Máis escaparates navideños en Camariñas

Anosa querida Carmucha elaborou unha auténtica obra de arte en forma de escaparate
Anosa querida Carmucha elaborou unha auténtica obra de arte en forma de escaparate

Acabáronse as guasas. As espadas están en todo o alto. " Ya pueden empezar los preparativos del combate", decía Bénder, o robot preferido de camarinas.eu nun episodio de Futurama. Estamos falando do concurso de escaparates navideños ideado pola Asociación de Empresarios de Camariñas e na que a web líder da Costa Atlántica decidío participar apostando forte. Así, encargamos a decoración da nosa redacción a unha muller todo arte: María del Carmen Caamaño de León, Carmucha, a que foi a primeira muller con carnet socialista do Concello de Camariñas, alá xa nos tempos do Xeneral. O resultado está á vista de todos: un escaparate sinxelamente espectacular. Pulsa na imaxe para ver os escaparates restantes que completan o concurso.

Concurso de escaparates

Acabáronse as guasas. As espadas están en todo o alto. " Ya pueden empezar los preparativos del combate", decía Bénder, o robot preferido de camarinas.eu nun episodio de Futurama. Estamos falando do concurso de escaparates navideños ideado pola Asociación de Empresarios de Camariñas e na que a web líder da Costa Atlántica decidío participar apostando forte. Así, encargamos a decoración da nosa redacción a unha muller todo arte: María del Carmen Caamaño de León, Carmucha, a que foi a primeira muller con carnet socialista do Concello de Camariñas, alá xa nos tempos do Xeneral. O resultado está vista de todos: un escaparate sinxelamente espectacular.

Pois aquí en camarinas.eu recollemos o guante da iniciativa lanzada pola Asociación de Empresarios (e que tivo bastante máis fortuna que algunha outra, nefasta, e que queda para o pasado)  e decidimos axudalos a decidir publicitando o concurso na nosa páxina ca edición dunha encuesta na que poderás votar elexindo o teu escaparate preferido. Iniciativa á que hai que sumar a da recollida de firmas para solicitar a construcción do Polígono Industrial no noso Concello e na que todos os políticos xa foron correndo a firmar os primeiros. Nos preferimos aplicarnos as proféticas e sagradas palabras da Biblia ("Los últimos serán los primeros"). Os folletos para a recollida de firmas poderás atopalos en diversas tendas ao longo de Camariñas. Pero antes acórdate de votar na nova enquisa de camarinas.eu e que estará en vigor ata o Día de Reyes, día no que vos daremos a coñecer o resultado do decidido polo pueblo soberano de Camariñas.


Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 24/12/2008 11:42
SI SEÑOR ESTAN MUY BONITOS OS ESCAPARATES ESTAN TDOS WAPOS SEFA E OS PEDROS
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 26/12/2008 16:53
o mellor escaparate e ....,o que ten o maniqui.
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar