• Video da TVG da Mostra do Encaixe de Camariñas 2014

    Este mercores 16 de abril de 2014 inaugurabase unha edicion mais da Mostra do Encaixe, un evento de importancia tal qu soe concitar unha gran presencia de medios de comunicacion. Foi por elo que para ir quentando motores un equipo da Television de Galicia desplazouse ata a Vila das Palilleiras para pulsar o ambiente entre os camarinans ante a inauguracion do maior certame encaixeiro a nivel mundial. Unhas xentes ilusionadas, felices, por poder mostrar a fermosura e a arte da sua vila ao mundo enteiro e que reciben algarazados a importante remesa de visitantes que se achegara dende o 16 ata o 20 de abril. Por elo, como documento historico, vaia este video da TVG para ilustrar o ambiente que se sentia polas ruas de Camarinas o dia da inauguracion da sua XXIV Mostra do Encaixe.
  • Videos promocionais da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas

    Un ano máis Camarñas engalánase para a mellor das Mostras e unha vez máis tamén a implicación de Camarinas.eu na mesma será total, absoluta, sen resquicio algún á improvisación nen ao descanso. Unha cobertura que nesta 24º edición do principal certame encaixeiro a nivel mundial será exhaustiva e que incluirá, ademáis da publicación diaria de canta novidade e noticia aconteza dentro do recinto da Mostra, un módulo especial en exclusiva para as notas de prensa que se vaian emitindo en relación do certame encaixeiro. E para ir quentando motores procedemos a publicar dous documentos gráficos que amosan ben ás claras o que significa a Mostra do Encaixe de Camariñas: o vídeo resumen do ano pasado, elaborado precisamente por Diego Alonso Freire, e o spot promocional da presente edición. Será do 16 ao 20 de abril de 2014 cando o principal acontecemento que sacuda as terras de Galicia aconteza na precisamente por elo chamada Vila das Palilleiras e alí, para a dar máxima promoción xornalística á mesma, estará Camarinas.eu. En corpo e alma ca nosa Mostra do Encaixe.
  • Camariñas no programa da TVG No Bico un Cantar

    En tempos revoltos nada mellor que unha patriotada. E para facer patria en Camariñas hai que acudir aos catro-cinco iconos que unen a todos os veciños por enriba de calquer outra cuestión problemática e que ninguén discute: o Faro, Reira, o Encaixe... e o folklore nacional. Aquí, como resulta obvio, destaca sobor de todo o demáis o auténtico himno oficioso do Concello, un deses cantares, emocionais e definitorios, que si che collen con mal corpo acabas chorando como unha magdalena, tal é a forza de "O Pasar por Camariñas", unha bala de diamante directa ao centro da alma. Nestas o programa da Televisión de Galicia "No bico un cantar" decidío adicarlle unha edición ao gran himno musical da Costa da Morte e ahí Camariñas enviou ao combate a toda a súa potencia de fogo: os irmáns Barcia Trashorras, Os Panchos do Jolfendro, a Coral Municipal de Mulleres, José Luis dende Puerto Rico... para tratar de render a debida homenaxe a un cantar que si non che pon a pel de galiña, unha de dúas: ou non tes sangue no corpo ou non eres camariñán.
  • O Programa da TVG A Revista visita Camariñas

    Hai días nos que son tantas as noticias que recibe esta redacción que literalmente non se da abasto. Hoxe é o caso xa que nos acabamos de enterar de que hai unhas semanas unha unidade móbil da TVG concretamente do exitoso programa matinal da canle autonómica "A Revista" recalou en terras camariñanas para realizar unha pequena pero intensa reportaxe sobre a "Ruta polo litoral de Camariñas". Dita unidade móbil contou coa colaboración da experta en turismo e usuaria de Camarinas.eu Rosa Mouzo Pasantes, a cal foi guía de primeira liña co equipo de grabación da TVG. Así Rosita, tal e como é coñecida popularmente en todo o concello, fai o que mellor sabe e dirixe aos reporteiros hacia os lugares máis emblemáticos e de maior beleza do litoral de Camariñas así como tamén aproveita para contar algunha que outra das anécdotas, mitos e lendas que posúen os paraxes máis fermosos da nosa costa. Un bonito reportaxe co cal queremos felicitar a Rosita pola súa labor na caseta de información turística a prol da promoción do noso concello.
  • O camariñán Duardo de Lisa protagonista do programa de TVE Jara y Sedal

    Rastrexando polas ondas cibernéticas, dando un dos nosos clásicos repasos periódicos, atopamos unha pequena xoia visual que de seguida pasamos a reproducir. Ten un tempo xa, posiblemente uns anos, e nela un clásico dos programas divulgatvos na segunda canle da Televisión Española, Jara y Sedal, elixe como protagonista a un dos nosos veciños. Baseado o episodio en cuestión no mundo da pesca, a elección non podía ser máis acertada cando os reporteiros televisivos, supoñemos que tras preguntar aquí e alá pola vila, acudían na busca do noso querido amigo Duardo de Lisa. Baixo a súa cobertura embarcábanse no que hoxe en día sería dado en chamar un exercicio de pesca extrema, á caza das lubinas no entorno febril e aguerrido de Reira, quedando para os anales como un exemplo perfecto e acabado de dominio dos tempos dunha embarcación nun entorno certamente desfavorable e hostil, en canto sabio coñecemento do medio, perfecto manexo dunha lancha e hábil práctica da pesca deportiva. Un observa a Duardo e pensa en Messi tumbando rivais a base de requiebros imposibles. Un vídeo documental que aínda hoxe, pasados xa uns anos, non deixa de abraiar.
  • Día Histórico en Camariñas: Inaugúrase a estatua da Virxen do Carmen

    Día grande, emotivo, dos que quedan para o recordo na Vila de Camariñas. Fruto da colaboración entre o Concello de Camariñas, Camarinas.eu e a Comisión da Festa do Carmen presidida polo noso gran amigo Rubén Lema, que á fin e á postre foi de quen partío esta acertada iniciativa, Camariñas vivía un día de festa a partires das 13:00 horas deste histórico sábado 22 de decembro de 2012. No seu Paseo Marítimo, ca bendición sacra do Páter camariñán Don Jesús Baneira, cos saltos multicolores da Danza de Arcos, ca máis alta representación institucional, cos membros da Comisión, non foi raro ver signos de ledicia espontánea, infantil incluso, rostros de emoción, bágoas serpenteando furtivas polas meixelas, nos presentes.
  • Xoán Curíel na Casa de Pedra

    Chegaba o cantautor Xoán Curiel á Casa de Pedra despois de realizar xunto ao camariñán Álvaro Trillo unhas xornadas educativas cos chavales do IES Pedra da Águia e chegaba acompañado dunha banda de músicos espectacular na que destaca o noso querido amigo Álvaro Trillo á batería. E foi este pasado sábado 8 de outubro cando saudando a Álvaro éste lle recordaba a un redactor que escribe: "¿acórdaste? Este foi o noso primeiro local de ensaio xuntos". E era verdade aínda que xa non lembrábamos esto, pero ahí estaba Álvaro para recordárnolo como si dunha calculadora humana se tratara. A evolución musical que este gran músico camariñán experimentou dende aqueles tempos onde tantos afeccioados á música o comezamos a admirar foi meteórica. Tanto daba o estilo musical onde Álvaro se involucrara. A súa peculiar forma de entender o ritmo musical vai máis alá do que a moitos nos gustaría imaxinar e a súa visión do grupo como un todo é espectacular. Así, despois de todos os grupos nos que Álvaro colaborou chegoulle a hora de conectar cun grande da música como o grupo do comprometido cantautor Xoán Curiel no cal desvorda a calidade e a imaxinación de tódolos seus compoñentes. Deixámosvos cunha prova delo no concerto que este grupo bordou na Casa de Pedra este sábado 8 de outubro. Para camarinas.eu foi todo un placer e unha alegría inmensa volver a escuitar ao noso amigo e compañeiro Álvaro Trillo na súa batería. Noraboa Álvaro.
  • O programa "Perdidos en Galicia" graba un programa en Camariñas

    Perdidos en Galicia, un programa producido polo novo canle autonómico do grupo La Voz acaba de lanzar o seu capítulo adicado á Vila de Camariñas. Foi hai unhas semanas cando unha cuadrilla de descoñecidos (agora xa máis populares) rodeados con varios cámaras e operadores de sonido deambulaban por Camariñas adiante en busca dos ingredentes necesarios para realizar unha queimada. Ese era o principal argumento deste programa que foi emitido este domingo en prime-time polo exitoso canal galego.
  • O Restaurante camariñán Puerto Arnela na TVG

    Continúa a fiebre televisiva adicada a establecementos hosteleiros de Camariñas. Programa va, programa viene. Se hai tan só unhas semanas a canle V Televisión a través do programa "De Bares" adicáballe unha edición ao Café Bar Arnela, desta volta foi o seu irmán pequeno, o Hotel Restaurante Puerto Arnela, o que era honrado ca visita da TVG. "A Revista", programa ubicado na mañán televisiva do canal galego facía unha pequena reportaxe nun dos principais establecementos hosteleiros da Costa Morte. Foi non hai moitos anos, cinco, seis, cando unha parella de xóvenes camariñáns decidío restaurar unha das máis antigas casas da vila e convertila nun restaurante de calidade, dende aquela un desfile continuo de visitantes de envergadura recalou no coqueto ristorante da Praza do Carme e poido degustar un menú surtido dos mellores productos do noso mar. A elo, en época recente sumouse o espectacular e sublime Bosque de Columnas Pintadas, obra se non de Agustín Ibarrola si do seu alumno máis aventaxado e que permiten saborear un dos mellores menús da Costa da Morte contemplando unha obra artística inmortal e sen igual.
  • Planos do futuro Tanatorio Municipal de Camariñas

    Bueno, pois agora que xa estamos a piques de entrar na fase decisiva que levará ao desenlace da así chamada "La Madre de Todas las Batallas" (batallas electorais, se entende, non vaia ser que nos volvan a tachar de web promotora da violencia máis masiva e xenocida, algo que non poderían volver a soportar os nosos aflixidos e sensibles corazóns: eso sí que no, por favor) imos a deixar constancia en público de cal será o modus operandi do medio de comunicación autóctono líder de todas as costas atlánticas galegas na vindeira campaña electoral. Este non será outro que o da máis estricta imparcialidade e obxectividade, nin a favor de un nin en contra de outro, ou como decía o xornalista deportivo José María García respecto da actitude que caracterizaba a un dos máis famosos dianteiros da historia do Real Madrid: "Emilio Butragueño, ni una mala palabra ni una buena acción". Eso sí, resta únicamente saber respecto das actuacións de que bando aplicaremos cada unha das dúas partes da enigmática frase en cuestión.
  • Anik Nandi graba unha reportaxe sobre Camariñas para a TVG

    O prometido é deuda e si hai exactamente dúas semanas publicábamos na nosa portada que un equipo da Televisión de Galicia comandado polo socio-linguista de orixe hindú Anik Nandi visitara a Vila das Palilleiras por mor de grabar un documental sobre Camariñas, hoxe publicamos a citada reportaxe, dunha duración aproximada de catro minutos e que puido ver toda Galicia na sobremesa do sábado 19 de xuño de 2010 dentro do programa Cultura 10, presentado pola escritora e columnista focense Luisa Castro, dunha duración de media hora e de carácter eminentemente cultural. Sabedor gracias a camarinas.eu da emisión dunha reportaxe sobre a nosa vila, alí estaba ante a pantalla do televisor sobre as 15:15 horas do citado sábado o noso usuario, colaborador e patrocinador Juan Camariñán para visionar e grabar o citado documental para despois facelo chegar a esta redacción e que desta forma todos os usuarios da web máis vista da historia do litoral atlántico galego, aquela que sobrepasou xa con moito os 10.000.000 de visitas, puideran deleitarse ca contemplación das maravillas dun concello único. Documental ademáis que lle tiña reservado os seu minuto de gloria televisiva así como ao noso amigo Bernardino Martínez que oficiou como guía de Anik Nandi por estas terras.
  • Fotos Historicas: Aquelas primeiras edicións da Mostra do Encaixe de Camariñas

    Aproveitando que cara ás 15:00 horas deste mércores 31 de marzo de 2010 dou comenzo a XX Mostra do Encaixe de Camariñas, camarinas.eu quere render unha sentida e sinxela homenaxe a todas aquelas persoas que fixeron posible que o noso concello se convertise na Capital Mundial do Encaixe de Bolillos a través dun Fotos Históricas repleto de imaxes daquelas primeiras e ilusionantes edicións e de máis de media hora do vídeo oficial da Mostra de 1993, incluindo incluso un recordo para aquela edición primixenia organizada por unha xoven Comisión das Festas do Carme de 1978 e celebrada na Escuela Náutica Ramón Noguera Patiño. Un longo periplo iniciado en 1991 que resituou a Camariñas como a primeira potencia global no sector encaixeiro e que acercou ata ás nosas rúas a centos de miles de visitantes. Unhas primeiras edicións, aquelas de inicios dos 90 caracterizadas polas grandes muchedumbres que invadían Camariñas ano tras ano, pola forza de vontade duns cantos visionarios e sobre toda pola ilusión das xentes dunha vila completamente volcadas co experimento novedoso que situaba ao pobo da súa alma durante uns días de Semana Santa no centro de tódalas miradas. Agora que cumpre 20 anos, ¡¡FELICIDADES MOSTRA DO ENCAIXE!!
  • O CEIP "O Areal" celebra o Carnaval cunha procesión por Camariñas

    Na mañá radiante pero fría deste venres 12 de febreiro os rapaces do CEIP "O Areal" de Camariñas celebraron a chegada do Entroido cunha gran comparsa de disfraces que recorrío gran parte do noso pobo. Dita procesión comezou sobre as 11 da mañá na porta da escola e baixou pola mítica e ao mesmo tempo destartalada Rúa Calvario ata chegar a zona da praia de Camariñas onde se detuveron un momento para reorganizar as filas. Despois continuaron ata a Praza do Concello onde a infantil comitiva era esperada por varios concellais e un Alcalde que mostraba o seu lado máis humano cando recibíu aos cativos disfrazados. Despois desta recepción os nenos desprazáronse dirixidos polos seus mestres ata o Pavillón Municipal de Camariñas onde se realizaría un pequeno ágape a base de productos típicos destas datas que os mesmos nenos levaron das súas casas. Cabe salientar que este acto foi desarrollado en colaboración mutua polo CEIP "O Areal de Camariñas", a Asociación de Pais de Alumnos do mesmo e o Concello de Camariñas. Cousa que nos agrada xa que todo saíu perfectamente organizado e sin ningún incidente imprevisto.
  • Anuncio de TV da XVIII Mostra do Encaixe de Camariñas

    Ao longo de toda esta semana pasada xa poidemos ver na TVG e nas desconexións rexionais das distintas televisións de ámbito nacional o que é o anuncio da XVIII Mostra do Encaixe, o cal nos foi remitido por un dos nosos máis queridos usuarios que o capturou él mesmo da televisión. Debemos recordar que este spot foi rodado pola productora coruñesa Lúa Films, que se puxo en contacto con camarinas.eu recabando voluntarios para saír no video, e así a nosa Camariñas Beauty máis cremosa, Maytiña, ten un papel clave que fai do video unha auténtica obra maestra por obra e gracia dunha das camariñanas máis fermosas.
  • O video resumen da Cena do Cancer 2006 en Camariñas

    Xa podes ver os videos largos de camarinas.eu na nosa web. Este video foi producido e donado por netCam dixital Camariñas para a Asociación de Loita contra o Cáncer de Camariñas. Aínda non sabemos cando será a Cena deste ano pero desde aquí queremos ofrecer este espazo para a "Asociación de Loita contra o Cancer de Camariñas" e todas as Asociacións de Camariñas que necesiten dun espazo de comunicación como é este. Un espazo aberto a todos os camariñáns.
  • Video Documental de Camarinas

    Documental de Camariñas en youtube para velo en camarinas.eu, Hoxe amosámosvos un documental que anda pola rede e que trata de mostrar un pouco o que é Camariñas e o que ofrece. Ten algúns erros porque non foi feito por xente de aqui, pero bueno, espero que vos guste.
  • Traballos de limpeza nos camiños de Reira

    En Reira están a limpar as praias e preparar un pouco millor o entornoEsta tarde pasamos por Reira para grabar un pequeno video de como estaba o ambiente por reira e comprobamos que estaban traballando uns operarios de mantemento do Concello de Camariñas limpando o camiño e as praias de Reira. O cámara foi Luis de Kecha e o que levaba o coche Diego Alonso. As imaxes están algo movidas debido ao estado da senda que pasa por Reira, pero esperamos que sea do agrado da xente que está fora de Camariñas. 
  • Video Recopilatorio con xogadas de Tono do Atlántico

    Homenaxe a un do mellores xogadores que saíu de Camariñas. Xa podes ver na web de Camariñas un video recopilatorio con algunhas das mellores xogadas de Tono do Atlántico cando xogaba no Laracha en 3ª División. Algunhas destas xogadas son propias dun xogador de máximo nivel. Hai un gol que marcou Tono que se o marca Ronaldinho temos que velo na tele todos os días... Desexámoslle toda a sorte do mundo na nova empresa na que se embarcou: Adestrador do Mítico F.C. Camariñas. Este video foi recopilado polo propio Tono e nel podemos ver tamén a outro xogador de Camariñas do que teremos outra sorpresa nestes días, Juán Cabrejo. Sorte Tono! Nos verás sempre no campo Hermanas Patiño de Camariñas animándovos.