• Portos de Galicia segue facendo negocio en Camariñas tamén coa auga

    Como xa publicamos fai uns días, Portos de Galicia está nunha cruzada recaudatoria sen precedentes a conta das sufridas e nunca ben tratadas Comisións de Festas que utilizan os espacios portuarios. Pero, para sorpresa deste modesto medio de comunicación dixital, veñen de comunicarnos que coa auga pasa tres cuartos do mesmo: o concello cóbralle a Portos uns 45 céntimos por tonelada e os clientes do Ente Público págana multiplicada polo infinito.
  • Visita de JJ Durán, Presidente de Portos de Galicia, a Camariñas

    Vetados a perpetuidade polo PP camariñán, houbo que probar a pedirlle unha entrevista ao inefable JJ Durán, presidente de Portos de Galicia. É interesante esta novidade que se introduce no panorama mediático dende os populares da Vila das Palilleiras: coñecíamos o caso de medios de comunicación que vetan a políticos, ahí temos o exemplo dos medios públicos e privados golpistas de Cataluña (TV3, RAC 1, Catalunya Radio, La Vanguardia, todos os chiringuitos dixitais subvencionados, etc...), pero a novidade introducida dende Camariñas é a do político que veta a un medio. Posiblemente esta concomitancia entre golpistas cataláns e populares camariñáns se reduzca a que ambos compartan idéntico sectarismo. En fin, torpedeados por aqueles que pretenden ser os nosos propios representantes, ahí fumos papel en man, como xornalistas mendicantes, entregarlle unha solicitude de entrevista á xefa de prensa de JJ para aclarar in personam como afectará a nova normativa recaudatoria de Portos ás festas tradicionais. A xefa, como boa aficionada taurina, dounos un par de encomiables largas cambiadas de moito mérito,entregándonos a cambio unha nota de prensa a maior gloria de JJ que nin era o que pedíamos nin nos vale para absolutamente nada. Pero nós, que non adolecemos do sectarismo patolóxico dos vetadores profesionais, aquí a reproducimos para maior ilustración dos tendidos camariñáns.
  • Portos de Galicia fai caixa a a conta da Festa do Carmen de Camariñas

    Xa é oficial. Para formar parte dunha comisión de festas que pretenda celebrala -coma toda a vida- en terreos portuarios, hai que ser un súper heroe xa que as condicións que pon o Ente Público Portos de Galicia para a utilización do chan afectado polos portos para a celebración das festas patronais, converte aos sufridos cidadáns que se atrevan a organizar unhas festas, para solaz de todos, en auténticos Hércules. Así o establece unha resolución de Portos de Galicia publicada a finais de setembro.
  • O minicriadoiro de ameixa de Camariñas: Un auténtico expediente X

    Houbo unha vez un proxecto innovador e punteiro instalado no Muelle Novo. Baixo unha cúpula de plástico os biólogos e as mariscadoras reproducían millóns de larvas que logo se convertían en bivalvos. Tal era o seu prestixio que acudían en tropel visitas nacionais e internacionais, e mesmo a Xunta de Galicia presumía de tanta innovación e de tan alta tecnoloxía. Todo era fachenda de fartura.
  • Criadeiro de Ameixa: Alerta Máxima

    Como as capas dunha cebola, o tellado do ex-criadeiro de ameixa de Camariñas vai pelando as súas planchas de uralita de xeito metódico e recurrente ata o punto que pode decirse que pasear estes caóticos días de temporal polas inmediacións do Muelle Novo equivale a un aventurerismo certamente temerario. Se o pasado 27 de decembro Camarinas.eu alertaba acerca de como o extinto temporal Dirk se levaba unha das uralitas do seu teito, novas planchas voltaron saír desgaxadas polos aires: os novos temporais que o sucederon continuaron acometendo unha infatigable labor de zapa deste vestixio arqueolóxico camariñán deixado da man de Deus, abandoado á súa sorte pola Xunta de Galicia, de xeito que en calqueira momento, ao albur dunha racha furtiva de vento, unha plancha voadora, alfombra de Aladino mortal, pode causar unha seria desgracia en calqueira veciño da Vila das Palilleiras. É por elo que dende esta redacción damos por segunda vez a voz de alarma sobre o lamentable estado desta decrépita ruina abandoada e pregamos precaución aos nosos para evitar ter que lamentar posibles desgracias persoais. Nesto, como en todo, cómpre salientar o manto de silencio que cobixa as irresponsabilidades e deixacións de administracións públicas de gran calado e que, sorpesivamente coexiste cunha estruendosa vociferación fanática e radical que rodea calqueira suposta actuación/omisión municipal. Como si o perigo, as posibles desgracias, fosen distintas dependendo da súa pertencia a un bando ou outro.
  • O temporal Dirk destartala o ex-criadeiro de ameixas de Camariñas

    Dirk, Dirk Diggler, dotado dunha potencia descomunal, utilizando toda a súa desmesurada extensión e nunha das súas clásicas embestidas furiosas, na noite do 25 de decembro tamén se levou por diante outra das ruinas arqueolóxicas da Vila de Camariñas. Era este o marchito e decrépito criadeiro de ameixa que está criando malvas dende o día aciago de un deses anos negros de ahí atrás en que pasou a mellor vida e deixou a uns cantos no paro. Éstes seguramente non entraran a ocupar o posto precisamente a través o que se di unha durísima oposición e non deixaban de cobrar os seus soldos a través dos impostos que vostedes máis eu pagamos, así que tampouco é que a medida fose demasiado desencamiñada, que se diga. Sen embargo o que xa non se ve tan normal constitúeo o feito de que se deixe ao albur dos elementos todo un mausoleo á maior gloria da reproducción dos bivalvos en plena zona cero de calquer temporal de Deus que che entre por ahí abaixo. E si éste está tan ben dotado como o noso xoguetón Dirk, Dirk Diggler, pois xa me dirán vostedes. Así foi normal que na noite de autos parte do teito de uralita do criadeiro voase polos aires e o resto da estructura quedase en tan precario estado que un destes días ("One of these days", que diría Pink Floyd) voe tamén polos aires e igual se estampe contra a cocorota enaxenada dun cachalote unido que por alí ande paseando desesperado preguntándose por que ninguén lles fai caso, por que dan pena, por que son tan paupérrimos, e o volva unha persoa normal. E así calqueira destes pobres palurdos dementes deixaría de pensar aquelo de "Soy un estrella. Soy una gran estrella. Una brillante y cegadora estrella". E verían a triste e cruda realidade ("Ugly Truth", que diría Soundgarden).
  • Portos arranxa a ponte xaponesa do pozo do muelle de Camariñas

    Dende decembro de 2008 había un anaco do Imperio do Sol nacente transplantado a Camariñas. Asentada sobre unha firme estructura de aceiro unha acristalada ponte colgante unía as dúas ribeiras do Poso do Muelle. Proxectada a obra na época do despilfarro (orzamento de máis de 120.000 €), unha vez rematada a súa instalación e obnubilados todos pola forte impresión estética que dela se desprendía dentro do conxunto non menos apabullante do novo Paseo Marítimo, a ninguén se lle ocurrío calibrar os custos que se desprenderían do mantemento da súa barandilla de cristal ou da reposición do seu chan de madeira.
  • Suceso nocturno no Porto camariñán

    Momento no que a ambulancia procede á evacuación cara ao centro hospitalarioDespregábase tranquila a noite do xoves 28 de xuño en Camariñas, unha máis cos seus trafegos portuarios, cas súas idas e venidas de embarcacións, cando unha súbita incerteza apoderouse do ambiente. Sin saber moi ben os presentes a que respondía, un operativo de emerxencias poñíase en movemento. Desatracaba do Muelle Novo a lancha de salvamento Salvamar Altair e partía con rumbos descoñecidos, nembargantes o seu derroteiro non estaba moi lonxe: a poucas millas do Vilán, o gran cruceiro "Independence of the Seas" que estaba a cubrir a súa ruta, alertara de que un dos seus viaxeiros, Henry Gibson un xubilado de orixe británica, acababa de sufrir un ataque ao corazón e estaba sendo atendido polos servizos sanitarios do buque. Trasladado pola Salvamar Altair ata o Muelle de Curbeiro, alí rápidamente unha ambulancia procedeu a evacuar ao ferido ata o Hospital Comarcal de Cee, acompañado en todo momento por unha facultativa do buque mencionado. Desta maneira pechábanse uns feitos dos que nun primeiro momento se chegou a rumorear que se tratara dun iate fondeado no medio das augas do Porto de Camariñas dende o que se precipitara ás augas un dos seus tripulantes consecuencia dun ataque ao corazón fulminante.

    Fotos: Michael Pérez Riveiro
  • A Xunta de Galicia pecha o criadeiro de ameixa de Camariñas

    Estase a instalar a máis pura desolación no Muelle Novo de Camariñas. Primeiro, foron as inversións muchimillonarias prometidas no seu día a bombo y platillo por Álvarez-Campana (¡¡ay, xa decíamos nos: si de Presidente de Portos de Galicia estuvera un Campaña!!) xunto aos seus mariachis locais para ver si estes por unha vez lograban gañar as eleccións municipais e que nin para eso serviron, inversións que ninguén nunca verá,  volatilizadas na máis pura farsa, despois o intento de golpe de estado no que anda enfrascada unha minoría radical e violenta nesa mesma explanada do Muelle Novo (mesmos cans pero con distintos collares, con perdón para os cánidos), aferrados desesperados como un cravo ardendo a un bar-restaurante, e agora o despido de seis traballadores e o peche dun servizo básico para o sector do marisqueo en Camariñas e en Galicia. Non, polo que se ve non corren moi bos tempos para a explanada do Muelle Novo. En todo caso, aquí en camarinas.eu procedemos a publicar a nota de prensa remitida polo Concelleiro de Urbanismo, Desenvolvemento Empresarial, Mar e Traballo, Sergio Caamaño:

  • Porto de Camariñas: A Gran Mentira do 2011

    Non queríamos aquí en camarinas.eu rematar o ano que recén acaba sen deixar constancia ante a posteridade do que foi posiblemente o maior engano de toda a historia do Concello de Camariñas, a mentira máis ignominiosa, vergoñante e desvergonzada en todo o acontecer histórico destas benditas terras.  Os seus protagonistas: o agora defenestrado ex-Presidente de Portos de Galicia José Manuel Álvarez-Campana e toda a súa cuadrilla local, sen dúbidas sabedores do engano masivo que se perpetraba o día 10 de abril de 2010 contra as xentes de Camariñas, día que todos lembramos como o da presentación por todo o alto, TVG incluida, na Cofradía de Pescadores do así chamado rimbombantemente "Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI", o conxunto de sete actuacións destinadas a cambiar o borde portuario da Vila das Palilleiras para sempre e que estaban orzamentadas inicialmente en 11,2 millóns de euros.
  • Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI

    O día 10 de abril de 2010 pasará á historia da Vila de Camariñas con letras de ouro. Posiblemente, un dos días máis importantes da súa historia, senón o máis importante. Asesmesmo o día que acabou ca lenda negra de que os gobernos populares na Xunta de Galicia non invertían no Concello de Camariñas. Porque a impresionante batería de investimentos que na soleada e radiante mañán deste primaveral sábado de abril foi presentada na Lonxa Nova da Vila dos Encaixes deixará obras por un valor  nunca antes visto, 11,2 millóns de euros, a inversión máis grande acometida por goberno algún na historia do Concello, e dotará a Camariñas dunhas impresionantes instalacións pesqueiras e náutico-recreativas culminando asemesmo o acondicionamento do borde marítimo ca construcción da fase do Paseo Marítimo que vai dende o Canzorro ata a Punta da Carnicería. O principal responsable deste milagro inversor que en tres anos revolucionará a nosa vila: Jose Manuel Álvarez-Campana, Presidente de Puertos de Galicia.
  • Os restos do naufraxio do Buque Mercante Kea chegan ao porto de Camariñas

    Os numerosos veciños da Vila de Camariñas que habitualmente saen a pasear polo seu espléndido paseo marítimo puideron observar ao longo desta última semana como ao final do mesmo, en terreos pertencentes ao antigo espigón, esmorecían esvaídos con serios desperfectos no seu casco, sobre todo pola banda da popa, os restos do que foi un bote de salvamento. Trátase dos restos do buque mercante abanderado de conveniencia nas Illas Barbados Kea, que na súa ruta dende a imperial San Petersburgo ata a caribeña Santa Marta (Colombia) foi a naufragar o pasado 30 de marzo de 2010 a 160 millas do Cabo Vilán, cando un forte golpe de mar fixo que se desprazase a súa carga o que provocou o seu inmediato afundimento.  O naufraxio trouxo consigo a desaparición de dous dos mariñeiros dunha tripulación total de 24 homes, os cales na data presente aínda están a ser intensamente buscados polos servizos de salvamento. O que si se atopou finalmente no mar pola lancha Salvamar Altair foi o bote de salvamento que xace ferido de morte no espigón camariñán. Aquí en camarinas.eu, como a pesar dos nosos antecedentes familiares, o que é saber de mar non sabemos moito (máis ben nada), decidimos visitar os restos do Kea acompañados dunha auténtica fiera marina: o noso gran amigo e usuario "O Rancho Junior", o cal procedío a impartirnos unhas sabias leccións maxistrais que fixeron todo máis fácil de dixerir.
  • Naufraxio do barco Leixón no Porto de Camariñas

    Esta venres 27 de novembro sobre as 9 e media da mañá a redacción de camarinas.eu recibía a chamada sobrecolledora dun usuario desta web que anunciaba estrepitosamente que o Leixón, barco propiedade do noso querido amigo Jesús Pensado Suárez e con matrícula 3ª CO-5-007-93, estaba a sufrir unha grave vía de auga en pleno porto de Camariñas e que o seu afundimento era inminente.  Ao momento dirixímonos ata o porto de Camariñas, concretamente a zona do espigón e alí xa vimos que o barco, en trámites de traspaso aos fillos do propietario, estaba completamente afundido. Ao parecer a embarcación viña de faenar polas proximidades da costa de Camariñas e sofreu un trance cando se lle abrío unha vía de auga co que, a toda máquina, regresaron a porto axudados por outra embarcación, dándolle tempo soamente de salvar os aparellos. Pulsa na imaxe para ver un video do naufraxio do Leixón no porto de Camariñas.
  • Instalacion da Plataforma flotante de engorde de ameixa no Porto de Camariñas

    Provindo os redactores de camarinas.eu de antigas familias mariñeiras de Camariñas, era obvio que todo o atinxira ao mar acabaría tendo o seu propio espacio na web máis vista da Costa da Morte. Nace así Noticias do Mar , a sección que recollerá todas aquelas noticias que se produzcan na nosa vila e que estén vencelladas ao mundo da pesca, do marisqueo ou da acuicultura. Como é o caso da Plataforma de engorde de ameixa que na mañán deste martes os técnicos do Centro Tecnolóxico do Mar procederon a instalar en principio ata o 31/12/2011 no pantalán máis occidental do CNC ca colaboración imprescindible do persoal do mesmo. Pulsa na imaxe para ler unha noticia sobre o mundo do marisqueo que se aveciña.
  • A Xunta de Galicia instalará en Camariñas unha plataforma de engorde de ameixa

    Rastrexando como jabatos o mundo cibernético en busca de noticias que poder arroxar aos nosos innumerables lectores, hoxe na web da axencia europapress atopamos unha noticia que reincide na importancia do porto de Camariñas como un dos principais da Costa galega. Así, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que preside en funcións Carmen Gallego, nunha das súas últimas decisións decidío costear  o cultivo da ameixa no noso porto a través da instalación dunha plataforma flotante na que se atenderá a fase de preengorde da semente para logo rexenerar as zonas de producción do molusco.
  • L'Hirondelle: non se confirman os analisis positivos da Policia

    Pois de confirmarse as últimas informacións sobre a non existencia de drogas de ningún tipo a bordo do iate holandés L'Hirondelle e a inocencia dos dous tripulantes do mesmo, estaríamos ante outra noticia destartalada (unha máis) de camarinas.eu. De feito, estamos pensando en crear unha sección con este nome: Noticias Destartaladas. Ahora falando en serio,  si demos por certas as noticias sobre a existencia de certas sustancias no iate foi pola fiabilidade e solvencia das fontes das que proviñan e que asemesmo fixeron que medios da credibilidade e experiencia de "La Voz de Galicia ou "El Correo Gallego" tamén as deran pos boas. O que fixo camarinas.eu foi anticipar os resultados positivos dos análisis practicados pola Policía que con posterioridade reproduciron os diversos medios autonómicos e nacionais. En calquer caso, ahí estivemos: en primeira línea.
  • Porto de Camarinas: Un iate sospeitoso de transportar droga apresado en alta mar

    Esta mañá ao redor da unha da tarde os camariñáns que paseaban polo muelle novo de Camariñas asistiron asombrados a un movimiento fóra do normal, xa que o novo peirao camariñán estaba cheo de policías nacionais, axentes da Axencia Tributaria e de Aduanas. Nun principio non sabíamos a que se debía a formación de tal dispositivo, pero temíamonos que se tratase dun alixo de droga capturado en alta mar. Tratábase do iate "L'Hirondelle" de bandeira holandesa, tripulado por dúas personas e procedente do sur de España. Os axentes rexistraron o barco e estaban á espera da chegada das autoridades xudiciais competentes para levantar o cargamento que o iate traía consigo.
  • A NOVA LONXA, O PEIRAO E OUTRAS INFRAESTRUCTURAS

    O porto de Camariñas reúne unha serie de condicións que fan del un dos mais seguros de toda a costa galega. Sempre foi así dende a construción do novo dique de abrigo, durante a presidencia de Fernando González Laxe. Durante moitos anos negóuselle a posibilidade de medrar xa que o proxecto de porto, deseñado naquel momento, foi esquecido pola Xunta de Galicia ate tempos moi recentes. Hoxe, entre o xa construído e o proxectado, Camariñas non solo terá o porto mais seguro de toda a Costa da Morte senón, tamén, o mellor dotado.