• CAMARIÑAS GUARDA EL PECIO DEL ULTIMO BARCO PERDIDO POR ESPAÑA EN LA GUERRA DE INDEPENDENCIA DE EEUU

    En la zona de la Virxe do Monte y O Corno en Camariñas se han localizado recientemente cinco depósitos de cañones entre el siglo XVI y el XVIII, según datos de la Real Liga Naval Española. Dos pecios pueden ser galeones de la armada española perdida por Martín Padilla en 1596. Otro responde al correo marítimo "La Cantabria" de 1773; y se conoce el suceso del 18 de abril de 1783 cuando naufragó en la zona la fragata napolitana de la Real Armada Española "Las Dos Cathalinas", de 34 cañones, con 232 hombres, marineros napolitanos y soldados franceses de la llamada Legión de Lauzun, retornados de la Guerra de Independencia de Estados Unidos. Nuevas investigaciones indican que se trata del último de los barcos perdidos por nuestro país en la misma, por lo tanto su valor histórico es incuestionable. Además ahora se sabe que llevaba 232 soldados y tripulantes, que se dan también como víctimas de un conflicto que causó a España 33 buques destruidos, naufragados o apresados y miles de vidas de españoles europeos y españoles americanos, sin contar los daños de la marina mercante ni corsarios. Mayores pérdidas sufrió Inglaterra, derrotada, que además quedó sin las colonias levantiscas. España amplió su imperio, el mayor del momento.
  • Manuel Castiñeira Canosa, novo colaborador de Camarinas.eu

    O fenómeno máis masivo na historia de internet na Costa da Morte acadaba esta mesma semana un novo récord ao alcanzar a cifra inimaxinable de 2.100 seguidores na nosa páxina do facebook. Algo que fala ás claras do calado social dunha web humilde, amateur, na que sen embargo confían todos os seus veciños cando de recabar información veraz, contrastada e obxectiva se trata. Neste historial de rigor e competencia sempre tiveron un peso especial os colaboradores de Camarinas.eu: persoas que de xeito desinteresado, altruista, poñían toda a súa capacidade ao servicio e alcance das xentes do seu concello. De este xeito completamos unha nómina de firmas descomunal, na que o melloriño das catro parroquias de Camariñas acababa dun xeito ou outro. É por elo que constitúe para esta redacción un honor e un orgullo dar a coñecer o novo nome que cunha certa periodicidade escribirá nas páxinas de Camarinas.eu: Manuel Castiñeira Canosa, un xaviñán cun nome propio na historia do fútbol da Costa e persoa cunha traxectoria e currículum pedagóxico espectacular. Pero, sempre como soemos adoitar nestes casos, será mellor que, para escomenzar, coñezamos mellor á noma firma que poñerá o seu talento ao servicio dos seus veciños...
  • Un lanse de patelo e unha traxedia que non foi, por Marisol Soneira

    Xa vos teño contado que, cando meu pai andaba ao mar,  os barcos de Camariñas ían ao cerco remolcando unha embarcacións moi parecida as traíñas vascas. Esta “lancha”  uníase coa tarrafa por medio dun cabo longo que se amarraba a proa da primeira por unha punta e a  popa da segunda coa outra.  A traíña facía de boia cando se largaba, e de depósito das capturas logo de embarcar o peixe. A medida dun bo lanse era cando se enchía a traíña ate os toletes e había que embarcar peixe na tarrafa. Estas embarcacións tiñan a súa propia tripulación (case sempre composta por tres persoas) e os seus propios aparellos. Un dos que me fascinaba era a “bomba de chicar”,  de madeira e manual, coa que manter a embarcación libre de auga. Era un traballo duro porque, as veces, había que chicar durante horas.
  • AS ROZAS E AS CASETAS DE REIRA POR MARISOL SONEIRA

    Seguramente vos preguntaredes a razón da existencia de pequenas casetas de pedra en Reira e o seu contorno. Estas casetas, feitas con pedras do mesmo sitio onde se levantaron, servían de refuxio durante o verán para as xentes de Xaviña que mantiñan os seus rabaños de ovellas e cabras permanentemente no monte. Tamén o facían as xentes de Buría pero estes, xunto cos seus animais, volvían cada noite a súa residencia.  A existencia de rabaños de ovino e caprino estaba moi estendida entre os buriáns,  e incluso deixaron a súa pegada na toponimia desta parroquia, ou porqué pensades que aínda hoxe hai unha rúa a que se lle chama A Cabreira?
  • De cando as redes se tendían ao sol, por Marisol Soneira

