• Xunta de Galicia, a calada por resposta cara os veciños de Camariñas

    Segundo pudo coñecer de primeira man camarinas.eu, a Valedora do Pobo, Milagros Maria Otero Parga, ven de remitir un escrito á representante do colectivo que estivo recollendo sinaturas para demandar un transporte público digno e regular, María Jesús Freire Ramos. Neste escrito a Valedora do Pobo manifesta que, logo de reiterar a demanda de información sobre a denuncia presentada polo colectivo camariñán, a Consellería de Infraestrutura e Vivenda, de quen depende o transporte público, sigue sen dar resposta á Valedora. E van xa dúas demandas de información sobre o mesmo asunto sen que a Xunta de Galicia se dignase contestar ás demandas da Valedora.
  • Cabodano de Don Benedicto Tajes Romar

    Este 25 de novembro de 2017 conmemorarase o primeiro aniversario da morte do querido veciño de Camariñas Don Benedicto Tajes Romar, e despois dun triste ano de ausencia, a súa familia quere facer saber da próxima celebración da misa de cabodano. Esta ceremonia de cabodano realizarase, como dicíamos, o 25 de novembro ás 7 da tarde na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. A súa familia agradece enormemente a asistencia ao primeira aniversario da morte de Don Benedicto e rogan unha oración polo seu descanso eterno. Descanse en Paz.
  • O Coro Brisas do Mar actuará en Luar para conmemorar a traxedia do Serpent

    Comezan a brotar as diversas iniciativas para conmemorar o aniversario do afundimento do HMS Serpent na costa de Camariñas. A primeira da que damos a coñecer aquí trata da actuación do noso querido Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas como estrela invitada no programa Luar que se emitirá en directo na TVG este venres 10 de novembro. E centrará a súa actuación na interpretación a capela da mítica canción composta polo mestre xornalista camariñán Xosé Luis Blanco Campaña adicada aos afogados no naufraxio do Serpent nos baixos da Punta do Boi. 
  • Segunda reunión no Concello de Camariñas para afrontar o problema da drogadicción

    Esta mesma maña , as 11 h.no salón de plenos do Concello de Camariñas, tivo lugar a segunda xuntanza entre representantes do IES Pedra da Aguia, axentes da Policía Local, o sarxento da Garda Civil, as técnicas de servizos sociais, a Concelleira de servizos sociais e o Alcalde de Camariñas. O obxectivo destas xuntanzas e mellorar a prevención no consumo de drogas e, sobretodo, coordinar un plan de acción para facer frente a esta devastadora praga do noso século. Unha das primeiras vías de acción aprovadas nesta xuntanza foi a realizar tareas de  formación e información de pais, nais e xoves para evitar o consumo de estupefacientes, así como a coordinación cos distintos ámbitos de actuación.
  • O Coro Municipal de Camariñas busca novas voces femininas e masculinas

    O Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas coa colaboración da Concellalía de Cultura do Concello de Camariñas ven de abrir unha captación de voces para ampliar o número de participantes nesta xa consumada agrupación coral. A incorporación de novas voces femininas para redondear a xa ben conseguida variedade tonal do conxunto polifónico das nosas mulleres súmase agora a intención do director do coro de incorporar voces masculinas que lle dean o toque de tonos baixos e forza ás pezas interpretadas polo exitoso coro Brisas do Mar. Para elo a dirección desta coral camariñana planea un ensaio este 3 de outubro de 2017 ás 20:00 horas no Centro de Iniciativas Empresariais sito na Rúa Río do Prado, ao lado do Centro de Saúde de Camariñas. Todas e todos aqueles que desexen incorporarse a este exitoso coxunto musical poden poñerse en contacto coa dirección do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas.
  • 17 mozos e mozas recibiron a confirmación en Camariñas

    Outro ano máis os rapaces de Camariñas que se estaban a preparar para recibir o sacramento da confirmación agradeceron a visita dende Santiago de Compostela do Vicario José Antonio Seone. Chegaba o vicario a Camariñas para celebrar esta importante misa pouco antes das 11:00 da maña nun día frío aínda que soleado que fixo de preludio a inevitable chegada do outono ata as nosas terras. Os rapaces, todos eles coas súas mellores galas aínda que algo nerviosos, estiveron á altura de tan importante evento sobretodo despois das sabias e entrañables palabras previas de Mary Luz Ramos, a gran catequista e mellor persoa que leva preparando a estes rapaces e rapazas para celebrar a súa confirmación. Palabras tranquilas e sinceiras que apaciguaron un pouquiño ese nerviosismo que se palpaba no ambiente. Así chegaba o momento máis importante da misa que oficiou con gran sabiduría Don José Antonio que, acompañado polo noso querido cura párroco Don Eduardo, dou a confirmación a un total de 17 rapaces de Camariñas, Camelle e Arou. Despois da misa chegou o turno das fotos que se fixeron os rapaces cos seus seres queridos. Un gran día para a comunidade católica de Camariñas que vío como 17 dos seus rapaces e rapazas se confirmaban na fé cristiana. Noraboa chavales!
  • Este venres comeza a II edición da Exporía de Camariñas

    Nesta nova edición da ExpoRía Camariñas o programa de actividades ofrecerá unha ampla oferta para gozar dun fin de semana en contacto coa cultura mariñeira. Entre as actividades organizadas está previsto a organización dun obradoiro-Itinerario medioambiental para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Co cofinanciamento da Consellería de Educación e Ordenacion Universitaria da Xunta de Galicia. Neste obradoiros coñecerase a flora e fauna (aves) de Camariñas. Realizaranse os dias 19 e 20 de agosto de 11: 00 a 13:00 e requirese inscrición previa. Como continuidade dunha das grandes novidades da primeira edición da ExpoRía de Camariñas está previsto a organización do Campionato de Pesca do Calamar. Segunda edicion deste campionato no Peirao de Camariñas o venres 18 de agosto dende ás 10 da noite. Un concurso de pesca que fará as delicias de gran parte da afición calamareira da vila das palilleiras.
  • A estatua homenaxe a Don Jesús pronto será unha realidade en Camariñas

    Esta edición da nosa Festa do Carmen será un pouco máis especial sobre todo para todos os feligreses da parroquia de San Xurxo de Camariñas. Entre as ausencias que todos teremos presentes na nosa memoria nestes días tan sinalados o pobo de Camariñas poñerá de menos especialmente ao que foi o seu cura durante cáseque 20 anos. E así o quixo homenaxear a comisión de festas con un acto en memoria de Don Jesús Nieto Baneira na véspera do que será o día grande do Carmen 2017. Prolegómeno do que está a vir, xa que a estatua homenaxe ao páter tristemente falecido hai varios meses comeza a tomar forma definitivamente. Despois de que un grupo de veciños se puxera mans a obra para promocionar esta homenaxe para o noso amigo Don Jesús e, sobretodo, para recaudar o importe necesario que sufrague o busto conmemorativo a semellante ser humano que nos guiou espiritualmente durante os derradeiros 17 anos, todo apunta a que en poucos meses contaremos con ese monumento no atrio da nosa igrexa. Tanto é así que os promotores desta homenaxe ao noso querido Don Jesús piden un último esforzo a todos aqueles que desexen colaborar nos donativos para costear o importe total que implica un traballo tan riguroso e especial como o de recrear exactamente o rostro dunha persoa . Os interesados en colaborar económicamente e darlle o último empuxón a esta xusta iniciativa popular tan só teñen que dirixirse ás oficiñas do Banco Sabadell (antes Banco Gallego) de Camariñas e alí mesmo os asesorarán para facer efectivo o donativo en só uns minutos. Para todos aqueles que non podan acudir persoalmente ao banco poden facer o donativo mediante a banca electrónica no seguinte número de conta: IBAN ES 6600812140110006205434. Ao rematar de recaudar os fondos necesarios publicarase a lista de donativos nesta mesma web para que todo o mundo teña constancia do seu aporte. Tan só nos queda un pequeno pasiño para honrar a memoria do noso querido amigo Don Jesús. Entre todos vámolo a facer posible.
  • Vecinos de Camariñas entregan 1.300 firmas para demandar una mejora en el transporte público

    Vecinos de Camariñas entregaron esta mañana 1.300 firmas en la Consellería de Política Territorial, Obras Públicas y Transporte para reclamar un mejor servicio en las líneas de autobús público en esta localidad. En el escrito entregado demandan que se cumpla con el expediente de reestructuración llevado a cabo por las empresas Monbús, Autos Vázquez y Aucasa, tras la segregación de Arriva, y que se haga cumplir la Ley de Transportes de Galicia aprobada en 2013. “Que podamos tener un servicio acorde con las necesidades de las citas al hospital comarcal Virxe da Xunqueira, así como una línea a las ciudades de Santiago y A Coruña”, reclaman los afectados. Los vecinos de Camariñas llevan tiempo demandando una mejora de este servicio, ya que es muy complicado desplazarse hasta otros lugares de la comarca y hasta las ciudades debido a la escasez de líneas.
  • EXPOPEQUES, un salón de comunión e bautizo en Camariñas

    Un grupo de emprendedores, profesionais e artesáns do sector servizos da Costa da Morte veñen de crear un salón aberto a todos os cidadáns no que se dará visualización a todo o relativo coa organización dos eventos familiares dos máis pequenos. Un experimentado grupo de profesionais do sector foron os que idearon o salón chamado ExpoPeques para dar saída á estresante tarefa de organizar con éxito un evento tan importante na vida dos nosos fillos.
  • O noso Cura en estado grave: RECEMOS TODOS POR DON JESÚS

    Segundo fontes da máxima credibilidade ás que acaba de ter acceso Camarinas.eu, o Cura Párroco de Camariñas Don Jesús Nieto Baneira estase debatindo nestes intres entre a vida e a morte como consecuencia dun infarto de miocardio. Todo comenzaba cando esta tarde o lexendario páter camariñán achegábase ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee por mor de facerse unhas probas. Unha vez alí, era derivado de inmediato ata o antigamente chamado Hospital Juan Canalejo da Coruña onde xa foi  ingresado na Unidade de Cuidados Intensivos (UCI). Pouco máis estamos en condicións de decir nestes momentos, cabe só confiar na probada competencia  e solvencia dos facultativos do hospital herculino, na modernidade das súas instalacións e rezar, rezar por este bo cristiano, gran católico e mellor persoa que dende hai aproximadamente un cuarto de século ven desenrolando de maneira exemplar o seu maxisterio de pastor de almas na parroquia camariñana. Máis de 25 anos leva Don Jesús rezando por nós, tócanos a nós agora rezar pola súa pronta curación.
  • Exitosa cena Benéfica a prol da AECC de Camariñas

    Un ano máis a cidadanía de Camariñas volcouse no seu compromiso a prol da loita contra o gran mal do noso tempo: o Cancro. Foi nunha exitosa e concurrida velada onde destacaron as artes distinguidas, señoriais e cercanas do noso amigo José Luis Blanco Campaña que exerceu de insuperable mestre de ceremonias. Ao seu carón a Presidenta da Agrupación Local da Asociación Española Contra o Cancro, María Pilar Insua, e as forzas vivas do concello co seu alcalde Pichurri ao frente. Pero sobre todo centos de camariñáns que entusiastas un ano máis quixeron aportar o seu gran de area nesta loita titánica, coraxuda e infatigable contra un enemigo letal e inmisericorde. Sen embargo, vendo o exemplo dunha humilde vila atlántica perdida nos confíns oceánicos contra este gran Leviathán, un pensa esperanzado que o ser humano acabará, nun futuro non moi lonxano, por sair victorioso desta batalla.
  • Procesión do Encontro de Xesús da Semana Santa en Camariñas

    Nos mesmos días en que procesións de distinto tipo se suceden sen solución de continuidade por toda a xeografía de España, este venres 3 de abril Camariñas non podía ser unha excepción e celebrou unha fermosa conmemoración na que Xesús e a Virxe María acababan por reencontrarse e compartir a súa dor. En efecto, na mañán deste Venres Santo 3 de abril Camariñas procesionou, palabra esta nova que sen que se saiba moi por quén por qué ven de poñerse de moda. Como case todas as estupideces gramaticais ou de pensamento que inexorable e fatalmente acaban por facer sorte e extenderse como a pólvora pola nosa torturada xeografía nacional, de seguro que foi ideada pola prensa patria: nesto o xornalismo segue os derroteiros do resto do país e o seu nivel non pode ser máis lamentable. Procesionouse, sí, polas rúas de Camariñas e os máis incautos, non conscientes aínda da novidade, nin siquera o sabían. Limitábanse a facer o que xa levaban facendo toda a vida. P.D.: Gracias a nosa redactora Sefa Carril Rodríguez polas excepcionais fotografías que ilustran a presente noticia.

  • Bodegón O Percebe, un novo local hostaleiro en Camariñas

    A vila de Camariñas está a vivir neste comezo de primaveira un reflorecemento do seu tecido comercial con aperturas de novos establecementos que veñen, nalgúns casos, a cubrir espacios non ocupados nos seus respectivos sectores. Este é o caso da inminente apertura do Bodegón O Percebe, local especializado en bos viños e boas tapas que rexentan os nosos queridos amigos e veciños de Buría Eva e Pedro, ben coñecidos en terras helvéticas e que hai uns cantos meses decidiron deixar Suiza para voltar á súa terra e montar un negocio nun sector no cal teñen ampla e demostrada experiencia. Así se puxeron mans á obra e este venres 27 de marzo de 2015 inaugurarán por todo o alto o seu novo establecemento hostaleiro con un deseño e bo gusto espectacular ao que sumamos que este local está situado nunha das zonas máis bonitas de Camariñas como é o seu paseo marítimo. E será a partires das 20:00 horas cando poderemos degustar as riquísimas tapas e pinchos variados que teñen preparados Eva e Pedro para repartir gratuitamente entre os seus clientes regados con unha selección dos mellores viños dos cales os nosos amigos nos agasallarán con unha primeira copa. Pois dende a redacción de Camarinas.eu non nos queda máis que desexarlle toda a sorte do mundo a esta preciosa familia que decidíu apostar forte por labrarse un futuro na súa vila. Sorte e a traballar!
  • AXÚDANOS A GAÑAR UN CONCURSO DE RELATOS!

    Varios alumnos de 6º de Primaria do CEIP O AREAL presentamos uns contos a un concurso de "Microrelatos de La Voz de Galicia". O concurso é a nivel de todo Galicia, e gañará o relato máis votado durante a próxima semana en facebook. A gran dificultade e que competimos con rapaces de 1º,2º,3º e 4º da ESO. O relato gañador levará un premio e ademáis será publicado no xornal.  Por este motivo a continuación poñemos os enlaces dos nosos contos para que os podades ler e se vos gustan os votedes:
  • CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO CEIP O AREAL DE CAMARIÑAS

    Este venres no Colexio de Camariñas tivemos un montón de celebracións relacionadas có Día da Paz no no CEIP O AREAL. Neste ano no que estamos a ver numerosas guerras no Mundo como as de Siria ou Ucrania, quixemos facer moitas actividades como forma de pedir que deixe de haber guerras. A Actividade principal deste dia foi a decoración dun tarro e a plantación dunha planta nel por cada grupo de infantil e de primaria.  Na imaxe da esquerda poden ver a planta de 6º, nela aparecen unhas semillas que forman a palabra amor, e delas saen un montón de flores representando que do amor poden saír cousas moi bonitas. E na foto da dereita podemos ver aos alumnos de 1º realizando a plantación no seu tarro. 
  • Primeiro Aniversario de Dona Balbina Ozón Suárez

    Este sábado 13 de decembro de 2014 celebrarase na Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 11:00 horas o cabodano da querida veciña de Camariñas Dona Balbina Ozón Suárez. Dona Balbina faleceu tristemente o 5 de xaneiro de 2013 aos seus 91 anos de idade. A súa familia roga unha oración polo eterno descanso de Dona Balbina e agradecen anticipadamente a asistencia ao seu funeral de Primeiro Aniversairo. Descanse en Paz.
  • Programa do 3º Encontro de Corais de Camariñas

    Este sábado 8 de novembro de 2014 celebrarase na Casa de Pedra a terceira edición do Encontro de Corais de Camariñas. Esta exitosa cita musical levada a cabo polas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas coa inestimable colaboración do Concello de Camariñas terá lugar, coma sempre, na Casa de Pedra da Vila das Palilleiras a partires das 20:00 horas. Contará coa actuación da Coral Aires Bergantiños de Carballo, Coral Areosa de Narón e para finalizar as nosas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas realizarán unha exibición do seu bo facer musical. Unha cita esta terceira edición que se caracterizará tamén pola ausencia dunha das grandes impulsoras deste xa clásico encontro, a Concelleira tan recordada e querida en Camariñas Mari Carmen Linares Chica que de seguro sentirá dende a súa actual residencia en Málaga non poder estar coas súas grandes amigas do Coro Municipal de Camariñas. En todo caso alí estará Camarinas.eu para realizar unha ampla reportaxe do acto para que A Malagueña e todos os Camariñáns que andan polo mundo adiante podan ver todo o acontecido nesta terceira edición do Encontro de Corais de Camariñas.
  • A Danza de Arcos representada polos nenos das actividades de verán do Concello

    Dentro da gran labor que están a realizar os monitores de verán do Concello de Camariñas, a do día de hoxe quedará para enmarcar. Imbuidos polo ambiente festivo que se apodera da Vila das Palilleiras nos días previos a Festa do Carme, decidiron disfrazar aos pequenos de arqueiros da Danza de Arcos e dende o Pavillón Municipal de O Areal fixéronos bailar por toda Camariñas ata o seu porto e despois volta cara arriba. Unha labor que enchío non só de ledicia e ilusión aos máis pequenos senón tamén de orgullo aos maiores, tanto os monitores como todos os transeúntes que tiveron a sorte a contemplar unha estampa que quedará para a historia. A do día na que bailaron polas rúas de Camariñas por vez primeira os arqueiros do futuro.
  • Homenaxe das mulleres do Coro Municipal de Camariñas á Malagueña

    Este martes 24 de xuiño de 2014, Festividade de San Xoán, tomaba camiño dende Camariñas hacia o seu novo destino a nosa amiga María del Carmen Linares Chica. A Malagueña de Buría trasladábase onte xunto a toda súa familia cara Malaga por mor de diversos motivos persoais. E foi por esto polo que as mulleres do Coro Municipal de Camariñas "Brisas do Mar" quixeron homenaxear toda a inxente labor que A Malagueña ten desenrolado dentro do Concello de Camariñas como concelleira do grupo municipal socialista para levar a diante tantos e tantos proxectos como o destas mulleres camariñanas que quixeron recoñecer esa labor. Mari Carmen, quixo retratarse nese día con todas e cada unha destas muilleres para ter un recordo de tan grata relación que se mantuvo durante tantos anos e nos, dende Camarinas.eu tamén nos queremos unir na homenaxe desta a que será para sempre a nosa Malagueña de Buría. Boa viaxe! Voltaremos a vernos!