Juanillo repasa o acontecido na semana futbolistica en Camariñas

Seguen sin acabar de carburar todo o que sería de desexar os distintos conxuntos futbolísticos camariñáns nunha xornada na que tan só o Camariñas de Manolín fui quen de solventar contundentemente o seu encontro. Polo demáis o Porteño volvío á senda da derrota en terras do fin do mundo e o Xaviña levou unha tunda como é debido na Serra de Outes, en fin, esperemos á vindeira xornada contra un equipo en principio asumible para o acorazado balompédico xaviñán, o humilde Atl. Pereiriña, a ver se por fin contemplamos aos homes tan sabiamente reclutados por Isaías Caamaño gañar un encontro. Ademáis, nova entrega das historias dun dos mellores dianteiros da historia do fútbol da Costa, Jamela, na que recorda a primeira aproximación ao máis parecido a unha competición de fútbol sala que existío en Camariñas nunha crónica que  o Mago de Corea, redactor xefe de deportes de camarinas.eu, remata cun encendido eloxio dunha persoa clave para entender a historia moderna das escolas deportivas no Concello de Camariñas, Vicente, máis coñecido como Vi, preseidente da Asociación As Baleas.

ENDESA AS PONTES 0-0 CERCEDA
Malo, o partido que fixemos onte nas Pontes e no que o mellor foi o resultado pois no minuto 87 pitáronnos un penalti en contra e menos mal que o tiraron fora.  Pouco hai que decir dun partido no que creamos poucas ocasións e no que non tivemos a posesión de balón cousa que dificultou moito o noso xogo e as posibilidades de conseguir 3 puntos.  Adiantounos o Ferrol na clasificación, agora o líder é o Ourense que nos saca 3 puntos e será o noso próximo rival o vindeiro domingo, o Ferrol é segundo, aventáxanos en 2 puntos pero iso si, ámbolos 2 conxuntos teñen 1 partido de máis, teñen que descansar ainda.  Temos que cambiar a imaxe dada este derradeiro partido e que mellor que facelo a próxima semana que nos visita o líder, o Ourense.


CAMARIÑAS 4-1 MUROS
Goleada do Camariñas de Manolín ao Muros por 4 goles a 1 para non perder a estela do líder, o Fisterra.  Aguantou tan só o primeiro tempo o Muros cando xogaba a favor de vento, pero pese a contar coa axuda de Eolo ( Deus do vento) non foi capaz de meter en apuros ao Camariñas que conseguiría adiantarse no marcador cun tanto conseguido por De La Sierra.  No segundo tempo o Camariñas foi un vendaval e pasou por enriba dun Muros que non sabía como conter a acometida local. Así chegarían 3 goles máis obra de Juan O Vello, David e Josiño.  Non queren perder a senda do Fisterra os homes que dirixe Manolín, un Fisterra que neste inicio de campaña estase a mostrar como un rival temible.


FISTERRA 3-1 PORTEÑO
Pois máis que un susto foi o que lle dou o Porteño de Gerpe ao líder, o Fisterra que tan só nos últimos 5 minutos de partido foi quen de doblegar a un Porteño que xa nota a man de Gerpe a pesar de levar algo máis dunha semana como adestrador.
Saleu o Porteño moi enchufado e foi o dominador do partido durante o primeiro tempo, fruto dese dominio chegaría o gol obra de Roi.  No segundo tempo cambiou a decoración do partido e o Fisterra empezou a dominar e empataría o partido, pero os homes de Gerpe non lle perderon a cara ao encontro e aguantaban moi ben as embestidas locais. Tan só nos derradeiros 5 minutos de partido, o líder foi quen de doblegar a un Porteño que vai a dar moito que falar no que resta de tempada.  Para a semana o Porteño de Gerpe recibirá no Hermanas Patiño ao Esteirana.


OUTES 6-2 XAVIÑA
Dolorosa a derrota dun Xaviña na súa visita a Outes na que lle endosaron 6 goles.  Viña o Xaviña de acadar o seu primeiro punto a semana pasada diante do Muros B, pero o Outes foi moito rival para o cadro que dirixe Iago e que preside Isaac. Non se teñen que vir abaixo os homes de Iago, teñen que olvidar este resultado canto antes e centrarse no vindeiro encontro no que recibirán ao At. Pereiriña no Hermanas Patiño. ¿Poderemos contarvos a primeira victoria do Xaviña diante do At Pereiriña?.