    Se damos un paseo polo Muelle Novo atoparemos, nalgunha ocasión, quilómetros de redes tendidas para a súa reparación ou para a súa estiba a bordo ou nun camión. Esas redes están fabricadas con materiais sintéticos que case non precisan mantemento. Pero houbo un tempo en que as redes eran de materiais naturais, como a pita, que precisaban longas e duras labores de conservación e mantemento.
  • Aquelas tardes no Río da Rega... por Marisol Soneira

    Houbo un tempo en que a roupa lavábase a man en lavadeiros colectivos, como o que aínda hoxe existe no río da Area da Vila, ou en regatos de augas limpas onde se acondicionaban as súas beiras con laxes de granito onde as mulleres, dende a orixe do mundo, arrincaban a roña da roupa. Para esa actividade había utensilios específicos que hoxe xa teñen desaparecido das nosas vidas, como o “carro do río”, que era unha especie de caixón de madeira aberto pola parte de atrás onde arrodillarse para lavar a roupa con mais comodidade. A imaxe dunha muller cun balde de zinc cheo de roupa á cabeza e o carro do río ao costado suxeito cunha das mans, camiño do río ou de regreso del,  formou parte das nosas vidas ate non fai moitos anos. Esta actividade forma parte, incluso, do noso acervo cultural: “... as nenas de Camariñas quedan no río, quedan lavando”
  • O vello Cunchareiro, por Marisol Soneira

    E probable que si hoxe lle preguntas a un camariñan, de menos de trinta anos, onde queda a praia do Cunchareiro non teña nin a mais remota idea. Esta ignorancia ten sentido porque xa non existe pero durante xeracións de rapaces de Buría foi a “súa” praia e onde case todos aprendemos a nadar.
  • Camariñas, unha potencia mineira, por Marisol Soneira

    Un dos minerais máis demandados na década dos corenta foi o wolframio pola súa utilización na fabricación de munición e máquinas de guerra. As historias e lendas sobre o “mineral” eran un dos rituais con que nos entretiña meu avó Andrés nas noites de verán cando os netos acudíamos a compartir a comida da celebración de Santa Mariña.
  • Unha de revivar, por Marisol Soneira

    Houbo un tempo en que, chegado o mes de xaneiro, andaban tódolos buriáns inquedos e nerviosos mirando o calendario obsesivamente. A razón era ver en que día caían as grandes mareas do inverno. Como seguramente sabedes sempre hai dúas mareas no ano que acostuman a ser excepcionais: unha no inverno e outra no verán. As de inverno eran especialmente agardadas porque, se cadraba cun tempo de xeadas, deixaba aterecidos entre os bolos que a marea deixaba ao descuberto a milleiros de pequenos peixes, crustáceos e toda sorte de delicias que o mar cría.
  • Érase unha vez en Santa Mariña, por Marisol Soneira

    Ao longo de moitos anos foi tradición que as xentes da beiramar percorresen as costas na procura dos obxectos que este arroxaba e que puideran ser de utilidade: madeira, cabos, restos de naufraxios de todo tipo, etc... Isto nada ten que ver coa lenda que algún malnacido ten posto en circulación sobre a triste tradición dos raqueros, persoeiros que provocaban os naufraxios facendo sinais dende a costa e asasinando aos desgraciados navegantes. Na Costa da Morte nunca se teñen producido ese tipo de actividades e son innumerables as testemuñas no sentido contrario: a gratitude dos náufragos polo trato e as atencións que sempre recibiron das poboacións costeiras da nosa comarca.
  • NON TODO É O QUE PARECE...2 por Marisol Soneira

    Esta historia non ma contaron, pasoume a mín. Eu, de cativa, tíñalle moita envexa aos nenos dos “pescos” (os rapaces da vila, fillos de mariñeiros) porque cando saían da escola non tiñan mais que facer que adicarse a xogar. Nos, os rapaces de Buría, sempre tiñamos tarefas reservadas: axudar nas faenas do campo, ir por area a Lingunde para poñer nas táboas do sobrado, levar ou traer os animais a pacer, e unha infinita ringleira de traballos que, coa mentalidade de hoxe, acusarían aos nosos pais de explotación infantil.
  • O DRAMA DA EMIGRACIÓN, por Marisol Soneira

    A miña avoa Aurora, A Panadeira, era miúda de estatura pero cun carácter e unha determinación dignas dun xigante. Ese carácter e determinación fixo que tomase unha tranca contra a garda civil e o crego da parroquia cando usurparon os seus montes e sometéronos á repoboación forzosa, ala polo apoxeo da ditadura franquista. Ese comportamento valeulle o alcume de “a roxa” e non poucos desgustos nunha época onde discrepar e reivindicar dereitos non eran ben recibidos polo Ditador nin polos aduladores servís que tiña en cada curruncho da vida cotián de cada pobo ou vila. Camariñas non era unha excepción.
  • O Areal, non todo é o que parece por Marisol Soneira

    Dentro da nova etapa que Camarinas.eu botaba a andar esta mesma semana, unha das promesas realizadas aos nosos lectores era a das colaboracións fixas que darían maior renome e empaque á web de tódolos camariñáns. Unha vocación de servicio público na que as diferentes opinións, opcións e puntos de vista dos camariñáns deberían estar presentes. Entre elas, e nun acto que non cabe senón calificar como unha deferencia que nos honra e que nos fai sentir especialmente orgullosos, está a colaboración periódica que a partires de hoxe inaugura a Vicepresidenta do Parlamento Autonómico de Galicia: Marisol Soneira, que dentro da súa apretada axenda fará un oco para deleitar cada pouco aos seus veciños cun artigo que indague na historia, na identidade común, nas raíces da súa terra, a Camariñas da súa alma que leva representando tan dignamente durante toda a súa vida. Para escomenzar un artigo adicado a un rincón tan emblemático da Vila das Palilleiras como "O Areal". A nova estapa de Camarinas.eu comenza con forza.
  • Historia do Concello

  • A Extraordinaria atención de Camariñas aos Náufragos do SS Treherbert en 1887

    Pese a que está más extendida la versión de la rapiña e incluso la provocación de naufragios por parte de los vecinos de la Costa da Morte, lo cierto es que abundan en los documentos antiguos muestras de agradecimiento de navieras y gobiernos extranjeros a la actuación de los habitantes de nuestros pueblos con las tripulaciones náufragas. Un siniestro poco conocido pero que tuvo una gran repercusión en la prensa inglesa y anglosajona de la época fue el del SS Treherbert, un mercante inglés naufragado en la Punta da Buitra de Muxía el siete de agosto de 1885. No escatimaron elogios los supervivientes y el consulado británico hacia los vecinos de la zona, especialmente por el trato dispensado por la población de Camariñas.
  • Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige II

    Imos ca segunda e derradeira parte do gran traballo de Daniel Rogero acerca do afundimento do Petroleiro Prestige, aquel no que distintos persoeiros da Costa da Morte son entrevistados por este gran camariñán da diáspora e aportan o seu particular punto de vista acerca do que foi ata o momento o último gran drama vivido nestes apartados recunchos atlánticos. Aquel no que centos de toneladas de fuel extraídas do seo da Nai Terra en xeadas paraxes siberianas, fletadas non lonxe do San Petersburgo dos zares por Mijaíl Fridman, un daqueles oligarcas rusos nacidos do súpeto doutro afundimento non menos estruendoso (o da URSS), acabaron por desparramarse nunha masa viscosa e nauseabunda ao longo de todo o litoral atlántico, irmanando portos tan dispares como os da Bretaña francesa ou os da Galicia española. Agora que once anos pasaron nun suspiro, recén dictada unha sentencia que deixou a petroleiras piratas e  compañías fletadoras destartaladas libres de todo mal, ca necesaria perspectiva que da o tempo, co rigor inherente á persoalidade de Daniel Rogero e ca minuciosidade propia de toda reportaxe de investigación, Camarinas.eu repasa en segunda e definitiva tandada o que non deixou de ser un grandioso drama que tivo á Costa da Morte como zona cero.
  • Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige

    Daniel Rogero é fillo do noso habitual colaborador Tino Rogero Figueiras. Dani é un xoven que estuda cuarto curso de Dereito e Xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e é por riba de todo un namorado do mar, de Galicia e de Camariñas. Gústanlle os deportes, o footing, o Karate, nos veráns practicar a vela, e cando encontra un compañeiro, o que non sempre e doado, practicar a pesca submarina nas augas da nosa costa. Dende pequeno amosou interese polos idiomas en xeral e en especial pola nosa lingua. Daniel é da estirpe dos Gaiteiros do Ponte do Porto, e pódese dicir que é un galego, un camariñan, nacido en Madrid.
     
    Co permiso de Don Benito Pérez Galdós, como de tanto outros mozos da súa xeración, pódese dicir que Daniel "entra na idade viril coa firmeza e a seguridade dun corazón cheo, dun entendemento rico e non gastado, dunha alma vigorosa e sa, á cal non falta senón ancho mundo”
  • A Virxe de Guadalupe, Patroa das Palilleiras, por Rafael Lema

    Escindida entre o norte e o sur, case sen saber moi ben cal é o seu auténtico lugar, atópase a vila mariñeira de Rianxo. Patria natal de tres dos máximos exponentes da literatura galega (Rafael Dieste, Manuel Antonio e Castelao), cuias casas familiares se atopan a escasos metros unhas de outras na mesma rúa, vive estos días (do 13 ao 20 de setembro) alporizada pola celebración das súas festas tradicionais en honor á Guadalupe. Por elo nada máis adecuado que un novo artigo indagatorio da nosa identidade e das nosas raíces escrito polo colaborador habitual de Camarinas.eu Rafael Lema que descubre como a virxe que cando anda pola ribeira vai descalziña pola area foi en tempos a mesmísima Patroa das nosas palilleiras. Unha colaboración máis que abraia polos seus descubrementos e a imaxe que a ilustra, que entra a formar parte da sección cultural máis potente e completa da Costa da Morte e quen sabe se unha das máis fecundas de Galicia: aquela que dende hai seis anos a levan enchendo de contidos as mellores firmas do noso concello. Aquela na que ser publicado equivale a un privilexio e un honor e da que forma parte por dereito propio Rafael Lema, o gran historiador da Costa Atlántica.
  • Río Porto: Un nome con historia, por Rafael Lema

    Ata o de agora sempre houbera un pequeno desbaraxuste en torno á correcta forma de nomear o cauce fluvial que atravesa o Concello de Camariñas e que ten como punto máis sinalado no seu fluir o da vila da Ponte do Porto: uns, que Río Grande, outros que Río Porto. Pois ben, esta polémica un tanto artificial á luz dos datos agora aportados pode xa considerarse finiquitada para sempre: nun impresionante artigo polo seu rigor extremo, o seu aporte inacabable de datos, e a súa intelixente e impecable análise científica dos mesmos, Rafael Lema zanxa de xeito definitivo o tema. Remontándose ata arquivos do século XIII, cifra a orixe do desencontro linguistico nunha absurda redenominación do noso río porteño por parte da administración de tempos do Réxime Franquista, que polo que se ve tamén tiña as súas derivas polos torcidos eidos do políticamente correcto, sempre tan nefastos e atentatorios para unha intelixencia medianamente normal. Así foi como se perpetrou contra unha vila e un concello un atropelo histórico.
  • O porteño que soñou cun submarino

    O gran historiador da Costa da Morte desvela o segredo do submariño porteño

    Con bastante anterioridade a que por propia iniciativa o Kursk arrastrase aos seus 120 homes cara unha morte lenta nas xeadas augas do Mar de Barents, algo antes de que o Capitán do S-13 Aleksandr Marinesko afundira no Báltico de dous torpedazos o trasatlántico reconvertido en buque hospital alemán Wilhelm Gustloff e provocase a maior catástrofe marítima da historia (tempos despois Marinesko sería xulgado por un tribunal militar soviético pero non por asesinar 9.500 inocentes senón por un lío de faldas cunha cidadá de nacionalidade extranxeira, unha sueca de toma pan e molla, delito polo que se ve moito máis grave), máis ou menos polas mesmas épocas nas que os terroríficos lobos grises entraban a a repousar nas rías galegas, un inventor trabeiro, bisavó do noso colaborador, amigo e mestre de historia Rafael Lema, estivo a piques de contruir o primeiro submarino porteño. A arma secreta que cun par de bombazos podería devolver a mans hispanas o Peñón roubado, a que poido ser a gran esperanza blanca da gloriosa armada española. Nun país co empuxe e movilidade social dos Estados Unidos aparecería un socio capitalista e aportaría sen dilación os cartos que puxeran en movemento a xenial idea, pero como esto era España todo pasou sin pena nin gloria, quedou como unha anécdota de taberna e aínda gracias que Rafael Lema rescatou do olvido tan instructivo episodio. "¡Que inventen ellos!", como ben tivo a decir Unamuno. Triste e desaproveitada España.