Hai uns días un home de orixes descoñecidas, cunha desaliñada melena, unhas botas de auga e un buscador de metais por toda bagaxe, nunha escea que recordaba vagamente a aquel film dos 70 no que un Jean Paul Belmondo condeado a traballos forzados expurgaba de minas trala Segunda Guerra Mundial as praias da Bretaña francesa, presentouse no areal xaviñán do Ariño. Posiblemente ía a búsqueda dun tesouro desaparecido, quen sabe, tal vez a paisaxe paradisíaca evocara no seu maxín as illas desertas do Caribe de Robert Louis Stevenson cas súas cuadrillas de piratas, corsarios e tropas do Gobernador ou do Virrey na súa sempre infructuosa persecución. Ao decir dos presentes conseguío descubrir un botín de 75 euros en monedas dispersas, imprudentemente caídas dos bolsillos de veraneantes domingueros, algún que outro anillo e unha pulsera, o cal tal vez nin siquera cubrira o custo da viaxe. Na lonxanía, no horizonte infinito de baixamar primaveral, afanábanse unhas mariscadoras que posiblemente sacaran maior tallada da xornada. Malos tempos, incluso para a búsqueda de tesouros misteriosos, malos días para entregarse a esperanzas ilusorias.


Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar