• Carreira "Save the Children" no CEIP O Areal de Camariñas

    O xoves, día 22 de febreiro, celebramos no CEIP O Areal de Camariñas a partires das 12:30h unha carreira solidaria con motivo do día da Paz. Lembrar que esta prova xa fora aprazada polo mal tempo.
  • Xa a venta o calendario solidario da SD Camelle a prol da familia de José Secundino

    Non deixan de sucederse as iniciativas solidarias a prol da familia do querido veciño de Camelle José Secundino Suárez tráxicamente falecido hai uns meses deixando desvalida a súa xoven familia. Despois de tantas e tantas iniciativas solidarias para lograr que esta desamparada familia tivera en propiedade a súa casiña, tiñamos noticia en exclusiva da xenerosa doación de 6000 euros con destino á viúva do noso querido amigo defunto que un anónimo dende Carballo lle entregara ao noso estimado páter Don Eduardo Puga. Outra iniciativa da que tamén se fixeron eco medios como La Voz de Galicia chegou da orixinal idea de confeccionar un calendario solidario a prol da familia de José Secundino da SD Camelle. Proxecto solidario desarrollado e costeado polo fotógrafo Diego Alonso Freire que rápidamente entusiasmou a toda a directiva do club camellán e que se poñe agora á venda en diversos establecementos asociaciados . Os lugares onde se pode adquirir este calendario solidario a prol da familia de José Secundino son na maioría de establecementos comerciais socios da SD Camelle como o Café Bar A Molinera ou o Pub Marítimo na vila camellana. Os veciños de Camariñas interesados en adquirir este calendario poden facelo no mesmo estudio de Diego Alonso Fotógrafo por un simbólico importe de 3 euros que se ingresarán directamente na conta da viúva de José Secundino. Pouco ou nada podemos facer para aliviar esa inimaxinable dor que esta familia está a pasar por tan tráxica e repentina pérdida, pero o que si podemos facer entre todos é axudar en todo o que podamos para sacar adiante a esas tres criaturas de Tatiana. José Secundino, alá onde estea, estará orgulloso dos seus veciños.
  • Un anónimo dona 6000 euros para a familia de José Secundino de Camelle

    Despois da traxedia máis abosluta que se cebou con Camelle coa repentina morte do xoven pai de familia José Secundino, chegou a esperanzadora axuda que todo un pobo brindaba exemplarmente hacia a desvalida familia do noso querido amigo que deixaba a súa muller Tatiana viúva, con dous fillos de 2 e 6 anos e un pequeniño en camiño. Achegas económicas dende asociacións, institucións, clubes deportivos, persoas de todo o concello así como autónomos e profesionais que se ofrecían voluntariamente para axudar na medida das súas posibilidades a esta familia que se sumía na desesperación trala morte do seu amado pai. Todos unidos, nun exemplo de solidaridade sen precendentes, para tratar de levar adiante a esta xoven nai que queda viúva con tres pequenos e que quedaba desamparada trala terrible e desgraciada morte de José Secundino, ata chegar con estas axudas a mercar unha casiña en Camelle para esta familia.
  • O xoven José Secundino Suárez Suárez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

    Desgracia total na mañán deste frío mércores 29 de novembro. Ao momento que ía espertando a vila de Camelle comezaba a correr a terrible noticia da tráxica morte do querido xoven camellán José Secundino Suárez Suárez aos seus 37 anos de idade. Ao parecer, e á espera aínda dos resultados da autopsia, o corpo sen vida do noso amigo fora encontrado na súa casa de Camelle polos seus familiares que nada podían facer xa polo seu ser querido. Conmocionados aínda por tan inesperada e repentina morte dun dos nosos mellores amigos en terras camellanas, dende esta redacción aínda non asimilamos a magnitude desta perda e non damos creto ao acontecido. Secundino, sempre cun sorriso no rostro, persoa educada e tranquila, sempre afable e desposto a axudar, estaba casado e era pai dunha nena e un neno de corta edade e esperaba outro bebé da súa esposa: A traxedia máis absoluta para unha familia, para un pobo e para todos os seus seres queridos. Tocará agora por parte de todos velar polo benestar da súa xoven familia que queda, despois desta terrible desgracia, sen o seu querido pai e sumida nunha tristeza irreparable. Dende aquí queremos unirnos na dor insufrible que está a padecer toda a familia do noso querido amigo José Secundino e expresarlle as nosas máis sinceiras condolencias aínda que sabemos que pouco ou nada van a consolar este penoso calvario que están a sufrir. DEP amigo.
  • Procesion do Sacramento de Camelle

    Camarinas.eu segue facendo máis pola unión das xentes do concello en torno a unha idea común que todas as asociacións civiles e políticas do concello xuntas e desta volta procedemos a publicar unha amplia reportaxe fotográfica dunha das máis antigas tradicións que todas as boas xentes de Camelle repiten ano tras ano con gran entusiasmo e devoción: a da Sagrada Procesión do Sacramento que ten lugar a comenzos de cada setembro e onde unhas impresionantes alfombras florais toman todo o protagonismo e demostran  o bo facer e o arte duns veciños especialmente implicados en todas aquelas inicativas e proxectos colectivos que beneficien ao Camelle da súa alma. Camarinas.eu volve aos seus oríxenes, a onde comenzou todo, cunha impresionante galería fotográfica de 90 imaxes que deixa constancia dunha das manifestacións colectivas máis fermosas e antigas deste Concello.