Virxen do Monte

  • CAMARIÑAS GUARDA EL PECIO DEL ULTIMO BARCO PERDIDO POR ESPAÑA EN LA GUERRA DE INDEPENDENCIA DE EEUU

    En la zona de la Virxe do Monte y O Corno en Camariñas se han localizado recientemente cinco depósitos de cañones entre el siglo XVI y el XVIII, según datos de la Real Liga Naval Española. Dos pecios pueden ser galeones de la armada española perdida por Martín Padilla en 1596. Otro responde al correo marítimo "La Cantabria" de 1773; y se conoce el suceso del 18 de abril de 1783 cuando naufragó en la zona la fragata napolitana de la Real Armada Española "Las Dos Cathalinas", de 34 cañones, con 232 hombres, marineros napolitanos y soldados franceses de la llamada Legión de Lauzun, retornados de la Guerra de Independencia de Estados Unidos. Nuevas investigaciones indican que se trata del último de los barcos perdidos por nuestro país en la misma, por lo tanto su valor histórico es incuestionable. Además ahora se sabe que llevaba 232 soldados y tripulantes, que se dan también como víctimas de un conflicto que causó a España 33 buques destruidos, naufragados o apresados y miles de vidas de españoles europeos y españoles americanos, sin contar los daños de la marina mercante ni corsarios. Mayores pérdidas sufrió Inglaterra, derrotada, que además quedó sin las colonias levantiscas. España amplió su imperio, el mayor del momento.
  • O SOLSTICIO DE VERÁN E AS NOSAS TRADICIÓNS

    Nas culturas celtas os druidas celebraban un ritual que consistía en prender lumareas buscando a bendición para as terras e para os froitos dela, así como para demandar  boa sorte para os namorados  e  para propiciar a fertilidade.
  • Exitosa edición da Virxen do Monte 2015 en Camariñas

    Comezamos aquí en Camarinas.eu a desgranar todo o acontecido nesta durísima Semana Santa (de traballo, queremos dicir) en Camariñas. Unha desbordante Mostra do Encaixe que nos deixou totalmente derreados... E agora, uns días despois e xa repostos de toda a faena recuperamos para os usuarios e lectores do medio máis importante da Costa Atlántica unha bonita galería de fotos captadas en vivo e directo  durante o Día Grande da Virxen do Monte. Unha procesión deslumbrante nun luns de Pascua espectacular e nunha mañán cáseque veraniega e sin gota de vento no monte máis emblemático de toda a Costa da Morte, onde os gaiteiros xaviñáns da Asociación Abrindo Rejo foron unha vez máis os encargados de musicalizar as voltas dos fieles que acompañaron á virxen ao redor da súa Ermita. E outra vez máis alí estivo Camarinas.eu para deixar para a posteridade outra boa galería que quedará para a memoria das nosas tradicións.
  • Cartel da Virxen do Monte 2015 en Camariñas

    Posiblemente sexa a festa máis camariñana, por ser aquela que únicamente se celebra na capital municipal e se focaliza nun templo e nunha virxe íntegramente patrios. Por elo, e por constituir un complemente á ineludible cita anual do principal escaparate encaixeiro mundial, a Festa da Virxe do Monte está aquí un ano máis. Atrás quedaron intentos novedosos de darlle un certo pulo como aquela fantástica Festa da Zorza ou outras iniciativas máis ou menos plausibles, pero o certo é que a súa supervivencia xa constitúe de por sí unha boa nova encanto ao que de esforzo supón para a Comisión de Festas. Este ano as datas cuadran nos días 4, 5 e 6 de abril e máis aló dos actos estrictamente relixiosos será a presencia da Orquestra Panamá e da Disco Móvil CDC (nada que ver con Converxencia Democrática de Cataluña, esperemos, estás ahí tranquilamente tomando un máis que merecido refrixerio cubateril e xusto aparece Artur Más micrófono en man e pantalón marca paquete entonando un reggaeton e xusto che da un síncope) a que anime o cotarro nocturno. É por elo que alí estará Camarinas.eu desfrutando da festa máis camariñana... eso sí. sempre que non faga acto de presencia o inefable Artur Más ou calqueira dos seus mariachis separatistas. Independentistas cataláns non por favor.
  • A Virxe do Monte e o Culto ao Sol

    Camarinas.eu, a web independente e plural do Concello de Camariñas, aquela onde todas as voces, todas as ideoloxías, teñen cabida publica en rigurosa exclusiva un interesante artigo de Marisol Soneira, Deputada Autonómica polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia e Vicepresidenta Segunda do mesmo. Un escrito que aporta un novedoso punto de vista respecto dun dos grandes santuarios espirituais da nosa terra: o milenario Monte Faro, alí onde segundo contan as crónicas na orixe da civilización os que darían en ser os primeiros habitantes de Camariñas celebraban os seus ritos paganos. Unha sorte de reinvindicación daquelas épocas remotas parece promover a iniciativa de Marisol de achegarse o 21 de xuño ata a Ermita da Virxe do Monte para contemplar, no día máis longo do ano, o solpor dende o privilexiado santuario camariñán. Unha iniciativa que non pode deixar de apoiar Camarinas.eu, que promoverá unha quedada a través das redes sociais para poder ver o maior número de xente posible na tarde noite de 21 de xuño contemplando o crepúsculo dende a Virxe do Monte.
  • Procesión da Virxen do Monte 2014

    En canto a montes sagrados, a montañas máxicas, hai quen ten sorte e hai quen non a ten. Pensen vostedes na desdichada Armenia, agazapada entre alturas inmarcesibles no Cáucaso, co seu principal símbolo, aquel onde na orixe dos tempos foi a embarrancar Noé coa súa pintoresca tripulación, o Monte Ararat, enclavado en terra allea, a tiro de vista de Ereván, a capital armenia e constituindo aínda por enriba o principal pico do seu archiodiado veciño turco. ¿Cómo debe ser a vida diaria para un cidadán armenio corriente, patriota para máis inri, que todos os días se levanta e contempla, entre humillado e fatalmente resignado, ao principal símbolo do seu país, o bíblico monte sagrado, a un tiro de pedra duns poucos kilómetros de territorio turco? Felizmente, nada deso acontece en Camariñas e así a súa montaña máxica luce erguida e maxestuosa dentro do seu propio término municipal, un non ten máis que ir dando un bordeo polo Paseo de Señores, despois pola beira do mar, atravesar a Praia de Lago, encarar unha pequena subida entre as sombras dos pinos e atoparse na cima do monte sagrado ca coqueta capela á que cada ano nas sinaladas datas da Semana Santa toda unha vila acude en solemne procesión. No Ano do Noso Señor de 2014 foi a recaer nun luns 21 de abril cando durante tres horas ininterrumpidas as masas camariñanas tomaron o seu monte santo e alí, como tamén é tradición, non podía deixar de estar Camarinas.eu.
  • Camariñas quenta motores para a Virxe do Monte 2014

    Postos a vender un producto, neste caso unhas festas, nada mellor que dúas belezas camariñanas. Neso pensamos na redacción de Camarinas.eu para promocionar a festividade que dará o pistoletazo de saída a tempada de festas do 2014, retomando deste xeito un dos clásicos que fixeron famosa en tempos a esta redacción: a de aproveitar a beleza natural das mulleres da Vila das Palilleiras para dar a coñecer os tesouros dun concello sen igual. Desta volta son Maitiña Castro Carril e Belén Lista Pasantes as escollidas para empezar a quentar motores ca Virxe do Monte do 2014, a festividade máis camariñana, a única que da en celebrarse únicamente na nosa vila. De seguro que estas dúas fermosuras non deixarán pasar a  oportunidade de desfrutar ao máximo do programa da Semana Santa, que se complementa ademáis ca clásica celebración da Mostra do Encaixe, o maior certame encaixeiro a nivel mundial. E esto está cada vez máis preto, o mércores 16 arranca a XXIV edición da Mostra e o sábado 19 a Virxe do Monte ca Orquesta Ledicia e a Disco Móbil CDC. Cada vez queda menos para, un ano máis, empezar a pasalo ben.
  • Cartel da Romaría da Virxen do Monte 2014

    Lista a parrilla de saída do calendario festeiro camariñán para o ano 2014. A Comisión de Festas acaba de facer público o cartel da Festa da Virxe do Monte. Como todos os anos ésta terá lugar coincidindo cas sinaladas datas da Semana Santa, sendo polo tanto a partires do 20 de abril de 2014 cando comence a festa máis camariñana. O Sábado Santo será a Orquesta Ledicia a que se faga cargo da sesón vermouth e da verbena, empeño éste último no que estarán axudados da Disco Móbil CDC, levando a mellor música ata altas horas da madrugada camariñana. Ben pensado, o Domingo de Resurrección do Noso Señor Xesucristo quedará reducido a menesteres relixiosos, saíndo ás 17:00 horas dende a Capela  do Carmen  a multitudinaria procesión ata a Capela da Virxe do Monte.  Finalmente o luns e despois duns comezos relixiosos, misas de 9 a 12 no Monte Sagrado camariñán, a Orquesta Aramio na Praza do Mercado dará o remate final ao cartel festeiro ca actuación na Sesión Vermouth e na Verbena. Ca Virxe do Monte 2014, comenza o calendario festeiro dun ano máis das nosas vidas. Que continúe sempre así.
  • Luns da Virxe do Monte 2012

    Nunha espléndida mañán primaveral a Virxe dos as tres voltas ao redor da ErmitaSe na tarde dominical do 8 de abril unha importante delegación da vila de Camariñas se dou cita nas alturas do Monte Faro, na mañán do luns que o seguía prácticamente todo un pobo acudío como un só home á montaña sagrada. Dende as 9 da mañán, horario da primeira das misas, oleadas consecutivas de camariñáns tomaron ao asalto a capela da Virxe do Monte. Alí estaban: dende sinxelos mariñeiros de conciencias puras ata políticos de corpos e almas putrefactas, corrompidas ata os tuétanos; dende rapaciños inocentes que comenzaban a tradición que os acompañará o resto das súas vidas ata serenos xubilados que acumulan décadas continuadas de devoción e fe; dende  xóvenes redactores atraídos por unha estrana, indefinible, chamada mezcla de folklore, patriotismo e tradición ata os que non dubidan, aqueles puros de corazón para os que o mundo constitúe un todo perfecto e claro, de leis e reglas ríxidas e inmutables. Alí todos eles anhelando facerse perdoar os pecados acumulados nun ano pródigo en culpas e deslices contra o Señor. Alí todos eles na posiblemente data máis emblemática en todo un exercicio para os naturais da así chamada Vila de Camariñas.
  • Domingo da Virxe do Monte 2012

    O pobo de Camariñas volcouse un ano máis ca Virxe do MonteNon pode haber mellor colofón á Semana Santa camariñana que a procesión á Virxe do Monte. A visita ao monte sagrado da Vila das Palilleiras congrega ano tras ano centos de veciños felices por acompañar á súa virxiña na súa subida aos ceos. Cáseque á mesma hora en que na Avenida Euxenio López se daba fin a outra exitosa edición do certame encaixeiro de maior entidade a nivel mundial, na Ermita do Carme poñíase en movemento unha longa serpente multicolor para acometer á viaxe ao Monte Faro. Fe, devoción, agradecemento e patriotismo camariñán imbúen unhas mentes nas que a visita á Ermita do Monte convírtese nunha obriga ineludible. E alí como sempre non podía faltar Camarinas.eu na súa dobre cita de domingo e luns. Polo de agora vaia por diante a galería fotográfica do acontecido o Domingo 8 de abril do Ano do Noso Señor de 2012 a partires das 18:00 horas.
  • Festa da Virxe do Monte 2012

    A Vila de Camariñas preparada un ano máis para volcarse ca súa Virxe do MonteSi un o pensa detidamente, tal vez a sucesión de días nos que se honra á Virxe do Monte sexan os máis profunda, sentida e entrañablemente, camariñáns. A única festividade caracterizada como peculiaridade exclusiva e singular da Vila das Palilleiras: mentras a Virxe do Carme ten consagrado o día 16 de xullo como unha data festiva totalizadora de prácticamente todo o litoral galego e a honra a San Xurxo, o santo que lanceou ao Dragón, multiplicase ao longo do planeta, a Virxe do Monte cunha orixe que se perde na orixe dos tempos constitúe unha festividade sen parangón noutras terras, un caso prototípico de Camariñas. Tal vez por elo, os membros da Comisión da Festa do Carme nesta edición de 2012 puxeron en marcha unha batería de actuacións de gran calibre, comenzaron  a pedir a todo trapo pola Vila dos Encaixes e os veciños a responder como nunca. Fruto de elo, nace un programa de festas serio e  completo, que retoma unha iniciativa exitosa no seu momento como foi a Festa da Zorza, que tras un ano de parón volverá este sábado 7 de abril, amenizada por unha Discoteca Móvil e a Orquesta Costa Oeste. A todo este traballo desinteresado da Comisión sumouse un ano máis o do director de Camarinas.eu, Diego Alonso Freire, que diseñou gratuitamente o Cartel da Festa. Todo elo é pouco para contribuir ao desfrute dos días máis entrañables do ano no Monte Sagrado camariñán.
  • Virxe do Monte 2011

