×

Erro

Disk full (/var/tmp/#sql_3738_0); waiting for someone to free some space...

O Concello de Camariñas e a Asociación Lumarea únense para crear o Festival Solsticio de Verán

O Concello de Camariñas leva tres anos organizando o solsticio de verán cada 21 de xuño. Realízase no Monte Farelo onde se levanta a capela da Virxe do Monte. É un lugar máxico onde seguramente os nosos devanceiros, ao longo de milenios, honraron aos deuses pagáns e hoxe ao Deus cristián e a súa Virxe do Monte. É un lugar sagrado aínda para os que non cren na existencia da divinidade, xa que sobre o seu cumio están as pegadas de centos de xeracións de homes e mulleres que se emocionaron vendo como o sol debuxa un camiño dourado sobre...

Un verán 2018 para soñar: Tres Bandeiras Azuis para o Concello de Camariñas

Como en tódolos aspectos da vida, en política tamén, hai quen é noticia permanentemente por nimiedades ou por accións puerís que carecen do mínimo interese social e económico para as nosas vidas. Ou polo recurso permanente a descualificación persoal e profesional do “inimigo”, sen aportar contribución algunha á mellora da sociedade onde vivimos. ...

Semana de limpeza das praias do Concello de Camariñas

Aínda que o tempo non corresponde ao que debería con respecto ao mes no que nos situamos, os respectivos grupos de limpeza do Concello de Camariñas ao mando do concelleiro Xaviñán Sergio Caamaño, comezaron a limpeza das praias de todo o territorio municipal. Dende principios desta semana a gran maioría dos operarios dispoñibles polo consistorio afanábanse na limpeza da praia de Area da Vila en Camariñas, Lingunde, O Ariño en Xaviña así como tamén na coqueta praia de Camelle usando para elo unha máquina que limpa e clasifica a area descartando tanto a suciedade como plásticos ou restos de basura así...

Esta fin de semana todas as novidades da temporada no showrrom de Camariñas

Showroom e Desfile de moda os días Sábado 28 e domingo 29 de abril no Polideportivo O Areal de Camariñas. A rede de comercio e o Concello de Camariñas organiza a segunda edición do Showroom Camariñas. Comenzará o sábado ás 20:00h cun desfile de moda e continuará o domingo dende as 11:30 ata as 19:30h. Nesta xornada ademais das novidades de tempada en comercios e servizos profesionais poderás participar en actividades e obradoiros para maiores e rapaces. Cambiamoste en Camariñas amosará durante o domingo o cambio de look dunha persoa grazas aos profesionais e comercios de Camariñas. Ven e aproveita para facer as...

A ITV de vehículos agrícolas regresa á Ponte do Porto

A Unidade Móbil 3 de inspección técnica de VEHÍCULOS AGRICOLAS desplazarase ata o Concello de Camariñas nas datas do 17/04/2018 ao 18/04/2018 para atender a todos os cidadáns que necesiten pasar esta inpección aos seus vehículos agrícolas. Os técnicos da empresas Supervisión y Control estarán atendendo a todo aquel que o necesite no Paseo Fluvial da Ponte do Porto) en horario habitual de atención de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás o 18/04/2018 que será horario só de mañá. Para solicitar cita previa poden facelo por teléfono no número 902 30 90 00 ou a través...