Festas Gastronómicas

  • Cartel do Caldo de riola 2017 na Ponte do Porto

    Unha das citas gastronómicas clave da Costa da Morte, a degustación dunha desas delikatessen culinarias clásicas do bo paladar galego, xa esta aquí. Trátase dunha nova edición da probatura e deglución suculenta do Caldo de Riola da Ponte do Porto, evento que conta coa novidade da organización por parte do Concello de Camariñas e a colaboración do fotógrafo de bodas da Costa da Morte Diego Alonso Freire, Director de Camarinas.eu, autor e sufragador do cartel da festa. Será este sábado 29 de xullo de 2017 no Campo do Outeiro, con caldo gratis para todo quisqui, e cas actuacións estelares do Dúo D'Festa e da Charanga Nordés. O verán festivo municipal de Camariñas vai apurando as súas datas clásicas e unha das súas citas ineludibles é a que se ventila, entre cunca e cunca, neste novo soño dunha noite de verán.