• Comezan os talleres de igualdade do Concello de Camariñas

    O pasado luns 30 de Outubro comezaron os talleres de igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto por parte da técnica de igualdade contratada polo Concello de Camariñas. Os talleres van encamiñados a realización de diferentes actividades facendo partícipe a todo o alumnado do centro. Co alumnado de 1º e 2º da ESO estase a traballar mediante vídeos para aprender a distinguir patróns violentos así como as distintas manifestacións de cada tipo de violencia. Tamén se traballan os mitos que sustentan a violencia de xénero e as características e calidades asociadas socialmente a homes e mulleres. Ademais de proporcionarlles información acerca dos recursos que están ao seu alcance para saber como actuar e onde acudir ante unha situación de maltrato.
  • Reunión no IES Pedra da Águia para abordar a problemática da drogadicción en Camariñas

    O IES Plurilingüe Pedra da Aguia celebrou o pasado venres día 27 de outubro de 2017 ás 20:00 horas, unha reunión informativa para todas as familias do centro sobre o tratamento da prevención do consumo de drogas. Nesta imporatntísima reunión sobre a grave problemática xeral da drogadicción que azouta tanto ao Concello de Camariñas coma outras zonas interviron diferentes axentes involucrados na temática:
  • Novas iniciativas contra a violencia de xénero do Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas vai seguir esforzándose na súa loita pola igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero. Para continuar con este compromiso contratatou unha técnica de igualdade acreditada neste campo para comezar cos traballos ao respecto deste lamentable lacra que azouta a convivencia.
  • Segunda reunión no Concello de Camariñas para afrontar o problema da drogadicción

    Esta mesma maña , as 11 h.no salón de plenos do Concello de Camariñas, tivo lugar a segunda xuntanza entre representantes do IES Pedra da Aguia, axentes da Policía Local, o sarxento da Garda Civil, as técnicas de servizos sociais, a Concelleira de servizos sociais e o Alcalde de Camariñas. O obxectivo destas xuntanzas e mellorar a prevención no consumo de drogas e, sobretodo, coordinar un plan de acción para facer frente a esta devastadora praga do noso século. Unha das primeiras vías de acción aprovadas nesta xuntanza foi a realizar tareas de  formación e información de pais, nais e xoves para evitar o consumo de estupefacientes, así como a coordinación cos distintos ámbitos de actuación.
  • A música chega as aulas do IES Pedra da Águia

    O IES Plurilingüe Pedra da Aguia acolleu o xoves 21 unha experiencia novidosa na que participou case todo o alumnado. Profesores da Escola Municipal de Camariñas trouxeron varios instrumentos musicais de corda, percusión e vento para achegar a música aos rapaces e animalos a tocar e a participar na Escola do Concello. Situando un instrumento en cada aula, os grupos de alumnos pasaron de forma rotatoria e en intervalos de 10 minutos para escoitar as explicacións e os acordes do piano, a batería e a guitarra. Finalmente, todos xuntos congregáronse no salón de actos para escoitar unha pequena actuación dos profesores, xa con todos os instrumentos. Dende o Centro queremos agradecer o interese da Escola Municipal de Camariñas por achegar a música ás aulas, unha experiencia que entusiasmou tanto ao alumnado como ao persoal docente.
  • 19 rapaces do IES Pedra da Águia regresan da súa excursión polo Mediterraneo

    A semana pasada volveron da súa viaxe de fin de curso, 19 alumnos de 4º da ESO e 2 profesores. Este ano a viaxe foi un cruceiro polo Mediterráneo Occidental, onde se visitaron lugares tan interesantes como as illas Baleares, a illa de Cerdeña, Roma, Génova, Marsella e Barcelona. A pesar da vaga de calor que houbo durante eses días, todos disfrutaron dunha experiencia inesquecible e moi envidiable.
  • Os rapaces do IES Pedra da Águia visitan o Parlamento Europeo

    Durante esta semana, 15 alumnos de 3º da ESO e dous profesores foron a Bruxelas invitados polo eurodeputado socialista José Blanco López, para coñecer o funcionamento desta institución comunitaria. Primeiro houbo unha charla introdutoria que deu paso a un debate cos alumnos e finalmente amosóuselles  o hemiciclo onde puideron facerse algún selfie.
  • O IES Pedra da Águia no Parlamento Xove da Universidade Laboral

    O pasado fin de semana tivo lugar nas instalacións da Universidade Laboral, en Culleredo, a fase clasificatoria do Parlamento Xove, un programa de debates organizado pola Xunta de Galicia para xóvenes de 3º e 4º da ESO, no que interviron un total de 22 Centros galegos, entre eles o IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas.
  • Ex-deputados do Parlamento de Galicia visitan o IES Pedra da Águia

    O mércores 18 de xaneiro, o IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas, recibiu a visita de tres exdeputados do Parlamento galego, o que se está a converter  nunha constante nos últimos cinco anos.
  • Os rapaces do IES Pedra da Águia aprenden inglés nos Peares

    A pasada semana un grupo de 20 alumnos de 3º da ESO do IES Plurilingüe Pedra da Aguia participou na English Week, un programa de inmersión lingüística da Xunta de Galicia que se desenvolve no marco incomparable do encoro de Os Peares.
  • O IES Pedra da Águia da Ponte do Porto emprende rumbo cara Italia

    O mércores día 18 de marzo, 10 alumnos de 3º da ESO e dous profesores do IES Pedra da Aguia de A Ponte do Porto (Camariñas), emprenderán viaxe rumbo á pequeña localidade italiana de Scandiano (cerca de Bolonia) para participar nun Encontro Europeo que, baixo o título “Back to the future”, pretende poñer en contacto experiencias pasadas e presentes dos  participantes na mesma. 
  • Recortes continuos e inxustificados no profesorado do IES Pedra da Águia

    Dende o Consello Escolar do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto remítennos unha contundente nota de prensa onde se mostran especialmente indignados polos continuos e descarados recortes neste centro por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Uns recortes que, lamentablemente, están a ser máis continuos sobre os alumnos con máis necesidades educativas. Así, tal e como nos explican dende o consello escolar, a pesar de que o número de alumnos con necesidades educativas especiais se incrementou exponencialmente, tan só contan no centro cunha profesora e media para atendelos (malos presaxios para o futuro destes rapaces). Recalcar tamén o inxustificado da reducción do profesorado xa que dende o curso 2009/10 ata o actual o recorte no número de docentes foi dun 30% cando a matrícula de alumnos tan só se reducíu nun 18%. Dende Camarinas.eu queremos dar o noso máis firme apoio a esta xusta causa que nos trasladan dende o Instituto da Ponte que ten por finalidade frenar esta inacabable sangría de recortes no que debería de ser un tema intocable e de máxima preferencia para calqueira goberno ao que lle interese minimamente o futuro de todo un pais: a educación dos nosos fillos.
  • Malestar no IES Pedra da Águia pola retirada de tres profesores por parte da Xunta de Galicia

    O Consello Escolar do IES Pedra da Aguia de Camariñas, reunido de xeito extraordinario a mañá do luns, día 8 de setembro, e unha vez informado pola Dirección do centro da perda de tres profesores no presente curso escolar, manifesta o seu malestar e descontento ante esta decisión da Consellería de Educación. Considera que a perda continuada de profesorado incide negativamente na calidade do ensino e impide a organización e desenvolvemento dos apoios e axudas que os rapaces con dificultades necesitan para progresar no seu itinerario educativo. Existe unha contradición entre o que a Xunta propón como obxectivos educativos e o cadro de persoal co que dota ao centro para que se poñan en marcha. Este centro leva desenvolvendo durante varios cursos diferentes medidas: Plan de Mellora de Convivencia, Contratos-Programa(PROA), Programas de Diversificación Curricular e Seccións Bilingües, que haberá que suprimir por falta de profesionais que os impartan. O Consello Escolar considera necesario velar polos intereses da Comunidade Educativa e polo tanto adoptará medidas de presión para manter o equipo docente do curso pasado.
  • A Voz da Águia, novo fanzine no IES Pedra da Águia

    Un grupiño de frikis e frikas do instituto, baixo a dirección do profe máis artista, deron en facer este Fanzine, A Voz da Aguia, que seguro que terá máis números en vindeiros cursos. A verdade é que lles quedou moi ben. Igual o próximo curso se animan a continuar e eu diría que incluso deberían facer unha edición a cor e vendela, que seguro que hai clientela abonda. Os de primeiro, cando me viron chegar con ela a clase, xa preguntaban como conseguila, así que xa sabedes, hai que seguir.  E os autores/as xa saben que no que queiran facer a biblio colaborará en todo o que poida, que para eso estamos, oiga.  Ademais é que saíron moi guapos na foto...Para que vexades o que fan deixamos aquí a fotonovela publicada. Tede coidado os que padezan do corazón, que da moito medo!
  • Don Jesús xubílase do seu posto de profesor de relixión do IES Pedra da Águia

    Este xoves 7 de novembro de 2013 celebramos a xubilación do que foi profesor de Relixión durante moitos anos no Instituto Pedra da Aguia, da Ponte do Porto, Jesús Nieto Baneira. Incorporado no ano 2000 ao centro, ao pouco de abrirse este, foi gañando curso a curso o cariño do alumnado, do persoal non docente e do profesorado, que compartiu con el a súa labor nas aulas ao longo dos case 13 anos de permanencia no instituto.
  • Marcha de convivencia no IES Pedra da Águia

