A concellalía de Comercio e Turismo do Concello de Camariñas que dirixe a concelleira María José Gerpe, e a rede de comercio de Camariñas organizan outro ano máis esta campaña no mes de decembro para incentivar as compras nos establecementos comerciais colaboradores. Dende o 1 ao 31 de decembro a clientela recibirá polas súas compras nas tendas participantes dende 20€ uns “rascas” que teñen premio seguro. Incluso a compra realizada lles pode sair gratis.

Un total de 40 establecementos comerciais de todas as parroquias do concello colaboran con esta campaña de Nadal organizada dende o Concello de Camariñas. Dende tendas de calzado, encaixe, roupa e complementos, deportes, librerías, florerías, farmacias, electrodomésticos, froitas, fotografía e golosinas. Aproveita esta campaña. Merca e gaña en Camariñas. Pide coa túa compra o teu rasca con premio seguro na tenda participante.

Establecementos participantes na campaña


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar