O Concello de Camariñas ten previsto unha serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018 que neste ano homenaxea á escritora María Victoria Moreno Márquez. Así neste día tan emblemático para as letras da nosa terra, o Concello de Camariñas organiza para o 17 de maio, ás 12:00h, un acto no que vanse a premiar os traballos literarios realizados por alumnos de infantil, primaria e secundaria dos centros educativos do concello nas categorías de prosa e poesía. O acto estará amenizado polos Monicreques de Kukas e o seu espectáculo Xan Perillán e a maleta máxica, montaxe de escea que mestura o clown e a pantomina coa maxia e a manipulación de títeres, algo, por outra parte, cáseque idéntico á derradeira e lamentable asamblea que esta estrafalaria directiva do Club Náutico de Camariñas tivo a ben evacuar. Pero centrándonos no puramente literario, e deixando de lado personaxes absurdas e lamentables fracasados del tres al cuarto, cabe destacar tamén que ademais destes actos previstos pola sección de cultura do Concello de Camariñas ao mando da cal se atopa noso querido amigo Sergio Caamaño, do 14 ao 16 de maio está previsto que a biblioteca municipal de Camariñas ofreza unha selección de libros para a ser liberados e incorporados a túa colección particular. Unha orixinal e novidosa iniciativa que fará as delicias dos nosos nenos. Non volo podedes perder rapaces.

Cartel dos actos do Día das Letras Galegas 2018 en Camariñas

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar