• Da comezo o programa "O Mar na Escola 2018" do Concello de Camariñas

    Esta semana daba comezo o exitoso programa do Concello de Camariñas "O Mar na Escola". Unhas actividades pioneiras en Galicia e promovidas dende a Concellalía de Deportes de José Manuel Canosa Campaña e que tratan de levar aos colexios unha serie de deportes náuticos como a vela lixeira ou o kayak entre outros tendo unha gran aceptación entre o alumnado de todos os centros educativos do concello. Este ano participan de novo o IES Pedra da Águia con 26 nenos, o CEIP da Ponte do Porto con 25 nenos e finalmente o CEIP O Areal de Camariñas con un total de 33 alumnos que terán estas actividades en horario lectivo. Un total de 84 nenos de todo o concello que desfrutarán sanamento dos deportes náuticos gracias a este programa que desenrolan dende o Concello de Camariñas. Dende esta web queremos felicitar e tamén apoiar públicamente a todos os que fan posible estas actividades e sobretodo agora, tendo en conta que o club náutico parece estár máis enfocado en organizar feiras de non se sabe que para maior gloria do seu secretario que para a promoción dos deportes náuticos en Camariñas que é realmente para o que foi concebido.
  • Un gran premio ao Colexio O Areal pola súa implicación no programa O Mar na Escola

    O Colexio O Areal de Camariñas ven de colleitar hoxe un dos seus máis grandes recoñecementos. En toda a historia deste entrañable colexio camariñán nunca (que nos recordemos) se lle concedera un premio de tal calibre como o "Premio Anual do Deporte Galego 2011-12" como mellor centro educativo de Galicia pola súa promoción do deporte en idade escolar gracias ao Proxecto Mar na Escola. Proxecto que foi realizado conxuntamente co Concello de Camariñas e no cal tamén colaboraron entidades como o Club Náutico ou tamén (¿por qué non dicilo?) Camarinas.eu publicando e apoiando esta iniciativa dende o seu inicio alá polo ano 2007. A canteira deportiva de Camariñas está a acadar uns niveles nunca vistos gracias a iniciativas como esta do Colexio O Areal e ao apoio incansable dun concello volcado no máis importante: a educación dos nenos. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a todo o persoal do Colexio O Areal de Camariñas polo premio que acaban de recibir e ao Concello de Camariñas polo seu apoio incondicional a esta iniciativas. Noraboa e a seguir sendo exemplo!!
  • Escola de Vela do Concello de Camarinas

    Os camariñáns que participaron na regata celebrada en terras (bueno, mellor mares) de Corcubión recibiron numerosos premios. Na 9ª Concentración de Escolas de Vela da Costa da Morte os nosos representantes da Escola de Vela do Concello de Camariñas realizaron un papel destacado en todas as categorías. Os rapaces de Camariñas teñen un futuro moi prometedor dentro desta especialidade deportiva. Desde camarinas.eu desexámoslle moita sorte.
  • Despiste dun yate de nacionalidad holandesa

    O Holandés Errante embarranca na Vasa. Hoxe, a primeira hora da tarde, fumos testigos dunha historieta realmente cómica: un yate de nacionalidade holandesa introducíuse na Vasa de Camariñas pensando que había calado suficiente. O caso é que chegou ata casi o final da Vasa cando empezou a baixar a marea ata que quedou totalmente en seco. Ahora tócalle esperar a que suba a marea... Pois como siga con esta pericia náutica a este paso vaille tocar seguir a estela daquel lexendario buque da mesma nacionalidade condenado a vagar eternamente polos mares...