Unha delegación do Concello de Camariñas trasladouse este martes 24 de xaneiro a Madrid con motivo da recollida do prestixioso Premio Nacional á excelencia Empresarial que outorga a Asociación de Novos Deseñadores Españois (ANDE). A esta gala celebrada no Club Financieiro Génova de Madrid asistiron en representación de Camariñas o seu alcalde Pichurri, a concelleira delegada da Mostra do Encaixe Sandra Ínsua e a directora do recinto artesanal camariñán Dolores Lema. Alí, a delegación camariñana aproveitou esta excelente ocasión para desarrollar diversos contactos con varios deseñadores e empresarios do sector promovendo deste xeito o máis valioso selo identificativo do noso concello. Os nosos representantes tampouco deixaron pasar a oportunidade de invitar formalmente a algúns dos deseñadores máis destacados da asociación PRENAMO así como a algún que outro blogger e influencer para que tomara nota do gran escaparate que é a Mostra do Encaixe de Camariñas para todo aquel que se adique profesionalmente ao mundo da moda. O arduo traballo realizado dende o Concello de Camariñas, moitas veces pouco valorado, vese deste xeito recompensado cun premio a nivel nacional que adorna as orgullosas vitrinas da Casa de Pedra. Tamén a TVG se se fixo eco da noticia e desprazou a un equipo de grabación para realizar unha pequena reportaxe na que as nenas da Escola Municipal de Palillo foron as protagonistas e que reproducimos íntegramente nesta noticia. Noraboa a todos polo gran traballo.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar