Algúns dos nenos que tiñan que empezar onte as clases
Algúns dos nenos que tiñan que empezar onte as clases

Os rapaces de párvulos de Camariñas (3 anos) tiveron que volver para casa no seu primeiro día de escola por falta de profesores. Onte chamamos a responsable da escola e comentounos que as profesoras que viñan para Camariñas a atender aos rapaces pequenos non se presentaron porque supostamente lles deron outra praza en Asturias e preferiron ir para alá. Tamén nos dixo que estaban a chamar todo o día a Santiago para arranxar o asunto máis alá ninguén contestaba. Será que estaban a tomar o café, que é máis importante. Hoxe citaremosnos coa directora do Colexio Público de Camariñas para ver se nos pode aclarar un pouco mellor a actual situación que nos non entendemos ¿Acaso son estes nenos menos importantes que os outros?

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.