XUVENÍS: CAMARIÑAS 3-4 DUMBRIA
Plantáronlle cara os nosos rapaces ao líder, o Dumbria nun partido no que o Camariñas mereceu máis. Teñen que seguir loitando por conseguir ese primeiro triunfo da tempada e para a semana que ven, terán unha nova oportunidade cando visiten Baio para enfrentarse ao cadro local.


VETERANOS: CAMARIÑAS 1-2 PONTECESO

Derrota do Camariñas de Gonzalo no Hermanas Patiño diante dun Ponteceso que aproveitou o baixón que sufríu o Camariñas na segunda metade. Estanlle a pasar factura os segundos tempos aos homes de Gonzalo que por segunda semana consecutiva póñense por diante no marcador pero véñense abaixo nas segundas partes e ven como os seus rivais lles remontan o encontro. Para a semana o Camariñas enfrontarase ao Cabana.

VETERANOS: PORTEÑO1-1 CORCOESTO

Tampouco conseguíu o Porteño de Baña a primeira victoria da tempada diate do Corcoesto. Foi mellor o Porteño e mereceu gañar o encontro pero cando non se materializan as ocasións non se gaña. Para semana o Porteño enfrontarase ao Coristanco, esperemos poder contarvos a victoria do equipo da Ponte do Porto que ata o momento estáselle a resistir.

O RINCÓN DE JAMELA

A PRIMEIRA LIJA DE FUTBOL TERRA (fútbol sala actual) DE CAMARIÑAS.
Esta semana Jamela lévanos a época dos inicios dos anos 70, cando no actual Colexio do Areal había un campo de terra e torroñas donde se levou acabo a primeira liga do máis parecido ao fútbol sala actual, liga que a xogaron 6 equipos, xogábanse partidos de 6 contra seis e donde xa había terribles polémicas con fichaxes, sabotaxes e demais historias que recordan a liga de veteranos actual.
Decíamos que seis eran os equipos que participaban, quixemos recordar a eses 6 equipos pero Jamela e algún participante máis non se acorda de 2 equipos participantes, por iso se alguén sabe dos seus nomes, que nolo diga para publicalos.
Cóntanos Jamela, que a liga estaba patrocinada pola Diputación e para poder xogar nela había que ser mariñeiro, ese era a norma principal, todo aquel que quixera xogar tiña que andar ao mar. Esto trouxo consigo algunha polémica, porque houbo equipos que quixeron inscribir a xogadores non mariñeiros pero as correspondientes denuncias de equipos rivais deron resultado e non poideron xogar. Algúns xogadores que participaron nesa liga, por desgracia xa non están entre nós e Jamela quere con esta historia rendirlle unha emotiva homenaxe a todos eles.
A primeira trifulca empezou cando Jamela e máis o seu amigo da alma Chao “El Gato de Odesa” se enfadaron porque os dous querían ser os capitáns do equipo,"daquela o que mandaba era Chao, había que faser o que él dixera porque era o jefe, pero eu declareime en rebeldía e marchei, fixen outro equipo e consejín levar a Je conmijo, un fichaje que me ven de maravilla", cóntanos Jamela. Así os dous amigos inseparables, por ser moi orgullosos, iban a crear dous equipos, serían rivais a morte.
Así, Chao conseguíu os mellores xogadores para él, no seu equipo estaban aparte de él que era o porteiro, Colás, Suso de Coloudino ou Coco entre outros. Chao quixo infrinxir as normas fichando a Mario de Camuel, pero enseguida Jamela e os demais presidentes denunciaron tal fichaxe porque Mario non era mariñeiro e polo tanto non puido xogar.
Despois estaba o equipo de Jamela, “ O Escalador”. Equipo no que militaban o propio Jamela, Je, Mindiño, Benito, Manolo de Nieves e Luis Sestallo que era o porteiro. "O Chuvasco" era o equipo dos do Campo. Estaban os Toiños, Santillo, Perucho, Feduxa, Pepe de Fela e Juan de Iberia. Finalmente, o "Laura" era o equipo do Olludo no que militaban entre outros, Manolo de Camuel e compañía.
O traballo máis difícil era o de Mon e o de Juan José da Caixa de Aforros que eran os 2 árbitros, ¡¡¡¡cantas tuveron que oir!!!!!. Ganara quen ganara a culpa sempre a levaban eles. Íbase disputando a liga e chegaría o partido do ano, o que enfrentaba ao equipo de Chao contra o Escalador. Había berros, gritos, patadas, goles... non lle faltou de nada a ese partido. Jamela e Je eran os cracks do equipo do Escalador e cada gol que lle meteron a Chao celebrábano dun modo un tanto peculiar, "cada jol que metía Je, iba para o lado de Chao e comía herba para faserlle burla" dinos Jamela. Así o partido acabaría nun 4 a 1 a favor do equipo de Jamela e Chao tuvo que aguantar carros e carretas de todos eles.
O liga ganouna o Escalador de Jamela sin perder ningún partido, incluso lle meteron 18 ao Chuvasco e a celebración foi por todo o alto.

Jamela fainos un adianto da próxima historia, a dos goles increíbles e xogadas que hai que velas para creelas……………………………………….

Nota da redacción de deportes:
Chegaron a oídos desta redacción unhas palabras que se publicaron en algún medio (hei de decir que eu non as leín pero dinme que son certas), nas que se arremete (sen dar o nome da persoa a quen vai referida) contra un home que está facendo un labor encomiable, gracias a él os rapaces deste pobo poden xogar ao deporte que queren e lles gusta como é o fútbol ou fútbol sala, e aparte, é un gran amigo meu, un amigo de verdade. Eses comentarios ían referidos a Vicente, Vi para os amigos.
Dende aquí, quero aproveitar para decirlle a quen pronunciou esas palabras, que antes de decir nada sobre ninguén, tense que mirar a si mesmo e ver si él é un ejemplo para os demais, si é un ejemplo para a práctica do deporte e para ter a súa disposición un equipo de deportistas.
Ata aquí foi todo canto dou esta xornada, un saudo a tod@s usuari@s de CAMARINAS.EU.


 

 

Comentarios   

samsam
+2 # RE: A Cronica de Juanillo 17-10-2010samsam 18/10/2010 19:27
HAY ALJUNHA XENTE QUE PENSA QUE NON HAY MAIS DEPORTE CO BALONMANO,A VERDA E QUE E UNHA PENA. AMIN JUSTARIA VER SI ESE TIO ENTRENARIA JRATIS E LLES DARIA VOCADILLOS, COCACOLAS, OS LEVARIA NO SEU COCHE NOS DESPLASAMIENTOS , ETC.
Denunciar ante o administrador
jose de marta
+2 # RE: A Cronica de Juanillo 17-10-2010jose de marta 18/10/2010 21:03
Non ganades partido roncero,ide espabilando,un saludo.
Denunciar ante o administrador
juanillo
0 # RE: A Cronica de Juanillo 17-10-2010juanillo 18/10/2010 21:29
Eu estou de acordo con que haxa balonmano, fútbol, e ojalá houbera baloncesto, hockey e demais, cantos máis deportes haxa mellor para que así os nosos fillos podan elegir a que queren xogar. Ahora ben, non é de bo agrado que ninguén se meta na vida de outros sobre todo cando un non é ejemplo de nada nin é quen para decir nada porque non conoce a outra persona en concreto. Creo que mexou fora de tiesto, nada máis.
Denunciar ante o administrador
juanillo
+2 # RE: A Cronica de Juanillo 17-10-2010juanillo 19/10/2010 11:48
recibín algunha crítica de algún amigo decíndome que estaba defraudado polos meus comentarios nos que consideraba que eu me metía cas características físicas dunha persoa. Primeiro ei de decir que gústame que a amigos que non lle gusten os meus comentarios mo digan e eu respetos,ainda que non comparta as súas opinións, agradezco enormemente que mo digan.
Segundo, eu cas miñas palabras non quero ofender a ninguén polo seu físico, faltaria máis, pois cada un somos de noso pai e nosa nai.O que eu me refiero é que para min, esa persoa en concreto non é ninguén nin ningún exemplo para meterse con Vi, e que os seus comentarios non veñen a conto e o que debería de facer se ten algún problema en concreto con él é falar con él. Que quede claro que eu non me quero meter con ninguén polo seu aspecto físico e sí polos seus comentarios. Bastante ten un co seu como para meterse cos demais.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.