Inicio arrow Cultura
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Guests: 49
Members: 2

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8852031
    Galerias Fotograficas de Usuarios:Thor
    (82 votos)
    lunes, 25 de enero do 2010

     Thor, o trono fotográfico da Costa Atlántica

    O noso usuarios Thor captou toda a beleza do Faro Vilán dende a parte posterior da Pedrosa
    O noso usuarios Thor captou toda a beleza do Faro Vilán dende a parte posterior da Pedrosa

    Remedando a potencia do Deus vikingo do que toma o nome, o noso querido usuario Thor trae ata as páxinas de camarinas.eu unhas fotos cargadas de forza e contundencia. A forza da lirismo, da beleza e da grandiosidade das nosas paisaxes captada en todo o seu fulgor. Pero ademáis a presente reportaxe ven a confirmar unha realidade que en camarinas.eu estamos a constatar dende un tempo a esta parte: prácticamente non damos abasto a publicar todo tipo noticias que son traídas, con todo o cariño, con toda a ilusión, polos nosos usuarios ata a redacción da web que abrío Camariñas definitivamente ao mundo globalizado de internet. Inundados literalmente de iniciativas do usuariado máis interactivo de Galicia, ata o extremo de non haber sitio dende xa hai un tempo para unha das clásicas reportaxes made in camarinas.eu: aquelas que constitúen as perlas dos ollos dos redactores da web. E sen embargo, estes encantados de que sexa así.

     
    II Encontro de Teatro da Costa da Morte
    (36 votos)
    jueves, 24 de diciembre do 2009

    Camariñas, Capital Teatral

    ¿Quen sabe si no futuro de entre estos cativos non sae outro talentoso Antón Chéjov ou Mijaíl Bulgákov?
    ¿Quen sabe si no futuro de entre estos cativos non sae outro talentoso Antón Chéjov ou Mijaíl Bulgákov?

    O vindeiro ano 2010 comezará teatralmente en canto ás actividades culturais se refire ca posta en marcha do día 3 ao día 10 de xaneiro do II Encontro de Teatro da Costa da Morte que terá lugar nunha polivalente Casa de Pedra que o mesmo vale para edificio administrativo que para organizar un mitin político, que para unha entrega de premios, que para que flúa do shakespiriano talento dramático de actores... En todo caso o aperitivo do que está por vir xa tomou corpo a semana pasada cando tivo lugar a representación dun conto adicado aos máis pequenos escrito por José Leis e Bernardino Martínez, dirixido por este último, organizado en colaboración ca ANPA do CEIP O Areal e que enchío o antes referido edificio multiusos ata os topes de cativos sedentos de arte e do que camarinas.eu dou boa conta cunha amplia galería fotográfica.

     
    Geografia.eu: Emiratos Arabes Unidos
    (95 votos)
    lunes, 30 de noviembre do 2009

    Dubai: Viaxe ao Reino de Simbad El Marino

    A nosa usuaria Lucía reflexou á súa viaxe ao emirato de Dubai nunha impresionante galería fotográfica
    A nosa usuaria Lucía reflexou á súa viaxe ao emirato de Dubai nunha impresionante galería fotográfica

    O que era un conxunto de cabanas de teitos de palma desvencixados convertíose nuns poucos anos nunha das metrópolis máis modernas do planeta da man dos tan aceitosos e manantes petrodólares. Un bosque interminable de rañaceos, o único hotel do planeta de sete estrelas, autopistas futuristas inundadas por un parque automovilístico de deportivos de luxo sen igual en todo o mundo... Alá, ao reino de Simbad el Marino e de Alí-Babá e os 40 ladróns, en plena Península Arábiga e  bañadas as súas costas polo Golfo Pérsico, foise nos primeiros días de novembro do ano do Noso Señor de 2009 seguindo a estela da Selección española de fútbol praia a nosa querida e fermosa usuaria Lucía Pedrouzo Martínez. Pero mellor será que ela mesma nos conte os ecos deixados pola súa viaxe a Dubai, un dos sete emiratos que compoñen os Emiratos Árabes Unidos.

