O Concello de Camariñas leva tres anos organizando o solsticio de verán cada 21 de xuño. Realízase no Monte Farelo onde se levanta a capela da Virxe do Monte. É un lugar máxico onde seguramente os nosos devanceiros, ao longo de milenios, honraron aos deuses pagáns e hoxe ao Deus cristián e a súa Virxe do Monte. É un lugar sagrado aínda para os que non cren na existencia da divinidade, xa que sobre o seu cumio están as pegadas de centos de xeracións de homes e mulleres que se emocionaron vendo como o sol debuxa un camiño dourado sobre as augas do Atlántico que, como dicía Castelao en Alba de Groria, tece aos pes do monte “encaixe de Camariñas”.

O 21 de xuño é a noite mais curta e o día mais longo do ano. E alí reuníanse un grupo de persoas para, seguindo a tradición dos nosos devanceiros, despedir ao sol no seu camiño ao Occidente. Nos últimos tres anos o Concello de Camariñas fíxose cargo de organizar este evento. Co apoio da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural no 2016 e no 2017 unha compañía de teatro representou unha serie de ritos relacionados co cambio de estación e o lume.

A Asociación Recreativa Lumareas de San Xoan de Camariñas leva 9 anos organizando a festa local “Lumarea da Vila”. Realízase na noite do 23 e na madrugada do 24 de xuño ao igual que en moitos lugares de Galicia e España.

O CONCELLO DE CAMARIÑAS E A ASOCIACIÓN RECREATIVA LUMAREA DE SAN XOAN DE CAMARIÑAS ASINARON UN CONVENIO PARA CELEBRAR O PRIMEIRO FESTIVAL DO SOLSTICIO

O lugar onde se realizan as actividades é no paseo marítimo da Area da Vila. Nela, desde hai máis de 15 anos, durante os días previos prepárase unha gran fogueira. O 23 de xuño pola tarde realízanse xogos infantís, actuacións de baile tradicional e charangas e unha gran sardiñada. Ás 00:00 do 24 acéndese a lumarea que dá paso a dúas actuacións de música actual sobre dous escenarios. Ademáis nos últimos anos están levando a cabo unha recreación artística da fogueira. No ano 2017 recrearon o Castelo do Soberano, no 2016 recrearon o Faro Vilán e no 2015 unha gran almofada de Encaixe de Camariñas.

Ambos eventos están relacionados ca tradición celta que consistían en prender lumareas buscando a bendición para as terras na noite máis curta do ano, o solsticio de verán. As dúas entidades consideraron aunar esforzos e crear o FESTIVAL DO SOLSTICIO DE VERÁN.

O programa de actividades do festival será:


21 xuño: Solsticio, Monte Farelo
21:00 Cea campestre (cadaquén que traia a súa)
22:19 Ocaso e “Historias mariñeiras da Costa da Morte”, espectáculo teatral
22 xuño: Concerto, Area da Vila, a partires das 23:30 actuacións musicais de:
“Almánimal”
“Bastardos de Ribera”
“Heredeiros da Crus”
23 xuño: Lumarea, Area da Vila
17:00 Xogos infantís
19:00 “Escola municipal de baile galego”
20:00 “Charanga Mekánica”
20:30 Sardiñada con cachelos
00:00 Acendido da maior lumarea de Galicia
00:30 “Grupo Bomba” e “Impacto”

Cartel do Festival Solsticio de Verán 2018 en Camariñas

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar