Praia do Ariño

  • Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

    Andaba estes días máis atareado do habitual o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño para deixar todo listo de cara a outra gran edición da Festa da Praia 2017. Este martes 25 de xullo de 2017, Día de Santiago Apostol, celebrarase no merendeiro da praia do Ariño de Xaviña a partires das 12 da mañá a típica misa en honor ao benerado patrón de España e Galicia. Rematada a misa solemne que o noso querido páter Don Mario impartirá coa súa característica sabiduría teóloga chegará o tempo para o lecer coa actuación do Dúo Diamante que será o prolegómeno da tradicional parrrila de sardiñas que os voluntariosos empregados municipais repartirán para todos os asistentes. A continuación será o turno dos xogos hinchables para os máis pequenos da casa. E despois, xa pola tardiña, tocará desfrutar cos diferentes actos musicais que dende o Concello de Camariñas e a Asociación Abrindo Rejo de Xaviña teñen preparadas para todos os que se acerquen a un lugar de beleza incomparable como o é o merendeiro do Ariño de Xaviña. Feliz día de Santiago Apostol!

    Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

  • Xoves 15 de xaneiro: presentación do proxecto Camariñas o Mar Todo

    O Concello de Camariñas convoca aos medios de comunicación á presentación das accións desenvolvidas no marco dos proxectos turísticos “Camariñas, o mar todo” e “Desenvolvemento da zona costeira da praia do Ariño” este xoves 15 de xaneiro, ás 11.30 horas, na Casa da Pedra de Camariñas. Asistirán o alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, o xerente do GAC 3 Costa da Morte, Guillermo González Díez; o concelleiro de Turismo, Sergio Caamaño Fernández; e representantes das empresas responsables da execución do proxecto, Aporta Comunicación e Valora Consultores.
  • Últimas xornadas do Turismo Mariñeiro de Camariñas

    Os profesionais do mar de Camariñas que participaron as últimas semanas nas Xornadas de Turismo Mariñeiro serán os guías dunha ruta polo municipio que se realizará mañá xoves 28 de agosto.
  • Camariñas converte os seus recursos mariñeiros en valores turísticos de vangarda

    O Concello de Camariñas presentou esta mañá os proxectos “Camariñas, o mar todo” e “O Ariño” executados con fondos do europeos do Grupos de Acción Costeira - GAC3 Costa da Morte que teñen como obxectivo valorizar os recursos turísticos de Camariñas co mar como eixo central. No acto estiveron presentes o alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León; o xerente do GAC3, Guillermo González Díez; o concelleiro de Turismo, Sergio Caamaño Fernández; e Pedro Tasende, xerente da empresa responsable da execución do proxecto “Camariñas, o mar todo”. Asistiron tamén empresarios do sector da hostalería, encaixe e marisqueo, todos eles implicados no desenvolvemento de ambas as dúas iniciativas.
  • Cartel del Primer Festival del Legado del Tibu en Xaviña

    Pois xa está aquí, o flamante cartel do primeiro Festival do Legado del Tibu que se celebrará o próximo 12 de xullo de 2014 na área recreativa da Praia do Ariño en Xaviña. O encargado de organizar todos os detalles do evento que promete xuntar a centos de persoas na milenaria parroquia de Xaviña non é outro que o noso querido amigo Félix García Ínsua, hostaleiro de éxito xaviñán en Santiago de Compostela e ás Rías Baixas.  Como decimos, o acto realizarase este próximo 12 de xullo e contará coa actuacións dos mellores Dj´s a partires das 23 horas. Así mesmo, realizarase unha espectacular pulpada e churrascada amenizada por varios grupos musicales de éxito. Desde Camarinas.eu queremos felicitar a todos os nosos amigos integrantes da Asociación LEGADO DEL TIBU por esta gran iniciativa. Para informarse mellor vos recomendamos ler o cartel que nos mandan nosos colegas Félix García e Damian Pereira.
  • Á Búsqueda do Tesouro do Ariño

    Hai uns días un home de orixes descoñecidas, cunha desaliñada melena, unhas botas de auga e un buscador de metais por toda bagaxe, nunha escea que recordaba vagamente a aquel film dos 70 no que un Jean Paul Belmondo condeado a traballos forzados expurgaba de minas trala Segunda Guerra Mundial as praias da Bretaña francesa, presentouse no areal xaviñán do Ariño. Posiblemente ía a búsqueda dun tesouro desaparecido, quen sabe, tal vez a paisaxe paradisíaca evocara no seu maxín as illas desertas do Caribe de Robert Louis Stevenson cas súas cuadrillas de piratas, corsarios e tropas do Gobernador ou do Virrey na súa sempre infructuosa persecución. Ao decir dos presentes conseguío descubrir un botín de 75 euros en monedas dispersas, imprudentemente caídas dos bolsillos de veraneantes domingueros, algún que outro anillo e unha pulsera, o cal tal vez nin siquera cubrira o custo da viaxe. Na lonxanía, no horizonte infinito de baixamar primaveral, afanábanse unhas mariscadoras que posiblemente sacaran maior tallada da xornada. Malos tempos, incluso para a búsqueda de tesouros misteriosos, malos días para entregarse a esperanzas ilusorias.
  • Festa da Praia 2011 no Ariño

    Unha morea de xente deuse cita no Ariño para ver a Mucha e Nucha

    Unha estampida de público foi a que se deu cita o pasado 25 de xullo nos arredores da fantástica Praia do Ariño de Xaviña para ver a Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán, é decir, Nucha e Mucha ("As Cantareiras de Ardebullo"), o dúo humorístico que dende o 2004 leva enchendo de bromas a base da mellor retranca toda Galicia e que chegou a convertirse nunha das atraccións estrela do programa máis visto da TVG: Luar. Así, a eso das 8 menos cuarto facían acto de presenza estes dous grandes humoristas galegos entre a multitude que se agolpaba no pinal do Ariño e que, ao velos chegar, saltou en avalancha para sacar unhas fotos e conversar cos seus heroes televisivos. Alí tamén pudemos ver a nosa querida amiga Chelo (antiga camareira do Bar do Casino) acompañada do seu sobriño Marcos Pereiro e integrante de As Cantareiras de Ardebullo. Toda unha sorpresa. O caso é que este 25 de xullo, festa grande en Xaviña e tamén por extensión no resto de España, houbo moitas máis actividades nesta Festa da Praia organizada exemplarmente pola Asociación Abrindo Rejo de Xaviñapero deixámosvos de agasallo o prato forte deste día especial na praia do Ariño con cerca de 100 fotos da actuación estelar de Mucha e Nucha: As Cantareiras de Ardebullo.
  • Praia do Ariño, Xaviña

    O sol ábrese camiño entre un bosque de pinos no entorno paradisíaco do Merendeiro do Ariño
    O sol ábrese camiño entre un bosque de pinos no entorno paradisíaco do Merendeiro do Ariño

    Unha tarde no Paraíso

    O fértil areal que da de comer a centos de persoas, da pracer a outros tantos miles máis que acuden ao mesmo en busca dun día de praia, dunha comida campestre ou simplemente dun bucólico paseo no medio dunha paraxe idílica. Bruxos, druidas, ninfas e gnomos das antigas lendas celtas veñen á mente dun visitante que tararea imperceptiblemente a canción "Starway to Heaven" dos lexendarios Led Zeppelin mentras contempla abraiado uns pinos que apuntan directamente ao ceo. Tralas recentes aglomeracións masivas que inundaron a Praia e Merendero do Ariño de multitudes afameadas e agradecidas, camarinas.eu decidío comprobar en persoa o embruxo do bosque máis paradisíaco do Concello de Camariñas na emotiva data do 30 de xullo de 2009.

  • Festa de Santa Ana na Praia do Arino, Xavina

    Unha prácida tarde na Praia do Ariño

    Un bosque de conto de fadas parece o merendero da Praia do Arino en Xaviña
    Un bosque de conto de fadas parece o merendero da Praia do Arino en Xaviña

    Pois chegado o 15 de agosto, as dúas redactoras máis cremosas da Costa da Morte Adry e Lucía decidiron ir a celebrar o 1º Aniversario de Camarinas.eu  cunha comida campestre no marco paradisíaco da praia do Ariño coincidindo co Día de Santa Ana, o cal se festexa na Parroquia de Xaviña e no que tradicionalmente a familia de Adry celebra unha das súas típicas e pantagruélicas comidas. Alí as nosas redactoras coincidiron cun gran número de familias xaviñanas que estaban a celebrar a súa festa, cos Veteranos, non da guerra do Vietnam pero casi: os do equipo de fútbol do Camariñas, e ademáis como non podía ser menos estas dúas coquetas belezas aproveitaron este entorno de ensoño para sacarse unhas cantas suxerentes fotos artísticas. Todo elo dentro desta noticia.

  • Unha perla dentro dunha ameixa do ariño

    A Fiebre Perleril xa chegou a Camariñas

    Jose enseña a perla mentras un despreocupado turista xoga a tragaperras.
    Jose enseña a perla mentras un despreocupado turista xoga a tragaperras.

    Xa decía camarinas.eu que este tema do suposto cambio climático non só iba a traer beneficios ben cremosos para os novos gurús muchimillonarios defensores desta teoría os cales viven en Beverly Hills nas súas mansións de 100 millóns de dólares como o renovado político americano Al Gore no seu novo e pouco creible papel de ecologista en acción, e aquí está a prova: O víspera do Carme, o noso querido amigo e usuario Jose "O Ranchito" sentouse na mesa da súa casa para degustar unhas ameixas provintes da Praia do Ariño (Xaviña) cando no medio dun destes bivalvos lle apareceu pegada á súa carne unha preciosa perla. Tivo suerte o noso amigo Ranchito de non hincarlle os dentes pois hoxe estaríamos falando dun home con un par de muelas menos.

    Pois é o que nos queda. Debido ao cambio climático Camariñas vai a gozar desde este mismo ano (previsións dos gurús) de un tempo soleado e caribeño, así os buscadores de perlas da República Dominicana xa están pensando en trasladarse cara a Camariñas, pobo que forma parte da "Ría de Muxía, Merexo, Quintáns, Chorente, Leis, etc" para así procurarse o seu porvenir xa que o así mesmo chamado Cambio Climático deixouos en pelotas. En Camariñas, a día de hoxe, estase a esperar unha avalancha de buceadores de perlas ao estilo daqueles anos dorados da Fiebre do Ouro, cando os ávidos buscadores deste preciado metal enchían os valles de Sutter´s Mill en California nos primeiros momentos dos "Forty-ninners". Pulsa na imaxe para ver unhas cantas fotos da perla atopada no prato deste mariñeiro camariñán.

  • Festa da agrupacion socialista de camarinas na Praia do Arino

    O PSOE celebra a súa festa anual na praia do Ariño

    O escenario dende o que se  impartiron os discursos dos socialistas camariñáns
    O escenario dende o que se impartiron os discursos dos socialistas camariñáns

    Este sábado 12 de xuño, tal e como ven sendo habitual nestes últimos anos, a Agrupación do PSOE de Camariñas celebrou a súa festa anual no merendeiro da praia do Ariño en Xaviña, se ben hai que sinalar que a edición de este ano ven marcada pola escasa afluencia de simpatizantes e militantes, sobre todo se a comparamos co encontro que tivo lugar en xullo do ano pasado e que tivo como visitante de excepción ao Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, amén de outros importantes mandatarios como a Presidenta do Parlamento Dolores Villarino ou o Alcalde de Muxía Félix Porto. Pulsa na foto para ver unhas imaxes do acto.