• Don Manuel Ageitos Souto "Totis", Descanse en Paz

    Comeza Camarinas.eu a súa nova andadura informativa despois de varios meses no dique seco, e o fai cunha triste noticia que enche de amargura os corazóns desta redacción. A noticia que nunca quixemos publicar, a morte do noso querido amigo Manuel Ageitos Souto, máis coñecido en toda esta costa por Totis, aos seus 78 anos de idade. Toda unha lenda viva en Camariñas, querido e respetado por todos e cada un dos veciños da vila das palilleiras, fiel devoto da nosa Virxen do Carmen, danzante sen igual da única e auténtica Danza de Arcos de toda esta franxa atlántica, persoa afable e dicharacheira, sempre aberta ao diálogo con todo aquel que se lle acercara a conversar. Amante do cante, do baile e da festa, pero sobre todo amigo dos seus conveciños. Foise un referente camariñán para tantas xeracións por mor dunha enfermidade que minou a súa ata o de agora inquebrantable saúde en tan só un puñado de tristes, mortais, meses. Dende esta redacción tan só recordalo para sempre coa súa eterna sonrisa e cun corrido mexicano soando de fondo. Descansa en Paz querido amigo.
  • Festas do Carme 2010: 17 de xullo, o ano da redención de Totis

    Tradicionalmente as costas abaixo do 17 de xullo soen ser unha caixón desastre de imprevisibles consecuencias, ahí onde menos o esperas ¡¡bum!! e salta a sorpresa, en ocasións ata un acontecemento histórico. Si o ano pasado asistíamos a unha auténtica avalancha de vellas caras que saían das súas xeriátricas catacumbas, este ano 2010 pasará aos anales da historia da Vila dos Encaixes por ser aquel no que unha persoa que aglutina no seu ser todas e cada unha das virtudes (e defectos) que caracterizan ao pobo mariñeiro de Camariñas por vez primeira nas súas case sete décadas de existencia saltou aos ruedos e, a pesares da esixencia que demandaba a ocasión, idéntica a dun xoven novillero que debuta nunha praza de primeira categoría, cumprío sobradamente, chegando a levantar por ocasións a ovación duns emocionados tendidos. Estamos a falar de Manuel Ageitos Souto, Totis, alma e esencia de Camariñas en estado puro, unha personalidade que bastou que camarinas.eu a situase con ocasión dunha anodina cea no Club Náutico nunha das súas portadas all over the world para recibir, entre anonadado e sorprendido, un aluvión de emocionados recoñecementos chegados vía intercontinental dende Buenos Aires ata New York. E alí, no Paseo Marítimo, como xusto remate a esta inolvidable efeméride, tal e como lle gustaría a Totis, protagonista do posiblemente 17 de xullo máis lexendario en décadas, xusta recompensa a un legado con pegada nos cinco continentes, dúas mulleres de bandeira. A beleza máis absoluta, aquela da que falaba F. Murray Abraham transmutado no frustrado Salieri do mítico film de Milos Forman. Unha xornada que nin unha sinfonía de Wolfang Amadeus Mozart sería capaz de plasmar ante a posteridade. Todo elo como sempre só en camarinas.eu.  
  • Gran Cena de Primavera no Club Nautico: Señor Socio Totis

    A pregunta é clara: na noite de autos do sábado 3 de abril de 2010, entre a II Festa da Zorza, a Gran Cena de Primavera do CNC e os veciños que se decidiron a celebrar as sagradas datas da Semana Santa cunha cena familiar en calqueira dos restaurantes da vila ¿houbo alguén que cenara en casa na mencionada data? Porque si máis de 500 racións foron servidas na Praza do Mercado, unha muchedumbre de socios do CNC inundou o Salón de Actos da que foi a institución náutica pioneira da Costa da Morte para pasar un rato divertido entre amigos, desfrutar das viandas dunha opípara cena e bailar uns cuantos dancings ao ritmo imposto polo triunvirato musical de rigor nestes casos. Unha multitude de asociados entre a que descollou a presencia dunha das últimas fichaxes do accionariado do CNC: a actuación rutilante e estelar de Manuel Ageitos Souto, Totis, leyenda viviente do camariñeo e perfecto representante da alma popular da inmortal Vila de Camariñas, un home en definitiva capaz de animar ca súa arte personal e intransferible os grandes eventos sociais que teñan a ben honrarse ca súa presencia, xa sexa unha cena de camarinas.eu, a Laconada Anual do Puerto Arnela ou a gran Cena de Primavera do noso Club Náutico.