    Un ano máis o pobo de Camariñas volcouse ca Virxe do MonteFinalmente organizada de un modo impecable pola Comisión de Festas de San Xurxo entre o 24 e 25 de abril tivo lugar o ascenso e procesión da Virxe do Monte 2011. E un ano máis o pobo de Camariñas ascendío ata as alturas celestiais do Monte Farelo en dous días sinalados dentro do calendario camariñán. Tal vez este ano botouse algo de menos os traxes engalanados e os sons festivos da Asociación de Gaitas Abrindo Rejo, pero no seu lugar raiaron a gran altura Os Panchos do Jolfendro que incluso se atreveron o luns extramuros da misa de 12:00 cunha impresionante versión do himno galego que complementou á perfección á misa que tiña lugar dentro do templo. Tamén destacar a actuación do Coro Parroquial que culminou un variado repertorio de cancións sacras cunha peza en honor á Virxe do Monte que foi a mellor forma de rematar dúas xornadas irrepetibles nas alturas do Monte Farelo. Agora a virxiña reposará alí todo o mes de maio para, un domingo de xuño, ser devolta en volandas polo seu pobo á Igrexa de San Xurxo.
  • Preparativos da Virxe do Monte 2011

    O Tractor Municipal Kioti M39 tamén peregrinou ata a Virxe do MonteNa lexanía do camiñante solitario vislumbrouse algo desacostumado nas alturas da Virxe do Monte. Un movemento metálico refulxía brilante baixo os pesados raios solares da tarde de primavera. O forte vento nordeste axuda ao camiñante impenitente a salvar o último tramo e lévao en volandas ata o pe do Monte Faro, sede dende as orixes do mundo dos máis sagrados cultos de Camariñas. A media ascensión, o noso querido amigo Juan "O Chino" abandoou por un día a construcción de beirarrúas no Barrio de Corea e, semellante a un porteiro da NHL que cambiara por un día o seu stick de hockey xeo por unha desbrozadora, afánase en rasurar continentes de toxo a marchas forzadas. Xa cerca do cume, dende a derradeira curva dun camiño bendito, contemplan o xove reporteiro e o seu intrépido e fiel acompañante as evolucións maxestuosas do gran acorazado de aceiro municipal segando malas herbas ao carón da Virxe do Monte tras o seu primeiro santo peregrinar.
  • Descenso da Virxe do Monte 2010

    Camarinas.eu non podía fallarlle á nosa Virxiña do Monte no seu retorno cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo
    Camarinas.eu non podía fallarlle á nosa Virxiña do Monte no seu retorno cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo

    Camarinas.eu no descenso da Virxe do Monte

    A labor infatigable da Comisión das Festas do Carme (esforzo desinteresado en estado puro) non remata cos actos vinculados á celebración da festividade en honor á Patroa dos Mariñeiros senón que dentro do seu compromiso perenne ca vila da súa alma encárganse da organización dunha serie de actividades como ás que complementan as procesións da Virxe do Monte. Ata nas cales conseguiron imprimir a súa pegada e así na encapotada tarde do domingo 30 de maio de 2010 por primeira vez na historia un grupo de gaitas acompañou no seu descenso cara ás terras baixas á aquela Virxe que ten un templo adicado na gran montaña sagrada de Camariñas. Baixo os sons festivos, galegos, das gaitas, tambores e pandeiretas xaviñáns da Asociación Abrindo Rejo , acompañaron á Virxe do Monte no seu retorno cara á Igrexa Parroquial de San Xurxo unha multitude de camariñáns fieis a unhas tradicións sagradas e ancestrais. Alí residirá por un ano ata que baixo a explosión de vida da primavera que comenza retorne ás alturas situadas no máis fermoso dos confíns atlánticos. Este ano debido aos compromisos ineludibles do noso querido e admirado Don Jesús como máximo responsable do Arciprestazgo de Nemancos, o descenso da Virxe do Monte retrasouse ata o último domingo do mes de maio. Pero Camarinas.eu, a a web que entende o Catolicismo como parte irrenunciable e indisociable do acerbo cultural e idiosincrático de España e Galicia, non podía faltar nun día distinto e sagrado para un camariñán e así completa unha xeira de reportaxes adicadas a todos e cada un dos actos adicados á Virxe do Monte 2010.

  • Procesion da Virxe do Monte 2010

    A Montaña Máxica

    Juan Esteban, o noso querido Estudiante, portando a Virxe do Monte nunha das tres voltas de rigor
    Juan Esteban, o noso querido Estudiante, portando a Virxe do Monte nunha das tres voltas de rigor

    Citando o título (que non o argumento) da célebre novela de Thomas Mann, si hai no Concello de Camariñas unha montaña máxica ésta atópase no lugar denominado Monte Farelo, subindo cara arriba de As Esbardas, alí onde reside quen sabe si dende hai miles de anos, dende as épocas dos druidas celtas, a Ermita da Virxe do Monte. Un templo dotado dun feitizo especial capaz de atraer cara os seus dominios ano tras ano a centos de romeiros da Vila dos Encaixes, a ducias de compatriotas do resto do Concello e por extensión de toda a Costa da Morte e finalmente a renombrados camariñáns da diáspora, que retornan a súa vila só por un día, para estar ao lado da súa virxiña, nas sagradas datas da Semana Santa. Camarinas.eu non podía faltar á cita anual ca Virxe do Monte e ata tan sacrosanto lugar desprazouse en doble sesión de Domingo de Resurrección e luns, deixando para á historia un impresionante e elaborado conxunto fotográfico de 195 imaxes.

  • Festas do Virxe do Monte 2010

    Arranca o calendario festeiro 2010

    Un templo milenario e sagrado que nestes días de Semana Santa acollerá muchedumbres de camariñáns
    Un templo milenario e sagrado que nestes días de Semana Santa acollerá muchedumbres de camariñáns

    Cundira o pánico nun principio debido aos desperfectos ocasionados no tellado da Ermita da Virxe do Monte por un máis da vaga de temporais que este inverno asolaron Camariñas, pero o noso milenario templo parroquial xa está en perfectas condicións para recibir nos sagrados días da Semana Santa ás muchedumbres de católicos camariñáns que un ano máis cumprirán un rito ancestral en xornadas de domingo e luns. E para honrar á nosa querida virxiña, a Comisión de Festas que da man do noso querido usuario  e amigo José Manuel Canosa Campaña ven de organizar as mellores Festas do Carme que se recordan en décadas, preparou un completo programa festeiro que inclúe a segunda edición da Festa da Zorza e un cartel de actuacións que arrancan este sábado 3 de abril e que foi quen de incluir á mesmísima orquesta Olympus. Aquí en camarinas.eu para honrar á nosa Virxe do Monte e para acompañar á Comisión nos seus esforzos para organizar as mellores festas posibles na Vila das Palilleiras ademáis de publicar o Cartel Oficial das Festas, rescatamos do olvido un pequeno conxunto de fotos históricas captadas na cima da sagrada montaña de Camariñas probablemente alá a principios dos anos 90...

  • Destrozos na Virxen do Monte - Consecuencias de un inverno duro e cruel

    O equipo de investigación de camarinas.eu achegouse ata o lugar de autos e sacou as conclusións pertinentes

    En un primeiro momento un redactor que o presente subscribe pensou nun ataque perpetrado por un escuadrón pertencente á última das oleadas anticatólicas que periódicamente se suceden nesta España dos nosos pecados, todas as cales, tras o clásico período inicial de anticlericalismo álxido, suelen acabar sen maiores consecuencias (se ben previa matanza, desamortización ou retirada de crucifixos). Sen embargo, os momentos de lóxico pánico inicial deron paso a un análise un pouco máis sosegado do ocurrido e ahí foi onde o equipo de investigación de camarinas.eu puido comprobar que os desperfectos, consistentes nunha serie de tellas arrancadas do cume que divide o teito a dúas augas do templo parroquial e que languidecían esparcidas polos arredores, sen dúbidas foron ocasionados nun momento determinado da sucesión incontrolada de temporais de tódalas especies que están a asolar Camariñas nestes últimos tempos. Pulsa na imaxe para coñecer as sorprendentes conclusións ás que chegou a patrulla de camarinas.eu desprazada ata o lugar de autos.
  • Procesion da Virxe do Monte 2009

