Crónica da xornada balonmanística do 14 de outubro en Camariñas

Xornada na que os chavales e chavalas do cClub Balonmán Camariñas tiveron dispares resultados. Mentras as categorías senior do CB Camariñas colleitaban sendas derrotas as categorías inferiores cadete gañaban os seus partidos por abultados marcadores. Esta fin de semana as rapazas do Encaixe recibirán ao Carballal no Pavillón Municipal da Ponte do Porto. Os senior masculino desprazaranse ata as devastadas terras viguesas onde xogarán nun complicado campo do Lavadores. No que atinxe ás categorías cadetes, os rapaces da canteira enfrontaranse ao Arteixo e as féminas trasladaranse ata Lalín para enfrontarse ao Cortei. A continuación reproducimos os resultados do acontecido nesta...

Traballada victoria do FC Camariñas fronte ao Outes por 2-1

Tres puntos q saben a gloria nun partido contra o Outes sufrido ata o mesmísimo final do encontro. Abría o marcador o camariñán Maikel ao materializar un penalti de Xandre sobre o dianteiro senegalés Sule xa nos últimos minutos do primero tempo. Ata ese momento o partido era un continuo ti a ti no que ningún dos dous equipos conseguira batir a meta rival. Xa no segundo tempo o Outes tivo as mellores oportunidades do partido q foron freadas por un gran Martín que pouco tempo despois incluso pararía unha pena máxima ao xogador do Outes Babu. Empataba o Outes...

A Escola de Fútbol do FC Camariñas estrease contra o todopoderoso CF Dumbría

"Pero vamos a ver: Dumbría... ¿quen coñece Dumbría?" Esta desafortunada frase que se fixo popular na vila dos encaixes hai uns cantos anos debería estar desterrada xa de por vida do vocabulario camariñán de agora en adiante. Especialmente despois de ver como se organiza un club multidisciplinar levado en volandas por un concello volcado en todos e cada un dos deportes de base nos cales participan os seus pequenos cidadáns. Contando para elo cunhas instalacións máis propias dunha organización deportiva de renome internacional que dunha olvidada parroquia entre a Costa da Morte e a comarca do Xallas. Así e todo,...

Os xuveniles do FC Camariñas consiguen un valioso empate fronte aos Miudos

Partido igualado o xogado este sábado 14 de outubro no Hermanas Patiño entre os xuvenís de dous equipos cunha gran rivalidade. O FC Camariñas enfrontábase aos Miúdos nun partido moi disputado que ao final resultou en taboas. Catro a catro, ese foi o marcador co que se chegaba ao final do encontro entre estes dous equipos que loitaron ata o final para conseguir os tres puntos, nunha primeira parte donde os miudos saíron mellor e tuveron as ocasións máis claras, e cun camariñas que lle costou entrar no partido ata o 1-2. Gol que foi quen de subir ao marcador...

Primeiro partido da escola de fútbol do FC Camariñas

Outro día histórico para o fútbol na vila dos encaixes. Si o domingo 1 de outubro de 2017 foi memorable para o deporte da Costa da Morte coa presentación da Escola de Fútbol do FC Camariñas na que se integran preto de 80 nenos e nenas, a xornada deste sábado 9 de outubro quedará para a historia coa consecución do primeiro partido oficial desta canteira futbolística. Os encargados de inaugurar o banquiño eran os nenos da categoría benxamín do FC Camariñas que, adestrados polo monitor da categoría e formación coma Luis Rodríguez Luaces, se enfrontaron no Campo da Lagarteira a...