• A ITV de vehículos agrícolas regresa á Ponte do Porto

    A Unidade Móbil 3 de inspección técnica de VEHÍCULOS AGRICOLAS desplazarase ata o Concello de Camariñas nas datas do 17/04/2018 ao 18/04/2018 para atender a todos os cidadáns que necesiten pasar esta inpección aos seus vehículos agrícolas. Os técnicos da empresas Supervisión y Control estarán atendendo a todo aquel que o necesite no Paseo Fluvial da Ponte do Porto) en horario habitual de atención de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás o 18/04/2018 que será horario só de mañá. Para solicitar cita previa poden facelo por teléfono no número 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com
  • A ITV volve a Camarinas

    A unidade móbil da ITV volve a Camariñas para realizar as pertinentes inspeccións de motos, motocicletas e moto-reactores pero desta vez non so estarán na Vila dos Encaixes se non que desprazaranse un día hacia a Ponte do Porto para realizar alí as inspeccións obligatorias a tractores. Para os ciclomotores de ata tres anos non fará falta cumprir coa obriga de pasar esta inspección pero a partir deste primer trienio terá que realizarse a ITV cada dous anos. Para as motocicletas só se terá que realizar a partir dos catro anos de edade da motocicleta tendo que regresar a facela cada dous anos sendo obrigatorio levar en ambos casos o Cartón de Inspección Técnica de Vehículos así como o Permiso de Circulación do vehículo. Pulsa na imaxe para saber os días nos que a unidade móbil da ITV visitará o noso concello.
  • ITV para motos en Camarinas

    As estruendosas explosións sónicas da clásica Moto-reactor camariñana que perforaban os nosos sufridos tímpanos a unha aceleración decibélica ensordecedora poden haber chegado ao seu fin. O caso é que a unha web como camarinas.eu nacida no seno do pobo humilde ("eu nacín en Castrelo, entre o esterco...", como di a menudo un gran amigo desta redacción) gústalle siempre patear as calles en busca de información fresca que ofrecer aos seus lectores, e desta forma na mañán de hoxe atopamos que a empresa Supervisión y Control estaba a pasar no Pavillón Municipal de Camariñas a ITV ás motos incidindo de maneira especial no control dos decibelios sónicos emitidos polas mesmas.