Un bo lanse de xurelo español e francés

Novas vacacións para o noso Top máis mariñeiro
Novas vacacións para o noso Top máis mariñeiro

Onte, dando un paseo polo muelle novo a eso das doce da noite poidemos comprobar que Ito, o noso Top Camariñas máis mariñeiro, comenzara as vacacións de nadal despois do primeiro trimestre de estudos do que será o seu último ano de carreira na mítica pero xa de por sí destartalada Facultade de Náutica da Coruña. Unhas vacacións que para Ito serán de duro traballo no barco familiar: o Gaviota.

No video que podes ver no interior desta noticia aparecen todos os mariñeiros do barco "Gaviota" de Camariñas descargando un bo lanse de dúas clases de xurelo. Según os mariñeiros que alí nos atenderon este lance estaba composto por xurelo da "clase española" e outro da "clase francesa", obviamente non fai falta que vos digamos cal era o máis apreciado e o que máis valía, ...exactamente, o noso patriótico xurelo español. Pulsa na foto para ver o video que será de especial agrado para os nosos emigrantes que non poden estar en Camariñas nestas datas tan especiais.

 Video dun bo lanse de Xurelo polo Gaviota

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar