• Portos de Galicia segue facendo negocio en Camariñas tamén coa auga

    Como xa publicamos fai uns días, Portos de Galicia está nunha cruzada recaudatoria sen precedentes a conta das sufridas e nunca ben tratadas Comisións de Festas que utilizan os espacios portuarios. Pero, para sorpresa deste modesto medio de comunicación dixital, veñen de comunicarnos que coa auga pasa tres cuartos do mesmo: o concello cóbralle a Portos uns 45 céntimos por tonelada e os clientes do Ente Público págana multiplicada polo infinito.
  • Visita de JJ Durán, Presidente de Portos de Galicia, a Camariñas

    Vetados a perpetuidade polo PP camariñán, houbo que probar a pedirlle unha entrevista ao inefable JJ Durán, presidente de Portos de Galicia. É interesante esta novidade que se introduce no panorama mediático dende os populares da Vila das Palilleiras: coñecíamos o caso de medios de comunicación que vetan a políticos, ahí temos o exemplo dos medios públicos e privados golpistas de Cataluña (TV3, RAC 1, Catalunya Radio, La Vanguardia, todos os chiringuitos dixitais subvencionados, etc...), pero a novidade introducida dende Camariñas é a do político que veta a un medio. Posiblemente esta concomitancia entre golpistas cataláns e populares camariñáns se reduzca a que ambos compartan idéntico sectarismo. En fin, torpedeados por aqueles que pretenden ser os nosos propios representantes, ahí fumos papel en man, como xornalistas mendicantes, entregarlle unha solicitude de entrevista á xefa de prensa de JJ para aclarar in personam como afectará a nova normativa recaudatoria de Portos ás festas tradicionais. A xefa, como boa aficionada taurina, dounos un par de encomiables largas cambiadas de moito mérito,entregándonos a cambio unha nota de prensa a maior gloria de JJ que nin era o que pedíamos nin nos vale para absolutamente nada. Pero nós, que non adolecemos do sectarismo patolóxico dos vetadores profesionais, aquí a reproducimos para maior ilustración dos tendidos camariñáns.
  • Portos de Galicia fai caixa a a conta da Festa do Carmen de Camariñas

    Xa é oficial. Para formar parte dunha comisión de festas que pretenda celebrala -coma toda a vida- en terreos portuarios, hai que ser un súper heroe xa que as condicións que pon o Ente Público Portos de Galicia para a utilización do chan afectado polos portos para a celebración das festas patronais, converte aos sufridos cidadáns que se atrevan a organizar unhas festas, para solaz de todos, en auténticos Hércules. Así o establece unha resolución de Portos de Galicia publicada a finais de setembro.
  • Portos arranxa a ponte xaponesa do pozo do muelle de Camariñas

    Dende decembro de 2008 había un anaco do Imperio do Sol nacente transplantado a Camariñas. Asentada sobre unha firme estructura de aceiro unha acristalada ponte colgante unía as dúas ribeiras do Poso do Muelle. Proxectada a obra na época do despilfarro (orzamento de máis de 120.000 €), unha vez rematada a súa instalación e obnubilados todos pola forte impresión estética que dela se desprendía dentro do conxunto non menos apabullante do novo Paseo Marítimo, a ninguén se lle ocurrío calibrar os custos que se desprenderían do mantemento da súa barandilla de cristal ou da reposición do seu chan de madeira.