O soño de toda unha vida feito realidade. O amor a unha vila plasmado nun traballo de alto voltaxe doctrinal. O respeto á historia e ás tradicións como fío vector. Despois de 15 anos, a gran obra pola que Xosé Troiano pasará á historia da Vila das Palilleiras en letras maiúsculas, xa é unha realidade. Complemento e profundización de obras anteriores e lexendarias como o libro dos naufraxios de Baña Heim ou o imprescindible "Camariñas, Terra de Palilleiras" de Xosé Luis Blanco Campaña, este "Camariñas, Corazón da Costa da Morte" está chamado a marcar un punto de non retorno en todo o referente á historiografía da Vila dos Encaixes: pola súa pulcritude, a súa exhaustividade, o seu rigor e por un amor profundo que non afecta en absoluto á obxectividade e imparcialidade do libro. Na hora do cumprimento do soño, Xosé Troiano ten un recordo respetuoso por Estanislao Fernández de la Cigoña, director da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), editora da obra, e emocionado por Isabel e Carmen Carril, irmá e nai, que encheron dun amor indeleble por Camariñas xa dende o berce a aquel pequeno rapaz cuia familia rexentaba un humilde café bar na Carretera do Faro e que estaba chamado a ser un día o gran historiador da Vila das Palilleiras.

Xosé Troiano Carril, historiador con maiúsculas da Vila de Camariñas, ve cumprido o seu soño dende rapaz publicando un libro adicado a historia de Camariñas

É máis fácil escribir un libro que catro frases sobre como me sento ou o que me supuxo. Espero que sexa do voso agrado, eu realmente, aparte de estar moi contento e de, por fin, ver feito realidade unha idea de rapaz, cando só había un libro que era o anecdotario de naufraxios de Baña, gran libro por certo. Lembro que a xentes paraban frente o bar de miña nai para preguntar si por aí ían ben o faro e, eu pensaba, pero si aquí nesta vila hai máis cousas co faro, temos as ruínas dun castelo, "temos", tíñamos os canóns boca a abaixo para amarralos barcos, temos o encaixe, etc, etc. Haberá que facer unha guía para explicar e dar a coñecer estas cousas. E ao longo de todos estos anos saíron guías xerais, todas moi boas pero ningunha especializada na nosa vila, agás ese fermoso libro de José Luís Blanco, "Camariñas, Terra de palilleiras".

Despois de tela idea con 12-14 anos, recollida de datos e investigando en distintas frontes, xuntar todas as pezas e empezar a pelexa por publícalo, pasaron máis de 15 anos, presentando aquí e acolá, con algunas editoriais interesadas pero non fructificando en ningún lado, por fin, vexo o meu sono ou idea de rapaz cumprida.

Grazas a Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), que dirixe Estanislao Fernández de la Cigoña, que foi o que me aconsellou e revisou o traballo, ademáis da axuda importante da miña nai Carmen Carril e a miña irmá Isabel.

Supoñe una grande alegría ver una meta cumprida pero dá máis satisfacción, cando ves que a familia se sente orgullosa e feliz polo traballo, sobre todo cando as persoas que mercaron o libro lle comentan ou lle dan a noraboa porque o libro gustou moito.

Eu, aparte, estou moi satisfeito por dar a coñecer un anaquiño de historia da nosa vila dos encaixes. Historias coñecidas e outras non tanto, porque os anos pasan e, se non quedan por escrito, ó final esquécese como moitas historias e lendas non recollidas.

Xosé Troiano Carril

Comentarios   

Xosr Gonzalo
0 # Ser humanoXosr Gonzalo 07/02/2018 17:36
Alegrome de verdade pola obra e polo autor parabens e unha aperta dende a distancia pero cerca do corazon.
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar