Obxectivo PMO - Poda e acicalado do xardín do pozo do muelle de Camariñas

Case ás mesmas horas nas que máis abandoado e illado que o Coronel Custer en Little Big Horn, un cansino e archirepetitivo hipopótamo inflado daba marcha atrás nos seus proxectos electorales, a Patrulla Municipal de Obras (PMO) acometía o enésimo dos seus inacabables afáns. Foi despois de moitas bravatas, entrevistas en programas de medio pelo, algunha que outra cea de nostálxicos ultradereitistas, baixo un clima de chantaxe permanente, cando acontecío aquelo que predixera Camarinas.eu: todo quedaba reducido a un farol dirixido aos incautos xerifaltes da Dirección Provincial e podíamos constatar unha vez máis como de todo aquelo que prometera e defendera, absolutamente todo, pasado un pequeno tempo acabou decindo xusto o contrario. Agora ben, dado o retraso mental severo, a desvergonza inaudita e a aversión patolóxica ao traballo do animaliño en cuestión, que aquí ninguén se estrane se pasados un días renegue das declaracións polas que daba por finiquitadas as breves desventuras dos Cachalotes Unidos (Partido do Unión e Forza no CU) e arremeta con bríos desbocados ocupando o espacio delectoral da Extrema Dereita camariñana e os seus horripilantes e monstruosos 25 votos.

Unha vez máis alleos ás peripecias dun cachalote en perigo político, os operarios municipais desta volta desenvolvían as súas tarefas no que posiblemente sexa o xardín máis antigo de Camariñas: aquel que da sombra ao que tamén cunha certa posibilidade sexa o primeiro dos portos da Costa da Morte, o coqueto e recentemente niponizado Poso do Muelle. Alí segaron herba, arranxaron parterres e podaron árbores axudados nas súas acometidas por un monstruo de metal saído das máis esixentes factorías da industria pesada surcoreana: un impoñente tractor Kioti que recargaba o ambiente asiático da mañán de autos. De alí partirían a novos destinos, en concreto á poda das árbores da Carretera do Faro. E tal vez alí deberan escoitar os oubidos desesperados dun hipopótamo certamente retrasado, aquel que recoñecera en público "que se precipitara" creando o partido dos Cachalotes Unidos. Toda unha fauna política ináudita, aquela que descalabrou o PP como en ningún outro sitio da xeografía nacional. Cando normalmente se lle esixe a un político templanza, calma, sentido da estratexia e cálculo nas súas accións, que non meta demasiado a pata, se por este cachalote fora nunha das súas clásicas arroutadas igual nos metía de improviso nun conflicto armado cos comunistas de Corea do Norte ou cos Ayatollahs do Irán islamista, vaian vostedes a saber. Por sorte a súa carreira política non pasará desas mesmas árbores da Carretera do Faro que no día do noso señor que nos ilumina a insustituible e esforzada PMo se dispoñía a podar.

Comentarios   

Moncho de Dios
+9 # RE: Obxectivo PMO - Poda do xardín do Pozo do MuelleMoncho de Dios 14/11/2013 17:48
Por varias circustancias llegamos a un pueblo pasando Ponferrada y alli paramos en San Miguel de las Dueñas ,estuvimos paseando por sus pocas calles y nos llamo la atencion un detalle,los arboles eran frutales de Cerezas de las que comimos cuantas quisimos y los arboles estaban llenos ,hace muchos años mi padre y yo en un viaje por extremadura tambien nos paso algo igual en un pueblo cerca de cerca de Plasencia ,estaba todo lleno de naranjos,saco esta noticia ,para que se atreva un alcalde a plantar arboles que nos deen frutos ,sugun nuestro clima y por lo menos comemos algo cuando vayamos paseando ,en Andalucia hay muchos pueblos llenos de flores muy bellas
Responder | Denunciar ante o administrador
Un Camellan
+5 # RE: Obxectivo PMO - Poda do xardín do Pozo do MuelleUn Camellan 14/11/2013 19:44
tomo nota ,como dixo Aznar,é unha boa idea ,aqui se podian plantar nogueiras ,castiñeiros ,peras de inverno ,toda clase de froiteiras ,se educamos ás persoas non fan ningun desfeita e como habria dabondo se cadra aínda tendriamos que sacalas e levalas para outras cousas,teremos que falar co alcalde ,e a comer ,sabes unha cousa ?perdemos moito espazo sen plantar nada ,e se plantaramos froiteiros ,seguramente estaria moito mellor que non tendo todo cheo de toxos
Responder | Denunciar ante o administrador
as nogueiras
+5 # RE: Obxectivo PMO - Poda do xardín do Pozo do Muelleas nogueiras 14/11/2013 19:53
As nogueiras din que se podan eles sós ,eu diso non entendo moito ,pero seria un froito moi rico e ademais xa se auto poda o só ,ademais de tardar moito en perderse,non é como os figos que duran poucos dias ou como as uvas ,leste é un froito duradeiro ,sorte
Responder | Denunciar ante o administrador
PARA UNA FLOR
+4 # VAITES QUEPARA UNA FLOR 17/11/2013 16:44
véseche o plumeiro dende calquera punto cardinal,eres unha fanatica dalgún partido que xa morreu antes de nacer,le pudeches dicir ao Olveira que seguira co seu partido do CU e asi xa eras histórica fundadora,para o meu o grande culpable esta a 90 km de Camariñas ,no vou dar nomes pero o teu sabes quen é Flor ou nos queres enganar non sabendo quen é o gran culpable ,lle sigues o conto a Olveira ,no voume poñer con vostede ,pero prégolle que se é posible antes de escribir saiba o que di e non mande comentarios que lle poden caer no seu mesmo partido ,me poño no anonimato igual que fai coa maioría dos comentaristas o partido do CU
Responder | Denunciar ante o administrador
OOOEEEEEXXXXXXX
+4 # Secre ten as actas no cuOOOEEEEEXXXXXXX 17/11/2013 23:27
Onde estaran as actas coas súas follas cubertas co levantamento ,algo que a lei che obriga a cumprir e este señor non escribio nada ,no cumplio con ningún dos seus labores ,ten un morro que xa vale campeon ,no che dás de conta nin do que fas ,logo o que o teu escribes o faria moito mellor o meu fillo pèqueño ,non sei de que presumes ,a mayoria das noticias as sacas da Voz e outras son o Tanatorio e o alcalde ,vaia riqueza informativa ,te luces que dá gusto, é un pracer ler os teus comentarios ,o malo é non pòder levalos ao retrete,que ben se esta sen persoas como tu,personas que non cumpren cos seus labores ,te vale señor ou queres oir unhas pouquiñas cousas mais,temos de ti para escribir un libro.
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar