• Camariñas mantén un índice de criminalidade por debaixo da media da provincia

    Este luns 22 de outubro, tivo lugar a Xunta Local de Seguridade que convocou o Concello de Camariñas e na que tanto a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, como o coronel da Garda Civil, Francisco Javier Jambrina Rodríguez, confirmaron que actualmente Camariñas ten un índice de criminalidade por debaixo da media da provincia.
  • A Xunta Local de Seguridade de Camariñas celebrarase o 22 de outubro

    A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, solicitou á subdelegación de goberno a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para tratar diferentes asuntos que inciden na calidade de vida dos veciños de Camariñas, que se convocou inicialmente para o próximo luns, 22 de outubro ás 11 horas.
  • Constitución da Xunta Local de Seguridade no Concello de Camariñas e firma do protocolo contra a violencia de xénero

    Onte tivo lugar no concello de Camariñas a Constitución da Xunta Local de Seguridade que ten como obxectivo principal facilitar unha eficaz coordinación  e cooperación entre forzas e corpos de seguridade que exercen as súas funcións dentro do municipio. É importante pois non só constitúe un órganos de coordinación operativa senón tamén informativa, facilitando cauces de canalización que permitan a colaboración dos sectores sociais e institucionais afectados na correcta planificación  da seguridade pública.