    A Virxe do Monte retorna aos seus altares

    Non podía baixar mellor a nosa Santa que nas mans de todo un clásico das procesións como o noso amigo Pino
    Non podía baixar mellor a nosa Santa que nas mans de todo un clásico das procesións como o noso amigo Pino

    Tal e como mandaban os cánones da Santa Madre Igrexa, ás 18:00 horas do domingo 19 de abril do ano do noso Señor 2009 varios centos de fieis cristianos, veciños da moi antiga e noble vila de Camariñas, reuníronse nas alturas da Sagrada Ermita da Virxe do Monte nunha tarde encapotada e gris para devolver á Santa protectora dos naturais de tan emblemática e blasonada terra ao lugar onde reposará un ano, a Igrexa Parroquial de San Xurxo, ata que conmemorando unha festa inmemorial e sagrada no Domingo da Resurrección do Noso Señor Xesucristo sexa devolta por unha semana á ermita portadora do seu santo nome. Só por unha semana. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica a tres bandas de 120 fotos captada polos reporteiros en exclusiva de camarinas.eu Mónica Pasantes, Alvito Diéquez Jr. e Zhúkov.

  • Semana Santa: Procesion da Virxe do Monte 2009

    Unha tradición milenaria e multitudinaria

    Os fieis turnáronse con devoción a todo o longo do camiño para levar a súa Virxe do Monte ata a ermita
    Os fieis turnáronse con devoción a todo o longo do camiño para levar a súa Virxe do Monte ata a ermita

    Tal e como mandaban os cánones, ás cinco en punto da tarde do 12 de abril de 2009, Domingo de Resurrección do Noso Señor Xesucristo, unha multitude de varios centos de camariñáns agolpábanse ás portas da Capela da Virxe do Carme. A intención era a de cumprir cun rito cuias raíces se perden nas orixes do tempo: peregrinar en cristiana procesión ca Virxe do Monte sobre os hombros cara a ermita do mesmo nome, sita nun monte antigo e no seu momento posiblemente pagano. Unha tradición  milenaria que define a identifica a un pobo como unha unidade diferenciada e dotada de vida propia e que fui cumprida co fervor e devoción debidos por todos aqueles camariñáns que na tarde deste 12 de abril alí estivemos.

  • Festas da Virxe do Monte 2009 en Camarinas

    Festa da Zorza e Verbena da Virxe do Monte 2009

    As preciosidades das distintas orquestas que visitarán o noso concello neste 2009 xa fixeron a súa aparición
    As preciosidades das distintas orquestas que visitarán o noso concello neste 2009 xa fixeron a súa aparición

    Pois na tarde deste sábado 11 de abril quedaba inaugurada oficialmente a temporada de festas 2009 no Concello de Camariñas co pistoletazo de saída da festividade en honor á Virxe do Monte cunha impresionante "I Festa da Zorza", na que a Comisión de Festas raiou ao seu máximo nivel organizando de forma prácticamente perfecta este importante evento gastronómico que reunío a uns cuantos centenares de veciños na Praza do Mercado de Camariñas e no que foron servidas preto de 600 racións, a pesares do intenso frío que azotaba á Vila das Palilleiras neste sábado de Semana Santa.

    Polo módico precio de 5 euros, os asistentes tiñan dereito a un ben surtido prato deste sinxelo manxar elaborado a base de cochino de primeira calidade con patacas fretidas e viño do país acompañado do seu correspondente e imprescindible café con leite ben quentiño, ideal para unha tarde-noite como a deste sábado. Posteriormente, e cos bandullos ben recheos, os asistentes puideron asistir a unha verbena do máximo nivel amenizada polas orquestas Triunfo e Suavecito e que se extendío ata altas horas da madrugada. En fin, queridos usuarios, a temporada de festas xa está aquí. Pulsa na imaxe para ver a primeira galería fotográfica con máis de 80 fotos de camarinas.eu da sección de festas 2009 e dous impresionantes videos de todo o acto.