Aproveitando o bo tempo reinante nestes últimos días do mes de novembro, o Concello de Camariñas ven de por en marcha unhas actuacións na rotonda adxacente da zona do Campo para evitar as continuas enchentas coincidentes coa plea mar. Estas obras consisten en derivar as canalizacións de augas limpas que proceden da Estrada do Vilán hacia uns novos aliviadeiros para evitar esas incómodas e perigosas inundacións en plena rotonda. Así e todo, tal e como nos explica o concelleiro de obras, o camellán  Juan Carlos Canosa, ao rematar estas actuacións estarán atentos neste punto para ver si este novo aliviadeiro é suficiente. De non ser así retomaríase de novo a obra actuando nas augas provintes da zona do Campo.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar