• Presentación do libro do Carmen 2014 e galería de fotos da procesión do 16 de xullo

    Ao día seguinte de recibir a visita da Comisión da Festa do Carmen para facer amosar o Libro publicitario da máis grande festividade mariñeira do Arco Atlántico, procedemos en Camarinas.eu a publicar a avalancha fotográfica do que dou de sí o Carmen 2014. Unha manada gráfica incontible que campará desbocada entre a imaxinería colectiva da veciñanza camariñana. Tal vez sexa mellor así, xusto dous meses despois, ca debida perspectiva que otorga o tempo, cando poidamos retrotraer os nosos recordos aos días centrais de xullo de 2014 e calibrar en toda a súa intensidade o que supoñe o Carmen para un corazón camariñán. Porque se hai alguén consciente da forza magnética irresistible da festividade en honor a Patroa de todos mariñeiros é a redacción de Camarinas.eu e así puntualmente con cada edición do director da mesma vólcase en colaboracións desinteresadas consistentes en deseño do cartel, cesión gratuita de centos de fotografías que despois serán postas á venta pola Comisión, ca entrega de cadros para a súa subasta nas distintas ceas recaudatorias, en publicidade na web... Pero ainda así, todo será pouco para a nosa Festa do Carme. Para solaz e divertimento do pobo camariñán, en calqueira lugar do globo onde se atope, ahí vai a máis extensa, compacta e impresionante galería fotográfica que un pode botarse ás fauces nestes gráficos tempos.