A Consellería de Política Social convoca axudas económicas, a través da tarxeta benvida, para as familias que no ano 2018 teñan unha/un filla/o, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dunha nena ou neno nados en 2018. A Finalidade destas subvencións a familias é conceder unha axuda económica para que estas familias que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2018. Tamén se poderán beneficiar as/os galegas/os e os seus descendentes, que tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2018.

Requisitos:

  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. No suposto de que está contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación desta axuda.
  • Ter un teléfono móbil (para os efectos de activar a tarxeta benvida).
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.

Contía da axuda: 1200 €/ano (100 €/mes) durante o primeiro ano de vida da/o filla/o. Para aquelas familias que a súa renda sexa igual ou inferior aos 22.000 €, está axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno cumpra os 3 anos nas seguintes contías: 600 €/ano (50 €/mes) se a filla/o é a primeira/o; 1200 €/ano (100 €/mes) se a filla/o é a segunda/o; 2400 €/ano (200 €/mes) se é a terceira ou sucesivos. 

Documentación:

  • A solicitude (Anexo I) e o Anexo II.
  • A copia do libro ou libros de familia da unidade familiar.
  • A copia da resolución xudicial que declare a adopción ou a garda con fins adoptivos, de ser o caso.
  • A copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos/as ou do convenio regulador, de ser o caso.
  • O volante de empadroamento colectivo de toda a unidade familiar. (é gratuíto).
  • Xustificantes ingresos percibidos no estranxeiro no período impositivo computable, se é o caso.

No caso de persoas galegas retornadas ou descendentes, os documentos que o acrediten.

Prazo e lugar de solicitude: o prazo de presentación da solicitude será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento, a solicitude achegarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado (código do procedemento BS403B) desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, ou en soporte papel. Para máis información nos servizos sociais de atención primaria do Concello de Camariñas, telef.: 981-73 70 04

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar