe neste arranque da liga despois do parón de nadal. O equipo Camariñan perdeu esta fin de semá fronte o “gran” Bm Chapela 8-38, que con un xogo fluido en ataque e unha contundente defensa non deixaron respirar o Encaixe. Foi cara o final do encontro cando as locais conseguiron arrincar uns goles favorecedores anímicamente. Mónica Barreiro contaba coa aunsencia de Sara, e Sandra foi sustituída na segunda parte por unha xogadora de campo por molestias nun aductor. “É un gran batacazo para o equipo, pero no se perde o ánimo e loitarase cada encontro ata o final desta liga” afirma a adestradora.

BM FEMININO ENCAIXE CAMARIÑAS: Sandra (gardameta); Laura (1);Juana; Aida (2); Cristina Caamaño; Karina; Ivana(1) E.I;Cristina Barreiro (1); Cristina Sande; Yolanda (2); Alicia.
BM. CHAPELA: Pamela e Rita (gardametas); Lara (3); Eva; Sandra (8); Iria (1); Uxía (2); Andrea (4); Enmanuela (7); Adriana (5); Tamara (7); Alba (1).
Arbitros: Sergio Vázquez y Julio Villanueva.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar