• Da comezo o programa "O Mar na Escola 2018" do Concello de Camariñas

    Esta semana daba comezo o exitoso programa do Concello de Camariñas "O Mar na Escola". Unhas actividades pioneiras en Galicia e promovidas dende a Concellalía de Deportes de José Manuel Canosa Campaña e que tratan de levar aos colexios unha serie de deportes náuticos como a vela lixeira ou o kayak entre outros tendo unha gran aceptación entre o alumnado de todos os centros educativos do concello. Este ano participan de novo o IES Pedra da Águia con 26 nenos, o CEIP da Ponte do Porto con 25 nenos e finalmente o CEIP O Areal de Camariñas con un total de 33 alumnos que terán estas actividades en horario lectivo. Un total de 84 nenos de todo o concello que desfrutarán sanamento dos deportes náuticos gracias a este programa que desenrolan dende o Concello de Camariñas. Dende esta web queremos felicitar e tamén apoiar públicamente a todos os que fan posible estas actividades e sobretodo agora, tendo en conta que o club náutico parece estár máis enfocado en organizar feiras de non se sabe que para maior gloria do seu secretario que para a promoción dos deportes náuticos en Camariñas que é realmente para o que foi concebido.
  • Mar na Escola no Poso do Muelle

    Agora que moi serios interrogantes sobre o seu futuro poderían abrirse en breve, nada mellor que trasladar por un día as actividades de O Mar na Escola ata a paraxe centenaria do Poso do Muelle. Alí foi onde posiblemente por vez primeira en toda a súa dilatada historia marítima, na mañán dun desapacible xoves 11 de abril de 2013, as súas antigas pedras contemplaron un encontro de kayak polo. Estampa desacostumada polo inédita, elo supoñe unha interesante suxerencia de destino futuro para un enclave clásico do entramado urbán de Camariñas, unha estampa que leva remotamente ata imaxes  como as dun Gran Premio de Fórmula 1 polar rúas de Mónaco ou ás salvaxes carreiras hípicas do Palio na medieval Plaza Central de Siena, adaptado todo elo ás características privilexiadas da que constitúe a orixe do maior conxunto portuario da Costa da Morte, aquel que estaba chamado a albergar á maior flota do seu tempo. Insuficiente a súa estructura para dar axeitada resposta ás necesidades dun século que recén comenza, o Poso do Muelle adáptase flexible ao ritmo dos novos tempos.
  • Un gran premio ao Colexio O Areal pola súa implicación no programa O Mar na Escola

    O Colexio O Areal de Camariñas ven de colleitar hoxe un dos seus máis grandes recoñecementos. En toda a historia deste entrañable colexio camariñán nunca (que nos recordemos) se lle concedera un premio de tal calibre como o "Premio Anual do Deporte Galego 2011-12" como mellor centro educativo de Galicia pola súa promoción do deporte en idade escolar gracias ao Proxecto Mar na Escola. Proxecto que foi realizado conxuntamente co Concello de Camariñas e no cal tamén colaboraron entidades como o Club Náutico ou tamén (¿por qué non dicilo?) Camarinas.eu publicando e apoiando esta iniciativa dende o seu inicio alá polo ano 2007. A canteira deportiva de Camariñas está a acadar uns niveles nunca vistos gracias a iniciativas como esta do Colexio O Areal e ao apoio incansable dun concello volcado no máis importante: a educación dos nenos. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a todo o persoal do Colexio O Areal de Camariñas polo premio que acaban de recibir e ao Concello de Camariñas polo seu apoio incondicional a esta iniciativas. Noraboa e a seguir sendo exemplo!!