Os profesionais do mar de Camariñas que participaron as últimas semanas nas Xornadas de Turismo Mariñeiro serán os guías dunha ruta polo municipio que se realizará mañá xoves 28 de agosto.

O itinerario é gratuito e está aberto a todo aquel que lle apeteza coñecer as actividades relacionadas co mar que deseñaron os propios participantes das xornadas. Só tes que estar ás 10.00 h. na Oficina de Información Turística de Camariñas, e coñecerás:

- A arquitectura mariñeira da vila.
- As artes de pesca menor da nasa e o palangre, desde unha embarcación do porto.
- Unha poxa cantada ao xeito tradicional na lonxa.
- O marisqueo de O Ariño.

Fonte: Camariñas O Mar Todo

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar