Jesús Figueiras nunha foto antiga xunto ao posiblemente membro máis mítico de Protección Civil: Tista
Jesús Figueiras nunha foto antiga xunto ao posiblemente membro máis mítico de Protección Civil: Tista

O Concello designa novo presidente de Protección Civil

Novo episodio na polémica que enfrenta a algúns dos membros de Protección Civil co Concello de Camariñas: segundo cartas remitidas a todos os membros de Protección Civil douse a coñecer  recentemente que mediante decreto de alcaldía de data 29 de xuño procedeuse a nomear a un novo Presidente da Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Camariñas. O elexido sería Jesús Figueiras Pais, un coñecido veciño da Ponte do Porto, antigo membro da Agrupación tal e como acredita a imaxe que ilustra a presente noticia e ao que puidemos ver xa en funcións nas recentes festas de San Pedro e do Sacramento acontecidas na vila porteña. O certo é que sempre segundo o mencionado decreto esta situación produciríase "ao non ter constancia a alcaldía de persoa algunha que estea a desempeñar a presidencia da agrupación" e este nomeamento en principio tería vixencia mentras "non se proceda á elección de dito cargo de conformidade co previsto na lexislación vixente". En fin, aquí dende camarinas.eu damos a coñecer ao noso amplio electorado, o meirande da Costa da Morte, esta nova situación e non queremos entrar en ningún tipo de polémica limitándonos a informar dende a nosa máis estricta posición de neutralidade e independencia, desexando sinceiramente que ao final poda atoparse unha situación satisfactoria para todas as partes en conflicto.


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar