O pasado 14 de decembro o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño trasladouse xunto ao veciño de Xaviña e experto na retirada de vespas asiáticas "O Padronés" a unha xornada sobre este insecto que está mascrando a avella do pais. O Padronés é o apicultor que o Concello de Camariñas contrata para a retirada de niños de velutina. A xornada era para dar a coñecer a situación desta praga que asola a Galicia e proporcionar información útil e actualizada aos concellos para que poidan loitar contra a súa expansión. Recordar que a vespa velutina debora insectos e froita. O insecto ao que máis ataca é á abella que é a encargada de polinizar as flores e imprescindible para que teñamos froito. A xornada tiña dúas partes, a primeira, para oír aos representantes da Xunta e a segunda para oír aos representantes da Asociación Galega de Apicultores (AGA). A tenor das palabras dos representantes da Xunta de Galicia odemos dicir que tanto Sergio Caamaño como O Padronés quedaron totalmente decepcionados e realmente alarmados coas opinións dos portavoces autonómicos sobre a situación de desamparo que viven os concellos afectados pola avespa asiática.

Un deles foi Jesús Orejas, xefe de servizo de sanidade animal da Xunta de Galicia, que falou da evolución da praga e o papel da Xunta nesta crise sen precedentes na nosa comunidade. Recalcou que o ente autonómico estaba facendo unha gran inversión en equipos de protección individual, líquidos e investigación. Pero tamén mencionou que a día de hoxe non tiñan ningunha solución e que había que plantexarse se o coste que supón retirar os niños e poñer trampas compensa o resultado. Deu a entender que a Xunta consideraba a guerra contra a velutina perdida e que había que pensar en resignarse a vivir con ela. Desde a Xunta só retirarían os niños que se formen preto dos colexios e dos centros de saúde. Estas palabras provocaron unha marabunta de protestas entre os alí presentes.

A Xunta de Galicia considera a guerra contra esta praga de avespas asiáticas totalmente perdida e tan só se ivan a plantexar retirar os niños que estean preto de colexios ou centros de saúde. O resto da poboación está desamparada polos que deberían ser os seus representantes autonómicos.

Despois desta visión tan pesimista e derrotista viñeron outras máis alentadoras. Xesús Asorey, biólogo de AGA falou da importancia de acabar cas raíñas. "Hai que colocar trampas a mediados de febreiro que é cando só viven as raíñas, sobre todo preto das camelias. Cada vespa velutina que se colla nesa época é un niño menos que vai aparecer despois da primaveira". Manifestou, por suposto, a súa disconformidade ca Xunta e o seu resignarse a convivir.

AGA presentou un plan de choque para o 2018. Pide expresamente a colaboración de todos para colocar trampas que podan atrapar canta maior cantidade de avespas. En breve poderíase contar cun total de 250.000 trampas en 20.000 núcleos. Para elo pedíu o necesario apoio financeiro da Xunta para mercar esas trampas e líquidos necesarios para acabar con esas avespas. Tamén solicitou o apoio dos Concellos para que, mediante os seus operarios, poder colocar esas tan necesarias trampas para frenar o avance desta praga. Por suposto, desde Camariñas teran ese apoio como nos comunica o concelleiro de medio ambiente Sergio Caamaño. Laura Garcíam, avogada de AGA, queixouse que a Xunta non está facendo nada e que levan dicindo o mesmo que hai un ano. Laura vaticinou a desaparición dos apicultores galegos e productores de froita. Recalcou que a competencia é da Xunta e que non a están asumindo. Que eran os Concellos, como o de Camariñas, outros entes e os apicultores os que estaban facendo o traballo da Xunta.

A pesares de ser competencia da Xunta de Galicia, ésta non a está asumindo, deixando aos concellos como o de Camariñas sós nesta loita contra unha terrible praga de avespas asiáticas  

Para rematar tomou a palabra o concelleiro de medio ambiente dun concello próximo que, como o de Camariñas retira pola súa conta os niños desta avespa asasina de avellas do pais. Él manifestou que firmou o convenio de colaboración ca Xunta na que o dotaron dun equipo de protección individual e unha pértiga, tal e como o fixo o Concello de Camariñas, pero non podía considerar iso unha colaboración xa que en realidade estaba facendo o traballo da Xunta. Por enriba, ao non tratarse dunha competencia municipal tiña que loitar contra os informes da interventora que lle impedía ao Concello facer ese traballo. E que se vai facer? Deixar que os niños vivan libremente no Concello? Deixar que ataquen ás persoas como xa sucedeu? Permitir que acaben cas abellas e a froita? Sexa ou non competencia municipal, se a Xunta que é a competente non defende aos veciños teremos que defendelos o Concello de Camariñas e aínda por enriba tendo en contra os informes de intervención.

Distribucion vespa velutina en Galicia 2017-2018 - CampoGalego.com

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar