Festas na Ponte

  • Cartel do Caldo de riola 2017 na Ponte do Porto

    Unha das citas gastronómicas clave da Costa da Morte, a degustación dunha desas delikatessen culinarias clásicas do bo paladar galego, xa esta aquí. Trátase dunha nova edición da probatura e deglución suculenta do Caldo de Riola da Ponte do Porto, evento que conta coa novidade da organización por parte do Concello de Camariñas e a colaboración do fotógrafo de bodas da Costa da Morte Diego Alonso Freire, Director de Camarinas.eu, autor e sufragador do cartel da festa. Será este sábado 29 de xullo de 2017 no Campo do Outeiro, con caldo gratis para todo quisqui, e cas actuacións estelares do Dúo D'Festa e da Charanga Nordés. O verán festivo municipal de Camariñas vai apurando as súas datas clásicas e unha das súas citas ineludibles é a que se ventila, entre cunca e cunca, neste novo soño dunha noite de verán.
  • Cartel da Festa en honor a San Pedro da Ponte do Porto 2017

    E chegou outro ano máis a impresionante festa de San Pedro da Ponte do Porto. Unha data festeira que se está asentando novamente no top das mellores citas verbeneiras de toda a Costa da Morte despois dos éxitos acadados tanto o ano pasado como nos anteriores. Como novidades desta edición citar o nomeamento dunha nova e heroica comisión que recolle o exitoso testigo do noso querido amigo Alfonso Castro. Desta volta veñen a conformar o novo equipo directivo os veciños porteños Juan de Dor como presidente e Laura Rial como vicepresidenta. Martína Martínez, Sebastián e Miguel son os que reforzan esta nova e prometedora comisión que conta coa axuda e colaboración da concelleira porteña Sandra Ínsua Rial. Un total de cinco días cheos de festa, actividades e devoción hacia o Patrón Porteño que dará comezo este mesmo mércores 28 de xuño coa consecución da tradicional e famosa sardiñada na véspera de San Pedro. Un cartel espectacular tanto no conseguido este ano polo novo grupo de xente ilusionada que tomou as rendas da comisión como no mesmo deseño en si, obra  orixinal do fotógrafo de bodas Diego Alonso que tamén costeou o importe do cartel tal e como o fixo o ano pasado. Dende Camarinas.eu queremos desexar a todos os nosos veciños da Ponte do Porto unhas felices festas e tamén esperar o maior dos éxitos a esta nova comisión que comeza. Viva San Pedro!
  • Cartel da festa en honor a San Pedro na Ponte do Porto

    Non podía ser menos e tamén a Ponte do Porto terá un ano máis un cartel solvente para as súas queridas festas patronais. Éstas comenzarán alá polo 27 de xuño de 2014 co pistoletazo de saída do San Antonio cunha impresionante churrascada e sardiñada amenizada pola mellor gaita galega para que ao día seguinte, o sábado 28, e depois de celebrar a tradicional misa en honra do santo, a Orquesta Estrellamar acometa unha sesión vermouth que terá a súa continuación á noitiña ca verbena na que tamén amenizada pola Orquesta Gran Parada. O domingo 29 serán Nueva Imperial e Combo Dominicano os encargados de levar a mellor música ata as ribeiras do Río da Ponte do Porto. Unha semana despois, en xornadas de 5 e 6 de xullo, volve a festa en forma de homenaxe ao Perpetuo Socorro e ao Santísimo Sacramento cun programa completo de misas, pasarrúas, sesións vermouths e verbenas a cargo das Orquestas Foliada, Samba e Fania Show. Todo elo gracias á labor continua e desisnteresada dunha Comisión de Festas que una no máis soubo estar á altura.
  • Cartel da Procesión de Fátima 2014 na Ponte do Porto

    Este domingo 18 de maio de 2014 celebrarase na Ponte do Porto a tradicional procesión en honor á Virxe da Fátima. E farao acompañada dunha multitudinaria feligresía que, aproveitando o bo tempo primaveral que nos espera este domingo, pasear a súa benerada virxiña dende a Igrexa da Ponte, pasando pola Gándara, Barrosas e outras rúas significativas da nosa vila Porteña. Precisamente será no alto da Rúa Barrosas onde será representada por un grupo de rapaciños da vila a tradicional aparición da Virxe da Fátima. Unha representación ensaiada ao máximo pola organización do evento, a Asociación Virxe de Fátima da Ponte que seguro nos voltará a deleitar con unha fantástica procesión en honor a nosa virxiña. Alí estará Camarinas.eu para tomar nota de todo o que aconteza.
  • A Festa do Caldo de Riola, por Moncho de Dios

    A alma culinaria de Ramón Dios Carril estoura en toda a súa inmensidade en Camarinas.eu, un medio de comunicación polo demáis cun bagaxe gastronómico sólidamente acreditado. Por un día, o azoute dos Cachalotes Unidos (Partido do Unión e Forza no CU), esa moribunda cuadrilla de ultradereitistas fanatizados, cambia o seguemento das traxicómicas peripecias de renegados, traidores e chantaxistas polos placeres dunha boa mesa. Faino nun ameno artigo gastrocultural que analiza a festa popular adicada ao gran manxar porteño: o Caldo de Riola. Prato de terras adentro, dun enclave comercial típico, cruce de camiños entre o mar e o agro, que elexío como punto privilexiado dende o que ser reinvidicado esa Ponte do Porto que anida na alma máis profunda dun dos míticos fundadores (este sí) do Partido Popular da Costa da Morte.
  • Triste 24 de Xullo en Cereixo

    A edición do 2013 da Festa de Cereixo, tinguida loito polo accidente de Santiago

    Moitos estaban imbuidos de cabeza na tradicional degustación dos seus chourizos ao viño, outros contemplaban desapasionadamente as evolucións primerizas do Real Madrid de Carlo Ancelotti en Lyon, todos esperaban ilusionados o arranque dunha edición máis da súa multitudinaria festa, cando pouco a pouco empezouse a filtrar que algo macabro, terrible, un deses acontecementos chamados a quedar no imaxinario colectivo para toda unha vida, acaba de acontecer precisamente en Santiago de Compostela. Un 24 de xullo, víspera da Festa de Galicia, do Patrón das Españas. Os móviles, os ordenadores, as televisións empezaban a vomitar unhas imáxenes dantescas de mantas sobre as vías, vagóns esnaquizados, sangue e dor e entón as mentes fóronse xa cara á capital de Galicia e alí se quedaron para o resto da noite, para o resto dos duros días que estamos por vivir. ¿Que podía importar xa a festa se alá as víctimas apilábanse por ducias e familiares desesperados daban os primeiros compases dos momentos máis duros de toda unha vida?
  • Festa da Faguía de Carnés 2013

    Imaxe dos premiados cas bandas das tellas de honra na Faguía de Carnés do 2013Se o domingo 7 de xullo era en O Mosteiro, Concello de Meis, en pleno corazón da sureña comarca do Salnés, onde se celebraba unha multitudinaria Festa dos Callos e se despachaban baixo uns torrenciais 40ºC 4.000 racións, tan só dous días despois a veciña localidade de Carnés recollía o testigo e organizaba outra concurridísima homenaxe a este elemento principal da gastronomía galega. En principio, en ambos eventos o calor abrasante destes días non predispoñía moito a degustar un pato de semellante potencial calórico, sen embargo nada impedío que as masas se desbordasen e acudiran en famélicas manadas a deleitarse cunha ben surtida cazola de callos. Na centenaria Faguía de Carnés atopábase presente o historiador e colaborador habitual de Camarinas.eu Rafael Lema, o cal brinda ao gran público da Costa ad Morte unha impecable crónica do alí acontecido.
  • San Pedro 2013 na Ponte do Porto

    A sardiñada da Ponte do Porto celebrouse este venres 28 de xuño de 2013

    Vaise pouco a pouco desgranando o calendario festeiro municipal e así este venres a quen lle tocou o turno foi a Ponte do Porto ca celebración da súa  sardiñada de San Pedro. Organizada un ano máis ca colaboración imprescindible dos nosos queridos amigos do Pincho, uns cantos centos de visitantes puideron degustar o gran rei dos mares da Costa da Morte asado ao estilo porteño. Todo elo como aperitivo dunhas festas patronais que terán a súa continuación este sábado 29 de xuño. A Ponte do Porto  festexa ao seu santo patrón nun fin de semana pleno de eventos relixiosos e actuacións musicais: o sábado ca Orquesta Marimba e o DJ Manu Gz, que ou ben é nacionalista ou se apelida González, ese gran apelido español, culpables os seus portadores de cubrir de tanta gloria en tan renombradas ocasións a esta santa nación, dende Raúl González Blanco a Juan Jesús Vázquez González (por certo, feliz cumpreanos papá), e o domingo a suposta Orquesta Alaskadeluxe, mezcolanza esquizofrénica e tal vez inapropiada de Alaska e Kaka de Luxe. E terá todo este peculiar ambiente festeiro a súa debida continuación para o vindeiro fin de semana ca así denominada Gran Festa da Xuventude que será amanizada por América e Disco Móvil Landy (venres), Los Príncipes e unha actuación por contratar, pendente duns pequenos flecos de última hora (sábado) e Suavecito (domingo).  A festa arranca con forza no Concello de Camariñas.
  • Cena da Festa de Cereixo 2013

    Gracias ao gran traballo da súa Comisión de Festas, Cereixo celebrará un ano máis un fantástico 25 de xullo

    Chegadas as datas de San Xurxo, ca súa inefable precuela da Virxe do Monte, comenza a tempada festeira estival. E unha das estampas típicas que se poden ver polos camiños, polas rúas, xusto ás portas das casas, é a dun pequeno grupo de voluntarios, a así chamada Comisión de Festas, asumindo o pesado traballo de lograr organizar unha edición máis da festivididade da súa poboación. Incluso a veces, dan o salto xa non a outra vila senón a outro concello, co que normalmente soen gardarse estreitas relacións de irmandade. Foi este caso dos nosos queridos amigos da Comisión de Festas de Cereixo que na tarde deste xoves 18 de abril se achegaban ata a redacción de Camarinas.eu para ver de conqueirir un pouco de publicidade engadida para a prometedora Cea Baile recaudatoria que o 18 de maio organizarán en Vimianzo. Unha data na que os camariñáns se xogan moito porque dependendo do seu éxito, poderán desfrutar dun 25 de xullo en Cereixo por todo o alto, esa festa a que os veciños do noso concello soen acudir por auténticas oleadas.
  • Carnaval na Ponte do Porto 2013

    Os tres exércitos españois déronse cita na Ponte do Porto

    En vez da Plaza Roxa de Moscú o 9 de maio, en lugar da Plaza de Colón o 12 de outubro, a Ponte do Porto contou con todo un señor desfile militar na mañán deste domingo 10 de febreiro de 2013. E xusto alí onde menos se esperaba, diante de todo un templo do amor, un paraíso carnal onde se libraron tamén grandes batallas pero de outro tipo. Precisamente as tropas desfilaban alí: a saída da vila porteña, en frente do que en tempos se dou en chamar "O Paloma", sen dúbidas como xusta homenaxe a aquela ave da paz, a pombiña do amor, que pintara Pablo Picasso por encargo do Partido Comunista para ilustrar a inconmensurable ansia pacifista que animaba os esforzos políticos de Stalin.
  • Festa de San Pedro 2012

    Todos listos na Ponte do Porto para voltar sacar ás rúas a San PedroEste xoves 28 de xuño de 2012, día da resaca da agónica clasificación da Selección Española para unha nova final dunha Eurocopa, comenza a Festa de San Pedro na Ponte do porto. E tal vez, quen sabe, algo tivo que ver o Santo que custodia as portas do Ceo na victoria heroica dos nosos nas lonxanas terras da cuenca mineira do Donbass: pois vonlle dar un regalo a estes porteños para que celebren a miña festividade en condicións, co corazón henchido e o ánimo rebosante. Así, en estes términos, quen dubida que hoxe as sardiñas saíran máis sabedoras e os bailongos máis frenéticos ao ritmo de Disco Landy Movil. E mañán, a sesión vermouth e a verbena a cargo de Fania Blanco Show e La Bámbola. E así ata o domingo 1 de xullo, cando probablemente xa tricampeóns, as orquestas Samba e Limón amenizarán unha velada que será lembrada durante o resto das vidas dos alí presentes. Un éxtase continuado ata que o luns a Orquestra Estrella Mar poña o punto final na sesión vermutera ao San Pedro máis eurocopero que se lembre. Cinco días de festividade presididos polo ambiente de triunfo, de gloria, que irradia un dos grupos humanos máis talentosos da historia do deporte. Todo producto nacional cen por cen.
  • Procesión da Virxe de Fátima 2012

    Os porteños volcáronse un ano máis ca procesión da Fátima

    Xa dende o exercicio da súa fundación, un lonxano e cáseque esquencido ano do Noso Señor de 2007, a Procesión da Virxe da Fátima constitúe unha data sagrada en Camarinas.eu. Así, edición tras edición, cuidadas reportaxes recollían delicadas e puntillosas alfombras florais, impresionantes estandartes de combate ao vento e impecables representacións relixiosas dos rapaces porteños. Todo era pouco para revivir aquelas aparicións vislumbradas por uns pequenos portuguesiños alá a comenzos do século XX. Así pois, o pasado 15/05/2012 á 1 da tarde daba comenzo unha nova edición da Procesión da Fátima que percorría unha ruta santa dende a Igrexa de San Pedro ata o alto das Barrosas onde se realizou a clásica representación da aparición da Virxe de Fátima ca profesionalidade habitual dos rapaces porteños. Despois continuou a procesión ata o cruce de Carnés seguindo o curso do Río Grande para finalmente retornar á Igrexa. Ante a celebración dun evento tan caro ao corazón porteño, Camarinas.eu destacou a unha fotógrafa de toda a vida, unha profesional exemplar, Isabel Alonso de León para captar as imaxes que reafirmarían unha edición máis o compromiso perpetuo da web líder da Costa Atlántica ca vila do Río Grande.
  • A movida volve a Ponte do Porto

    A discoteca Pipol da Ponte do Porto tentará volver polos seus viejos fuerosComezan xa as épocas festeiras navideñas e na Ponte do Porto non podía faltar unha iniciativa para o despiporre final que levará á tumba este desdichado ano 2011. Así os diferentes locais porteños tratarán de resucitar a gran movida nocturna de antaño que todos recordamos con diferentes iniciativas propias que se desenrolarán na Ponte do Porto. Por exemplo, a resucitada Discoteca Pipol volveu a abrir as súas portas este venres pasado e esta semana realizarán varias festas entre as que podemos destacar unha xornada nocturna de regalos con cada copa que se celebrará hoxe a noite. O mércores realizarán a Gran Festa do Chupito da Ponte do Porto e o venres e sábado os seus xerentes organizarán unhas espectaculares festas sorpresa que deixarán a todo o mundo boquiaberto. Si non o creedes acercádevos esta noite pola Ponte do Porto. ¡¡EL DESPIPORRE!!
  • Fátima 2011 na Ponte do Porto

    OS rapaces porteños interpretaron á perfección o seu papel na representación da aparición

    Continúa Camarinas.eu co seu percorrido particular polos diferentes actos festivos e sociais que se celebran eventualmente por tódolos recunchos do noso concello. Desta vez facemos parada obrigatoria na celebración que se realiza dende tempos remotos da procesión da Fátima na Ponte do Porto. Procesión que engalanou este domingo pasado 9 de outubro a Rúa das Barrosas cunha impresionante alfombra floral realizada por gran parte de veciños e devotos da dita transitada rúa porteña. Outro ano máis, como ven sendo habitual, Camarinas.eu estivo presente e móstravos en rigurosa exclusiva as imaxes dun día festivo na que os veciños da Ponte do Porto gozaron co fervor relixioso dos seus máis pequenos habitantes que representaron unha emocionante aparición da Virxe de Fátima que encheu de bágoas a gran parte dos asistentes. Antecedeu á emotiva procesión unha misa en honor a esta Virxen oficiada polo noso querido cura párroco Don Jesús que estivo acompañado polas autoridades muncipais entre os que destacaban o Alcalde Pichurri e a Tenente de Alcalde e Concelleira pola Ponte do Porto Sandra Ínsua. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a tódolos responsables e colaboradores desta representación.
  • Procesión de San Pedro 2011

    Un ano máis a Ponte do Porto vivío con fervor a procesión de San PedroAínda conmocionada a vila polo tráxico accidente que na tarde do día anterior tinguío de loito a todo un concello, este mércores 30 de xuño de 2011 tivo lugar na Ponte do Porto a sacra procesión en honor a San Pedro. Con caras serias, adustas, reflexivas ante os golpes inevitables, sorpresivos, que da a vida os porteños volcáronse un ano máis no día grande das súas festas e engalanados, acompañados de bandeiras, cruces e santos percorreron en en sagrada comunión as rúas da súa vila. San Pedro, o home a cuio redor, tal e como se predixera, edificouse toda unha igrexa era levado en volandas pola súa xente como dende tempos inmemoriais sobre unha ponte milenaria. Un San Pedro que sen dúbidas alá nas súas alturas celestiais coidará con agarimo e cariño a Ismael Romero Grela.
  • Festas de San Pedro 2011

    A tempada de festas empeza na Ponte do PortoVisto o visto (Camariñas, Camelle) a ocupación de formar parte dunha comisión de festas estase a converter no noso concello nunha profesión de alto risco gracias ao aporte inestimable da política. Nembargantes, despreciando o risco suicida que se lles ven enriba, seguen a xurdir héroes anónimos que asumen esta pesada carga e se encargan de organizar as festas parroquiais da súa comunidade. Todo serán críticas máis ou menos xustas, insultos, graves descalificacións/insinuacións perseguibles penalmente e jaleos, jaleos que nunca se acaban e eso que faltan xustamente catro anos para as vindeiras eleccións municipais. Co arrecendo aínda fresco dos sucesos tristemente acaecidos en Camelle, en breve, dentro de 15 días, arrancan as festas de San Pedro na Ponte do Porto.
  • Carnaval no Pincho 2011

    Unha miscelanea de difraces sorprendente desfilou polo Pincho
    ¿Alguén pensaba que íamos deixar pasar as datas de carnaval sen publicar o despiporre do Pincho? Non podía ser. E aínda que poda dar a impresión de que xa pasou todo esto do entroido parece que sigue a haber uns pouquiños nostálxicos destas datas (disfrazados de mosqueteros). En fin, por eso, despois duns días duros nos que a maioría dos veciños que se nos cruzaban polas calles nos facían a mesma pregunta e xa estábamos cansados de responder unha e outra vez coa mesma resposta decidimos publicar xa ante clamor popular o carnaval do Pincho. Un carnaval tan sorprendente e festivo que deixaría á altura do betún ou como unha triste e  patética comparsa nin máis nin menos que ao mesmísimo Sambódromo de Río de Janeiro. Algo así debían de pensar os habituais clientes do local de moda da Ponte do Porto nestas fechas pasadas de festa desenfrenada no Pincho. Ahí vos vai: o Carnaval no Bar Pincho.
  • Carnaval 2011 no Pincho

    Estes venres 4 de marzo de 2011 damos en camarinas.eu o pistoletazo de saída ao Carnaval 2011Un ano máis acude camarinas.eu ao seu compromiso perenne cas festas do Entroido. Esta edición o pistoletazo de saída co Carnaval 2011 para camarinas.eu darase ca impresionante cea que a Pulpería-Raxería O Pincho organizará  partires das 22:00 horas do venres 4 de marzo nunha enchenta sen precedentes na que para surtir ás mesas do local de moda na Ponte do Porto será necesario acometer un auténtico xenocidio porcino. Grelos, cachola de porco, chourizos, filloas á pedra e un postre a base das tradicionais orellas de Carnaval levarán o sabor aos agradecidos paladares porteños. É de supoñer que algúns dos comensais acudan disfrazados a un evento do que na web líder da Costa Atlántica daremos boa conta a través dunha das clásicas galerías fotográficas de alto contido despiporreante do Pincho. En fin, quedamos á espera.
  • Ponte do Porto: Festas de San Roque 2010

    Unha suculenta churrascada foi o aperitivo que dou comenzo ás Festas de San Roque 2010

    A labor dunha moderna comisión de festas non está xa tan só composta polas tradicionais funcións de diseñar un programa de actuacións, de contratar as orquestas, bandas de música e grupos de gaiteiros, de organizar uns fogos de artificio que non acaben nun aniquilamiento e de celebrar o correspondente festival gastronómico no seu caso, senón que cos tempos modernos son chegadas novas tareas medíaticas que inclúen unha publicitación da festa en cuestión que vai dende amplias sesión fotográficas ata a publicación das mesmas en medios de comunicación multitudinarios e masivos. Un exemplo deste novo modo de entender unhas festas populares é o representado pola comisión porteña capitaneada con tanta ilusión e esforzo por Iván e José Landeira, que non contentos con devolver á vida un local histórico dentro da máis exitosa movida porteña dos anos 70 e 80, un Pub O Pincho transmutado agora en raxería-pulpería, decidiron coller o timón das festas da Ponte do Porto para insuflarlle un novo alento e para elo iniciaron, a semellanza da Comisión das Festas do Carme de Camariñas, unha colaboración ca web máis vista, influinte e decisiva da historia da Costa da Morte: camarinas.eu. Por elo, camarinas.eu procede a publicar máis de 50 imaxes e tres vídeos cedidos pola Comisión de Festas, todos eles captados durante as derradeiras Festas de San Roque de 2010.
  • Ponte do Porto: Festas de San Roque 2010

    Los Tres Tenores das festas porteñas: Iván e José Landeira e Alfonso Castro
    Los Tres Tenores das festas porteñas: Iván e José Landeira e Alfonso Castro

    Unha comisión de xoves promesas

    Foise unha das mellores comisións de festas da historia da Costa da Morte e sen dúbidas a mellor en Camariñas dende hai décadas, pero na Ponte do Porto queda outra que tras un ilusionante debut no que deron amplias mostras da calidade e talento que atesoran os seus membros, amenaza con convertirse en próximas tempadas nunha firme realidade do panorama festeiro desta festiva Costa Atlántica. Así o puido comprobar a esixente hinchada porteña con ocasión dos importantes desafíos asumidos por estes tres ilusionados chavales nas festas de San Pedro e o Sacramento. Agora, ca experiencia adquirida tras uns primeiros exames pasados con excelente nota, chega a reválida: a Festa de San Roque, na que destaca a populosa e suculenta churrascada que terá lugar ao carón do fluir maxestuoso e apacible do Río Grande o venres 13 de agosto e a actuación da Orquesta Ceniza o sábado 14. Unha comisión con pegada propia, cun estilo diferente e inigualable, "o así bautizado como "Estilo Pincho" en honor ao histórico bar porteño no que se xestou o nacemento dun equipo chamado a deixar unha pegada inolvidable nos ámbitos festivos deste olvidado e remoto recuncho da costa galega, tal e como mostran as 45 imaxes do seu bo facer nas Festas de San Pedro e do Sacramento.