Estes días podemos ver por gran parte das rúas do concello a unhas cantas camionetas preparadas con diversos utensilios eléctricos e cos seus operarios afanados nas súas gruas. Estes, pertencentes a unha empresa de iluminación contratada para tal efecto, están colocando un gran número de adornos navideños luminosos ao largo e ancho do perímetro municipal. E é que o concello de Camariñas quixo adiantarse este ano a todos os da costa e púxose mans a obra para organizar o primeiro acendido simultaneo da iluminación de nadal en todo o municipio palilleiro. Así, ao estilo londinense, o primeiro evento de acendido navideño da Costa da Morte está programado para o 6 de decembro ás 19:00 na Praza do Concello, en pleno barrio de Corea. Dende o concello trasládannos a invitación a todos os veciños e veciñas deste primeiro acendido do alumeado navideño camariñán, no que contarán ademáis coa actuación das voces privilexiadas do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas que adicarán unhas alegres panxoliñas para celebrar que o nadal xa está en Camariñas. Alí, na praza do concello, habrerá tamén unha gran sorpresa lumínica... pero esto non o vamos a descubrir aquí. Todo aquel que desexe saber o secreto deberá ir ao primeiro acendido da iluminación que inaugurará o nadal no Concello de Camariñas.

 

Cartel do Primeiro acendido das luces de navidad en Camariñas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.