Inicio arrow Curiosidades
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Guests: 37
Members: 4

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8930087
    Curiosidades
    Novas conferencias sobre nutricion en Camelle e na Ponte Imprimir Correo-e
    (26 votos)

    Numerosos cidadáns de Camariñas asistiron ás conferencias que tan sabiamente imparte Fabiola Dios
    Numerosos cidadáns de Camariñas asistiron ás conferencias que tan sabiamente imparte Fabiola Dios

    Debido á gran afluencia de xente na conferencia de nutrición que tivo lugar o pasado mes de febreiro na Casa de Pedra da capital municipal, o Concello de Camariñas decidiu prestar o seu apoio aos tres xoves que  promoveron a iniciativa.  E para dar continuidade o proxecto este martes 16 e mercores 17 de marzo terán lugar dúas conferencias máis sobre nutrición. A primeira no Centro Cultural de Ponte do Porto ás 18:00, e a segunda na Casa do Alemán de Camelle as 18:30. As Conferencias serán impartidas por Fabiola Dios Canosa e por Cristina Ochoa Pedreira. Trataranse temas de actualidade como a importancia de beber auga, a calidade dos alimentos que nos atopamos no mercado, sobrepeso e mala nutrición.  Ao rematar  estas charlas todos os asistentes recibirán de balde un Estudo de Hábitos Alimenticios, unha medición de IMC (Índice de Masa Corporal) e % de graxa corporal. En fin, como o verán se acerca e os corpos na praia non teñen escondite posible, recomendamos a todos ir ás citadas conferencias. Se non, despois virá "el llanto y el crujir de dientes", que ben decían os curas no Seminario.

     
    Mister X: Lixo nas Praias Imprimir Correo-e
    (58 votos)

    He aquí a misiva recibida de Míster X na redacción de camarinas.eu  escrita do seu propio puño e letra
    He aquí a misiva recibida de Míster X na redacción de camarinas.eu escrita do seu propio puño e letra

    El Muro del Atlántico

    "Si llegado el caso tuviera lugar en nuestras costas un Desembarco de Normandía a la camariñana, el temible invasor no se encontraría a un invencible conjunto de baluartes, trincheras, búnkers, arpilleras o  casamatas como obstáculo a franquear, si no que tendría que hacer frente como primera línea de defensa a toda la porquería acumulada en nuestras playas y coídos. Nuestro particular Muro del Atlántico, a semejanza de aquel con el que pretendió Adolfo Hitler defender Francia y que engulló millones de toneladas de hormigón y acero. Cimas y cotas defendidas por montañas de basura y de desperdicios de todas las clases y especies que harían fracasar al más feroz de los ejércitos en sus tentativas aniquiladoras, todo ello resultado de una curiosa acumulación de factores: una costa amplia y abrupta, un mar furioso y vengativo  y un ser humano descuidado y negligente. Con todo, no se debe perder la esperanza y de la misma forma que el Mal fue vencido mediante aquella gigantesca operación anfibia desarrollada por el ejército norteamericano liberador en las playas del noroeste galo en los primeros días de junio de 1944, en ocasiones operarios de limpieza  de las distintas administraciones se esfuerzan en devolver a nuestras costas el esplendor perdido. Así predigo y espero que se cumpla en Camariñas a 13 de marzo del año del Señor de 2010. Míster X".

     
    Ampliacion e Mellora da Avenida de Xaras Imprimir Correo-e
    (66 votos)

    Obras na gran Avenida porteña

    Avanzan a bo ritmo as obras dunha das rúas máis longas e rectilíneas do Concello, a Avenida de Xarás
    Avanzan a bo ritmo as obras dunha das rúas máis longas e rectilíneas do Concello, a Avenida de Xarás

    Según se sae da Ponte do Porto con dirección Camariñas na marxe dereita do camiño o viaxeiro poderá atopar o Lugar de Xarás: unha longa avenida rectilínea que remata nun pequeno altozano visible dende a carreteira principal. Alí dende hai unhas semanas están os operarios da empresa laxeira Fermín Simal Construcciones afanándose na Ampliación e Mellora da Avenida de Xarás. Así foi denominada unha obra que resultou adxudicada en preto de 130.000 euros e que é financiada pola Deputación Provincial da Coruña e polo Concello de Camariñas. Camarinas.eu, a web que contempla este municipio como un todo informativo, coñecedora das obras decidío personarse na mañán do 12 de marzo de 2010 no lugar de autos e chequear co seu ollo experto típico do enxeñeiro aficcionado e da alma xubilada o estado dunhas obras que prometen dar un lavado de cara a este rectilíneo barrio porteño. O resultado: unha amplia e amena galería fotográfica.

     
    Patrimonio.eu: Recuperacion dun Muiño en Xaviña Imprimir Correo-e
    (70 votos)
    Gracias á labor desenrolada por Ernestina e Ángeles un dos muiños máis fermosos do concello volve á vida
    Gracias á labor desenrolada por Ernestina e Ángeles un dos muiños máis fermosos do concello volve á vida

    Camarinas.eu recala na súa singladura xornalística nun dos lugares máis fermosos e menos coñecidos do Concello de Camariñas: os Lugares de Pedrouzo e Chandeira, na parroquia de Xaviña, un rincón bucólico e coqueto marcado polo fluir dun regato que vive os seus derradeiros intres antes de desembocar no fértil areal do Ariño. Alí, nun pequeno declive da carretera que leva a Brañas Verdes, existía dende antigo un  pequeno muiño que foi construido por aquelo de aproveitar a forza das augas para moer o millo co que serían alimentadas as bestas ou cociñada a sabrosa broa. Sin embargo, chegou o día no que unha xungla de toxo e matorral adueñouse dun muiño ao que o progreso material facía prescindible. E pasaron os anos ata que aproveitando unha subvención da Xunta de Galicia, a Asociación de Veciños de Xaviña decidío contratar a dúas rapazas, Ernestina e Ángeles, para realizar diversos traballos de limpeza pola parroquia, entre eles o encargo urxente e inaprazable de proceder á recuperación do muiño e do seu entorno, prácticamente desaparecidos pola selva que os cubría. E estas dúas veciñas de Xaviña aplicáronse con tanta ilusión e gañas, ca tenacidade e forza de vontade que caracteriza ás xentes da parroquia máis extensa do concello, que ata conseguiron facer funcionar o circuito de auga que leva ao muiño. E conseguiron devolver á vida un dos monumentos máis fermosos do concello.

     
    Obras na Rua O Areal Imprimir Correo-e
    (68 votos)

    As obras de O Areal por fin entran na súa recta final

    Unha obra que pensábamos que se eternizaba por fin entra na súa recta final e definitiva
    Unha obra que pensábamos que se eternizaba por fin entra na súa recta final e definitiva

    Pois xa levamos uns cuantos meses de obra na céntrica e concurrida Rúa O Areal pero por fin este xoves 4 de febreiro de 2010 puidemos comprobar como quedará definido realmente o novo aspecto que lucirá esta vital vía camariñana. Ao final optarase por dar continuidade ao aspecto da Avenida Eugenio López, Rúa do Medio e San Miguel, como xa anticipara hai máis de un ano camarinas.eu, estando as aceras pintadas con color granate sendo a vía adicada aos coches e motocicletas de cor verde. Ademáis da disconformidade sobre a coloración elexida, algúns veciños da citada rúa criticaban mui duramente un novo sistema viario que deixa sin aparcamentos toda a rúa aínda que o equipo municipal de goberno sostén que realmente os estacionamentos que antes eran usados polos cidadáns non eran tal se non que simplemente non existían. En fin, esperemos que o clima conceda un respiro e os  operarios da empresa de Vimianzo Cernadas SL (e Arturo, que ninguén se olvide dun operario  do servizo municipal de augas que  se papou enteirita a obra ao pe do cañón) poidan dar fin dunha vez e para sempre a esta vía clave do callejero camariñán.

     
    Mister X: Lixo nos Camiños (II) Imprimir Correo-e
    (86 votos)

    Lixo nos camiños, nas calles e nas cabesas

    A alma atormentada de Mister X atopou os obxectos máis inesperados dentro do viario laberíntico camariñán
    A alma atormentada de Mister X atopou os obxectos máis inesperados dentro do viario laberíntico camariñán

    Foi hai xa moitos anos, mentras un grupo de rapaces camariñáns reproducían cinematográficamente no agora deforestado Monte da Xesteira as andanzas da guerra do Vietnam cando tocou rodar unha escena na que un canixo e esmirriado soldado vietnamita tiña que morrer. E foi alí, sobre o cadáver do desdichado seguidor de Ho Chi Minh que ensanguentado xacía na daquela frondosa herba da Xesteira cando caío sen máis ni máis unha terrible patada nas costelas, seguida dunha frase inesperada, contundente, preñada de frustración e descontento, do yankee soldier: "¡¡Basura!!". Efectivamente, basura hai moita, e polos camiños, rúas e algunhas cabezas máis. A inapelable profecía anticipada en tempos por un sabio barrendeiro do exército veraniego municipal segue a cumplir o seu vaticinio maldito e á tradicional querencia camariñana de desembarazarse daqueles colchóns e metálicos sobre o que foi enxendrada a práctica totalidade do padrón municipal de veciños hai que sumarlle unhas rúas invadidas por trasnochados televisores como consecuencia do advenimiento da rebautizada polos veciños de Xaviña e Buría, sabiduría popular en movimiento, TELETÉ (TDT). Míster X, o Superheroe enmascarado camariñán, volve á carga cunha segunda edición de Lixo nos Camiños.

     
    Mascota.eu: Cachorro de Yorkshire Imprimir Correo-e
    (148 votos)

    Véndese cachorriño de Yorkshire

    Graciela e Adrián decidiron poñer á venta esta ricura, cachorro de Yorkshire, por un precio económico
    Graciela e Adrián decidiron poñer á venta esta ricura, cachorro de Yorkshire, por un precio económico

    Continúa a sección de camarinas.eu adicada aos animais de compañía camariñáns, nesta ocasión adicada a un dos dous cachorriños fruto da unión entre Coco e Kira, os dous yorkshire da máis distinguida e aristocrática linaxe propiedade dos nosos queridos usuarios Adrián Campaña Antelo e Graciela Bouzas Rodríguez. O caso é que ante a imposibilidade de quedarse ca parelliña, deciden poñer á venta por un precio económico un deles xa desparasitado, vacunado e co seu correspondente pedigree. Avisan de que haberá un esixente chequeo previo para comprobar que a familia de destino sexa cariñosa e responsable. Os Yorkshire son unha raza con orixe na Gran Bretaña, de carácter vivaz e xuguetón, intelixente e fiel, cunha certa tendencia a mordisquealo todo, como ben atestiguan as paredes da casa de Grace. En fin, un canciño cunha clase e un estilo tal que si nacera 120 atrás entraría nun daqueles exclusivos Clubs de Oficiais da India británica, pediríalle, insolente e estirado, a un desdichado camareiro hindú un gin tonic, este contestaríalle "Sí, sahib", abriría o The Times polas páxinas de política e vería como marchaban os asuntos do Imperio e da súa Graciosa Maxestade Victoria, a quen Deus garde. Incluso o mesmísimo Rudyard Kipling podería adicarlle un relato contando as súas andanzas pola selva, quen sabe. INTERESADOS CHAMAR AO TELÉFONO 981-737045.

     
    Consecuencias de un inverno duro e cruel (II) Imprimir Correo-e
    (76 votos)
    O bosque camariñán convertido en cementerio forestal por mor dun inverno pródigo en temporais devastadores
    O bosque camariñán convertido en cementerio forestal por mor dun inverno pródigo en temporais devastadores

    Masacre Forestal

    Nas mesmas datas en que están a chegar ás nosas costas os restos do implacable temporal que ven de arrasar a Illa de Madeira, procedemos en camarinas.eu a facer unha recopilación do que supuxo para a masa forestal do Concello toda a forza desencadenada polos elementos nestas terras benditas de Deus nun outono-inverno pródigo en temporais de tódalas especies e signos: un inverno dos vellos tempos, de augas e ventos furiosos, de ceos e mares tenebrosos. Aínda que nin remotamente se poda comparar en termos de deforestación cos feitos acaecidos  en 1908 na rexión siberiana de Tunguska e atribuidos a un obxecto celeste non identificado, o feito de ver tantos e tantos pinos do país arrancados de cuaxo da súa terra nai non deixa de suscitar ecos con aquel suceso inexplicado no que millóns de árbores foron derribadas sin remisión. En definitiva, non sabemos si se trata do queixume dos pinos do que falara Eduardo Pondal pero camarinas.eu, notario e cronista oficial do Concello de Camariñas, a través dun duro e exhaustivo traballo de campo desenrolado durante estos últimos meses procede a deixar constancia ante a historia de toda a devastación provocada polos elementos no duro e cruel outono-inverno do ano do Noso Señor de 2010.

     
    Animais Mortos en Camariñas Imprimir Correo-e
    (71 votos)
    Unha serie de animaliños aparacen mortos en distintos lugares de Camariñas ¿Lei de vida ou Castigo Divino?
    Unha serie de animaliños aparacen mortos en distintos lugares de Camariñas ¿Lei de vida ou Castigo Divino?

    Masacre Animal

    ¿Está unha peste de proporcións descoñecidas a aniquilar aos animaliños de Camariñas? ¿Acaso fixéronse os habitantes de tan antiga e renombrada vila debido aos seus innumerables pecados acreedores dun castigo divino a semellanza daquel que asolou ao Exipto bíblico e que en vez de recaer sobre o primoxénito de cada familia, recaería nos seus animaliños de compañía máis queridos ou  nos asilvestrados que se acercaran ata tal lugar maldito de Deus?  Todo o anterior vería a ser corroborado pola secuencia de seres pertencentes á fauna animal que nos últimos días apareceron mortos en distintos puntos de Camariñas e todo elo debido á conducta pecadora e inadecuada dos veciños dunha vila na que a Guardia Civil non da abasto a traballar, o que entre outras cousas, os situaría especialmente no punto de mira da ira divina.

     
    Construccion de Aceras na Avenida de Cedeira Imprimir Correo-e
    (61 votos)

    O Concello por fin escoitou as queixas dos usuarios de camarinas.eu e puxo mans á obra nas aceras de Cedeira
    O Concello por fin escoitou as queixas dos usuarios de camarinas.eu e puxo mans á obra nas aceras de Cedeira

    Unha obra reivindicada pola nosa usuaria Pión

    Si algún día alguén a semellanza do célebre "Malevaje" de Carlos Gardel se decidira a adicarlle un tango á Patrulla Municipal de Obras debería chamarse "Patrullaje". Incluso ao mellor, reeditando viejos fueros rockeros, a compoñen estes dous redactores que o presente subscriben. ¿Quen sabe? En todo caso, sería unha oda necesaria: xusta e necesaria. Como ineludible era tamén a obra das aceras (beirarrúas que din en galego normativo) da Avenida de Cedeira que un día ahí quedaron a medio gas e ninguén se volvío a acordar delas. Ata o día de hoxe, no que operarios do Servizo Muncipal de Obras puxéronse a demoler o piso de cemento que existía para poñer un novo e que así as losetas agarren mellor.

    ¡Ah, unha obra tan reinvindicada pola nosa usuaria Pión! Unhas aceras polas que luchou tanto están a piques de ver a luz. Si os nosos chavales da PMO (Patrulla Municipal de Obras) teñen o día, queridos usuarios, esa obra vai quedar como un patena. ¡Unha obra digna de recordarse! Porque en ocasións son un pouco como aquel xenial xogador do Celta de Vigo, Mostovoi, que igual tiña días nefastos (Gijón, Estadio de El Molinón, actuación sobreactuada de Pachi Salinas de por medio) ou poñía Balaídos boca abaixo con calquera das súas delikatessen. En todo caso, a semellanza duns celtistas que non olvidamos os seus días de gloria, os nosos chavales poñerán todo da súa parte para deixar unha obra para a historia. Desas que pasan 20 anos e vas e dis cun deixe de admiración: ¡¡pos si señor, que tíos!!

     
    << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

    Resultados 1 - 10 de 169

    Nosos Patrocinadores

    Notas de prensa

    (15/03) Cronica do Encaixe-camarinas vs. lavadores

    Nota de prensa que nos envía a dirección do Club Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas e que nos resume o acontecido nesta última dobre xornada que enfrontou ao equipo...
    Ler todo ...

    (12/03) Previa do partido Encaixe-Camarinas vs. Lavadores

    Nota de prensa recibida dende a dirección do Club de Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas que nos comenta polo miúdo esta vindeira xornada dobre que será disputada es...
    Ler todo ...

    (06/03) Previa Porriño vs. Encaixe-Camariñas

    Nota de prensa que nos envían dende o Club de Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas e na que se nos desgrana polo miúdo o próximo partido que enfrontará as nosa...
    Ler todo ...

    (02/03) Nota para os traballadores da construccion

    O próximo 31 de decembro de 2011 os traballadores e traballadoras do sector da construción para desenvolver o seu traballo deberán estar en posesión da Tarxeta profesio...
    Ler todo ...

    (02/03) Concurso de Baile Tradicional Galego na Ponte do Porto

    O vindeiro 11 de marzo remata o prazo para inscribirse no "II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto" ...
    Ler todo ...