• O CNC non responde aos seus socios

    Continúan a chegar malas noticias dende o Club Náutico e o camiño emprendido pola súa Xunta Directiva. Se en datas anteriores alertábamos sobre a execución de obras dentro do seu recinto sen a previa concesión de licenza municipal, obras precisamente adxudicadas á empresa familiar dun dos vocais da Xunta, sobre o silencio oficial respecto ao limbo xurídico no que se mantén unha Xunta Directiva non ratificada por asamblea algunha, sobre un local que por momentos parece unha taberna de colegas onde o seu máximo dirixente exercería de camareiro, ou respecto da escasa ansia cobratoria das débedas pendentes, agora temos que constatar con tristeza como a actual Xunta Directiva desprecia olímpicamente a parte da súa masa social, aquela que se mostra máis combativa, e non se digna responder ás solicitudes de información de socios de número da entidade. Algo nunca visto que sirve para constatar (tal e como xa alertara esta redacción no seu momento) a existencia de socios de primeira (os fieles) e socios de segunda sen précticamente ningún dereito máis alá do de pagar a súas correspondentes cuotas, eso sí (os disidentes). Algo vergonzoso e escandaloso nunha entidade que se pretendía exemplar e senlleira no ámbito náutico galego. Os comportamentos dictatorais xa están aquí.
  • Resultado das Eleccións ao CNC

    Hai un episodio ("Trash Of The Titans") da novena tempada dos Simpson que non pode ser máis revelador.  Nel, a base de demagoxia e infundios e gracias á colaboración inesperada dos mesmísimos U2 Homer logra facerse co posto de xefe do departamento municipal de recollida de residuos sólidos urbanos, reemplazando mediante impecable votación democrática ao que ata entón fora un probo, competente e honrado xestor, Ray Patterson. Cando non moito despois (un mes) tras unha xestión especialmente desastrosa e demente, Springfield chega a estourar literalmente nunha explosión piroplástica de lixo e a cidade se atopa na ruina máis absoluta, os desesperados veciños convocados a unha reunión de urxencia no Salón de Plenos municipal rogan de xeonllos ao anteriormente despreciado Ray Patterson que volte a facerse cargo do departamento. Este, unha vez subido ao atril, emocionado e ao borde das bágoas, contestará aquelo de "Me encantará dejarlos sumidos en el caos que ustedes mismos provocaron".