Pichurri posa cos primeiros usuarios oficiais do parque infantil para a 3ª idade de CamariñasEste venres 25 de febreiro de 2011 inaugurouse de forma oficial o Parque Biosaudable de Camariñas, que así se chama o recinto acotado no Paseo de Area da Vila, no cal a partires de agora os nosos maiores poderán exercitar a súa musculatura. Como suele acontecer xa se presentara alí antes que ninguén, antes cáseque que os propios operarios municipais que o construiron, camarinas.eu para comprobar o adecuado da aparataxe que debera poñer aos nosos maiores ao mesmo nivel que un campeón olímpico. Así é camarinas.eu, querido accionariado, a web que glosa fielmente o que aconteceu no pasado, capaz de chegar ata a última molécula de veracidade do que acontece no presente e que en ocasións anticípase incluso ao que deparará o futuro.

O caso é que cando a web líder por dereito propio da Costa da Morte se presentou no Parque para maiores de Camariñas un 10 de febreiro aínda non estaba este en acción deportiva, momento para o que houbo que esperar como decíamos ao pasado venres 25F. E en verdade cabe decir que foi unha inauguración ao grande, ca presencia do máximo rexedor municipal e de dúas das súas concelleiras, Sandra Insua Rial e María del Carmen Linares Chica, titulares de Cultura e Deportes e  Asuntos Sociais, respectivamente. Por estar aínda estaba un dos técnicos do concello, Juan Ramón Canosa Ferreira, para ver de explicarlle aos primeiros usuarios dos aparatos a mecánica dos mesmos. E un dos pioneiros en utilizar as máquinas, aínda que non xubilado, foi o mesmísimo Pichurri que rememorou por uns momentos as súas épocas de xove e prometedor ciclista aficcionado cunhas impresionantes pedaladas que quedarán para a historia. En fin, non sabemos o que durará o noso querido parque infantil para a 3ª edade, pero o certo é que o día da súa inauguración (e antes incluso) alí estaba cos nosos maiores camarinas.eu, a web dotada do don da ubicuidade.

{phocagallery view=category|categoryid=550|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.