    Os rapaces do IES Pedra da Águia pasarono pipa na Marcha de Convivencia
    Nada máis práctico para ir rachando o xeo e ir profundizando nun coñecemento mutuo entre docentes e alumnos dun centro escolar que organizar unha divertida escursión a pe xusto no principio de curso. Isto foi o que, acertadamente, prepararon os profesores do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto esta semana de finais de setembro de 2013 no que se organizou un ameno percorrido a pe no que os alumnos o pasaron pipa xunto aos seus tutores. Un traxecto de varios kilómetros que discorrío polo camiño que vai dende Santa Mariña ata a Praia de Arou na que algúns alumnos aproveitaron para darse un merecido e refrescante chapuzón despois da longa camiñata que se puxeron enriba do lombo. Unha boa iniciativa que, a tenor dos comentarios dos alumnos no blog da biblio do insti (pedradaaguia.blogspot.com.es), foi do máis divertida e productiva. Vaia dende aquí a nosa noraboa por esta boa e divertida iniciativa. Fonte: pedradaaguia.blogspot.com.es
  • Comeza o curso escolar 2013-2014 no IES Pedra da Águia

    Reunión dos profes cos alumnos e os pais do IES Pedra da Águia - Foto:http://pedradaaguia.blogspot.com.es

    En datas recentes dou comezo o curso escolar 2013-2014 en todos os centros educativos do Concello de Camariñas e no IES Pedra da Águia comezou tamén a actividade no seu magnífico blog pedradaaguia.blogspot.com.es que a redacción de Camarinas.eu segue asiduamente. Como primeira entrada nesta interesante páxina o administrador do blog da biblioteca do insti infórmanos sobre o inicio deste novo curso aderezada con unha ampla galería fotográfica na que pudemos ver a moitos dos nenos que comezan de novo no insti así como a moitos pais deses nenos e nenas que non quixeron perderse o primeiro día dos seus fillos.
  • Acto de despedida no IES Pedra da Águia

    O grupo IPAD nunha visita recente ao Concello de Camariñas

    Mañana viernes 5 de abril, a las doce del mediodía, el eurodiputado gallego Antolín Sánchez Presedo, el alcalde de Camariñas, el concejal de Desenvolvemento y miembros del grupo local del proyecto europeo YPAD, Young People and Devolpmented, visitarán el IES Pedra da Aguia de A Ponte do Porto. El acto tiene por objeto felicitar y mantener una breve charla con los 20 alumnos de 4º de la ESO que la próxima semana irán a Estrasburgo para asistir, en el Parlamento Europeo, a una jornada de convivencia y reflexión con más de 450 estudiantes procedentes de 21 países comunitarios.
  • Fin de curso no Pedra da Aguia

    De celebración no IES Pedra da Aguia a conta do fin do curso"Au Revoir Les Enfants" foi un film pseudobiográfico do director Louis Malle no que relataba a existencia dun internado católico francés baixo a ocupación hitleriana ao que un día, comenzado xa o curso do 43, chega un alumno xudío ao que os seus compañeiros tentarán protexer da ameaza da detención e posterior deportación. Un clima de compañerismo parecido, de amizade pre e adolescente, foi o que se puido ver nas celebracións do alumnado do IES Pedra da Aguia no día no que festexaban a tan ansiada finalización dun ano máis de andaina estudiantil con todos os seus éxitos, fracasos e medias tintas pendentes de decidir alá polo mes de setembro. Un evento que queda perfectamente retratado no vídeo que elaboraron os alumnos e que aparece recollido no pedradaaguia.blogspot.com.es. Fin de curso, o día no que o alumnado do IES Pedra da Aguia entonou ao unísono o "Au Revoir Le Institute".
  • Os alumnos pintan o IES Pedra da Águia

    Os chavales do insti pasárono pipa pintando os murais

    Están os de Plástica do IES Pedra da Aguia que non paran. Con Javier ao frente atacan canto atopan ao seu paso. Empezaron polas portas de clase, como podedes ver, e logo, non contentos con eso (afortunadamente) "atacaron" o muro de entrada do instituto porteño, que estaba tan tranquilo e agora, día si e día non, vese "invadido" por alumnos armados con pinceis, pintura e gañas de deixar constancia do seu paso por aquí. Eu non quero dicir nada... pero voulle tirar a picada a Javier e discípulos de que collo número e me poño na cola, que a entrada da biblio está un pouco triste, e pode que o próximo ano...

    Fonte: Blog do IES Pedra da Águia