     
    Galerias de Usuarios: Caseta Forestal de Reira
    (63 votos)
    jueves, 12 de noviembre do 2009

    Oda a unha Caseta Forestal

    Esta foto de JGS non sabemos por que pero parece evocar aquela lexendaria portada do Led Zeppelin IV
    Esta foto de JGS non sabemos por que pero parece evocar aquela lexendaria portada do Led Zeppelin IV

    Pois aquí en camarinas.eu sempre fumos mui bohemios, pero bohemios de verdade, que para eso non nos fai falla levar unhas rastas hasta a cintura e andar todos desharrapados polas rúas. E mui flamencos tamén, e si ven un tío e nos di: pois eu quero dedicarlle unha oda a unha caseta forestal abandonada desde os tiempos de cando Franco aínda era corneta, pois vai e se lle publica, sempre que pase o único control que se lle fai nesta redacción: o de calidade. Pero si aquí tuvemos a coraxe de publicar unha señora oda a unha barandilla destartalada ¡¡e de segunda man!! E con notable éxito de público e crítica polo que se vío. Pois agora o que arrisca o seu honor e fortuna é un usuario de camarinas.eu que prefiere manterse no anonimato e ao que, a diferencia de JSG (Juan Salvador Gaviota), daremos en chamar JGS que decide tomar a alternativa e saltar aos ruedos do mundo da fotografía artística e da alta literatura cunha oda á Caseta Forestal de Reira. Suerte Maestro.

     
    Instalacion de barandilla en Rias
    (55 votos)
    miércoles, 23 de septiembre do 2009

    A xubilación forzosa dunha barandilla marítima

    Dende o seu trono mariñeiro privilexiado esta barandilla víose xubilada en pleno corazón de Buría
    Dende o seu trono mariñeiro privilexiado esta barandilla víose xubilada en pleno corazón de Buría

    A instalación por parte de operarios municipais dunha barandilla antiga, repintada, reciclada, nun novo emplazamento. Unha simple nota ao pe de páxina do humilde e olvidado libro de historia dun concello situado nos portalóns do Atlántico, un suceso sen ningunha trascendencia práctica a non ser o evitar que algún incauto veciño se esfuciñe á altura do Lugar de Riás seguindo o trazado da carretera que vai de Buría ata o Cementerio Novo sirve aos redactores de camarinas.eu para compoñer unha sinxela oda ao paso do tempo, ao desagradecemento e á evocación do que foron os días dourados dun inanimado ben mueble que dende o seu trono privilexiado dominou o porto de Camariñas durante décadas.

     
    Quinta Antoloxia Poetica de Antonio Puertas
    (86 votos)
    miércoles, 26 de agosto do 2009

    ¡A horse! ¡My kingdom for a horse!

    camarinas.eu procede a publicar a quinta colección de versos do maior rapsoda da historia de Camariñas
    camarinas.eu procede a publicar a quinta colección de versos do maior rapsoda da historia de Camariñas

    ¡Un cabalo, o meu Reino por un cabalo! A semellanza da  célebre frase de "Ricardo III", o drama en cinco actos escrito por William Shakespeare cara o ano 1593, aquí en camarinas.eu estaríamos dispostos a cambiar todo o noso reinado cibernético na Costa Atlántica por unha soa das poesías do máis xenial bardo saído das entrañas de Camariñas. Odas como a adicada a Juan Camariñán, o maestro da prosa desgarrada e visceral; ao Mantido,  o constructor histórico da Vila dos Encaixes; ou aos diversos usuarios da web líder da Costa da Morte, versos plenos de talento lírico e evocador, no que Beldoña rinde culto á Camariñas da súa alma. Un Reino con todos os tesouros que encerra dentro nada é a cambio dun só verso de Antonio Puertas.

     
    Exposicion de Pintura de Jose Eduardo Martinez Gonzalez (Chelin)
    (72 votos)
    domingo, 09 de agosto do 2009

    Recoñecemento a un dos mellores pintores galegos

    Non puido ter mellor presentador a inauguración da Exposición de Chelín que Xosé Luis Blanco Campaña
    Non puido ter mellor presentador a inauguración da Exposición de Chelín que Xosé Luis Blanco Campaña

    De forma calada, humilde, vivindo nunha sinxela casiña na curva do Cruceiro en Xaviña, percorrendo de vez en cando as rúas de Camariñas, ao carón dun mar sempre vital na súa obra, mezclándose no medio das xentes mariñeiras, dende hai anos vivía entre nos un dos mellores pintores galegos vivos: José Eduardo Martínez González, máis coñecido polo nome de Chelín. Artista dun currículum realmente impresionante e dun talento innato para as artes pictóricas, a Asociación de Empresarios e o Concello de Camariñas veñen de recoñecer a importancia e obra de Chelín cunha exposición de pintura que ata o día 16 de agosto permanecerá aberta ao público no Baixo da Marina.

     
    Death Coast Music Club: Queen
    (71 votos)
    miércoles, 29 de julio do 2009

    God Save The Queen

    Camarinas.eu procede a publicar un artigo de Darío Lueiro á altura das mellores revistas especializadas
    Camarinas.eu procede a publicar un artigo de Darío Lueiro á altura das mellores revistas especializadas

    O Death Coast Music Club, a sección de música de camarinas.eu, foi concebida como un cauce de participación para que algúns dos nosos usuarios volcaran toda a súa sabiduría musical nas páxinas da web líder da Costa Atlántica. Por elo, nadie mellor que Darío Lueiro, Salaño, para escribir dende a súa Negreira natal un extenso e exhaustivo artigo adicado a Queen. A banda das infinitas posibilidades, dos exhuberantes coros vocálicos, dos riffs e punteos de guitarra de Brian May. Da voz única, amaestrada e potente, de Freddie Mercury. De aquel megaconcerto de despedida no xa demolido estadio de Wembley de 1986. O grupo que foi quen de crear "Bohemian Rhapsody", posiblemente a mellor canción da historia do rock... Porque pasarán miles de anos, pero a música de Queen seguirá ahí.

     
    Death Coast Music Club: Soundgarden
    (60 votos)
    martes, 30 de junio do 2009

    Hipnotizados polo sonido Grunge

    Un grupo distinto, cunha base rítmica pesada e potente que chegou a liderar o movemento grunge
    Un grupo distinto, cunha base rítmica pesada e potente que chegou a liderar o movemento grunge

    Agora que chega o período estival, a semellanza do ocurrido no verán do 2008, a sección de cine de camarinas.eu tómase un respiro. Pero o maxín do redactor audiovisual da web líder do Atlántico Norte, Luis Esteiro Ramos,  non descansa e ven de idear unha volta de torca o seu DCCC: unha sección de música na que cada un dos artigos será escrito por usuarios diferentes. O primeiro artigo do Death Coast Music Club (DCMC) adícallo Luis a un estilo musical nacido nos suburbios da remota e illada cidade norteamericana de Seattle, o que se deu en chamar estilo Grunge, e a un dos seus grupos máis representativos: Soundgarden.

     
    Bicentenario da Guerra da Independencia (1809-2009)
    (58 votos)
    sábado, 27 de junio do 2009

    De cando os franceses invadiron a Costa da Morte...

    Fernando VII, o Rei Felón, un dos principais protagonistas da Guerra da Independencia de 1808 a 1814
    Fernando VII, o Rei Felón, un dos principais protagonistas da Guerra da Independencia de 1808 a 1814

    Segundo o relato do capitán Nicolás Marcel, integrante do Sexto Corpo do Exército do Mariscal Michel Ney nas Campañas de España e Portugal (1808-1814) e participante nos feitos, nos primeiros días de maio do ano 1809 a meirande parte dos habitantes de Camariñas foi masacrada e a vila queimada ata os cimentos polo invasor francés. Feito tan terrible debería ser obxecto dunha omnipresente lenda popular que recordase aos héroes caídos, e o feito recordado permanentemente polos máis vellos do lugar e inmortalizado na toponimia, costumes e festas. Sen embargo, a presencia da Guerra da Independencia no imaxinario colectivo camariñán foi sempre prácticamente nula.

     
    << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seg. > Remate >>

    Resultados 1 - 10 de 81

    Nosos Patrocinadores

    Notas de prensa

    (06/03) Previa Porriño vs. Encaixe-Camariñas

    Nota de prensa que nos envían dende o Club de Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas e na que se nos desgrana polo miúdo o próximo partido que enfrontará as nosa...
    Ler todo ...

    (02/03) Nota para os traballadores da construccion

    O próximo 31 de decembro de 2011 os traballadores e traballadoras do sector da construción para desenvolver o seu traballo deberán estar en posesión da Tarxeta profesio...
    Ler todo ...

    (02/03) Concurso de Baile Tradicional Galego na Ponte do Porto

    O vindeiro 11 de marzo remata o prazo para inscribirse no "II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto" ...
    Ler todo ...

    (22/02) Rasoeiro 32 - 19 Encaixe-Camarinas

    Nota de prensa enviada dende a dirección do CB Encaixe-Camariñas na que se nos informa sobre a derrota sofrida polo equipo camariñán este fin de semana polo equipo de O Gro...
    Ler todo ...

    (20/02) Presentacion do equipo de regatas do Club Nautico de Camariñas

     Nota de prensa remitida dende o CNC que nos conta como este sábado as 12:30 presentarase o seu equipo de regatas. ...
    Ler todo ...