• ¿Quo vadis PP de Camariñas?

    Onte un asasino machista recorreu máis de dous mil quilómetros dende Alemaña á España para matar a súa ex parella. Foi o último crime machista cometido por un fulano que, coma tantos outros, pensaba que a muller non é mais que unha propiedade sobre a que se pode exercer todo tipo de control e que, chegado o caso, incluso quitarlle a vida. En todo o mundo hoxe dedícase este 25 de novembro a condenar á violencia machista. En todo o mundo menos no PP de Camariñas.
  • Luns 27 de novembro: manifestación contra a violencia de xénero en Camariñas

    Dende a concellalía de Servizos Sociais que dirixe a concelleira sociallista pola Ponte do Porto Sandra Ínsua Rial, veñen de comunicarnos que este luns 27 de Novembro celebrarase na praza do Concello de Camariñas unha manifestación en contra da violencia de xénero. A realización desta concentración está prevista para as 11:00 da mañá na praza do Concello, eso se as condicións climatolóxicas o permiten, e senón celebrarase nun lugar moito máis abrigado como é o Pavillón Municipal de Camariñas. De todos os xeitos, aquí en Camarinas.eu, estaremos atentos de anunciar onde se celebrará definitivamente este acto mediante as nosas redes sociais.
  • O Concello de Camariñas únese ao programa "En Negro Contras as Violencias Machistas"

    Continúa o traballo que dende o Concello de Camariñas se realiza contra esta lacra da nosa sociedade como é a violencia de xénero. Así, este mércores 15 de Novembro de 2017, a concelleira de servizos sociais Sandra Ínsua desprazábase ata Santiago de Compostela para asinar o protocolo para a campaña “En Negro Contra as Violencias Machistas”. Esta é unha iniciativa de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por máis de 50 Concellos galegos, entre eles, Camariñas. Esta importante campaña deste grupo de concellos ten como obxectivos os seguintes puntos:
  • Comezan os talleres de igualdade do Concello de Camariñas

    O pasado luns 30 de Outubro comezaron os talleres de igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto por parte da técnica de igualdade contratada polo Concello de Camariñas. Os talleres van encamiñados a realización de diferentes actividades facendo partícipe a todo o alumnado do centro. Co alumnado de 1º e 2º da ESO estase a traballar mediante vídeos para aprender a distinguir patróns violentos así como as distintas manifestacións de cada tipo de violencia. Tamén se traballan os mitos que sustentan a violencia de xénero e as características e calidades asociadas socialmente a homes e mulleres. Ademais de proporcionarlles información acerca dos recursos que están ao seu alcance para saber como actuar e onde acudir ante unha situación de maltrato.
  • Novas iniciativas contra a violencia de xénero do Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas vai seguir esforzándose na súa loita pola igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero. Para continuar con este compromiso contratatou unha técnica de igualdade acreditada neste campo para comezar cos traballos ao respecto deste lamentable lacra que azouta a convivencia.