A Rede de comercio e o Concello de Camariñas creada pola concelleira socialista María José Gerpe, organiza a segunda edición da campaña de descontos comerciais Black Friday que se vai celebrar os días venres 24 e o sábado 25 de novembro.  Na campaña participarán máis de 30 comercios e establecementos de todo o Concello (Camariñas, Ponte do Porto, Camelle e Xaviña).

Os descontos que se aplicarán serán dende un 10% ata un 30% dependendo do producto que se compre e da tenda onde se adquiran estes artigos. Os establecementos participantes serán recoñecidos pola súa bonita decoración que acicalará as súas fachadas con globos negros e amarelos. A organización deste Black Friday camariñán repartirá entre a clientela dos establecementos participantes unha serie de folletos con información dos comercios onde se poderán mercar diversidade de artigos cos descontos aplicables.

Esta campaña comercial dará comezo á tempada de compras de agasallos para o nadal, polo que a rede de comercio únese para ofrecer variedade de artigos onde os clientes poden escoller o seu gusto e a moi bo prezo. De seguido, no mes de decembro terá lugar a campaña comercial de nadal da cal adiantaremos aquí en Camarinas.eu algunha das novidades que teñen preparadas nos próximos dias. Así que, dende Camarinas.eu, tamén nos sumamos a esta boa iniciativa que dende a área de comercio do Concello de Camariñas en colaboración cos diferentes espazos comercias do municipio veñen de propoñer para alegrar económicamente este mes de novembro. A comprar!

Cartel do Black Friday en Camariñas
Cartel do Black Friday en Camariñas

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar