• Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

    Andaba estes días máis atareado do habitual o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño para deixar todo listo de cara a outra gran edición da Festa da Praia 2017. Este martes 25 de xullo de 2017, Día de Santiago Apostol, celebrarase no merendeiro da praia do Ariño de Xaviña a partires das 12 da mañá a típica misa en honor ao benerado patrón de España e Galicia. Rematada a misa solemne que o noso querido páter Don Mario impartirá coa súa característica sabiduría teóloga chegará o tempo para o lecer coa actuación do Dúo Diamante que será o prolegómeno da tradicional parrrila de sardiñas que os voluntariosos empregados municipais repartirán para todos os asistentes. A continuación será o turno dos xogos hinchables para os máis pequenos da casa. E despois, xa pola tardiña, tocará desfrutar cos diferentes actos musicais que dende o Concello de Camariñas e a Asociación Abrindo Rejo de Xaviña teñen preparadas para todos os que se acerquen a un lugar de beleza incomparable como o é o merendeiro do Ariño de Xaviña. Feliz día de Santiago Apostol!

    Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

  • Todo listo para o espectacular San Blas 2015 en Xaviña

    Xa están as potas a todo lume nas cociña, as viandas máis exquisitas xa a remollo. Os traxes masculiños e as últimas galas femininas xa están preparadas para uns dos días máis grandes da parroquia máis extensa do noso concello. Un día festivo este sábado 7 de febreiro de 2015 no cal se homenaxeará en Xaviña ao seu querido San Blas coa tradicional misa oficiada dende hai décadas polo sabio cura párroco Don Mario no milenario santuario románico de Santa María seguida esta da solemne procesión que percorrerá parte da flamante Rúa da Igrexa. Despois dos oficios relixiosos procederase ao baile vermout coa actuación da Orquesta CINEMA. Xa á noite espérase gran afluencia de persoal orquesteril á verbena que ten como actuación estelar nada máis e nada menos que á orquestra FILADELFIA acompañada da orquestra CINEMA. Coma sempre só nos queda felicitar a esta xoven e traballadora comisión de festas de rapazas de Xaviña que, coa entusiasta colaboración do Concello de Camariñas así como das diferentes casas comerciais de gran parte deste, está cada vez deixando o listón máis e máis arriba. Noraboa chicas!
  • Cartel da Festa de San Blas 2015 en Xaviña

    Todo anda listo en Xaviña para que o vindeiro sábado 7 de febreiro arranque outra edición da Festa de San Blas. A tradición manda na parroquia máis extensa do noso concello e os veciños cumpren ca máxima pulcritude co rito: ata dúas orquestas de primeiro nivel ao decir dos sabios expertos nos menesteres orquesteriles, que aínda que poida parecer increíble hainos, Cinema e Filadelfia, farán a súa estelar aparición pola interminable llanura xaviñana alá polas datas de febreiro. Elo acompañado do aderezo de rigor: misas, solemnes sesións vermús, as gaitas de Abrindo Rejo e a ledicia e simpatía das boas xentes de Xaviña. San Blas, foi elexir bo sitio para ser cristianamente honrado... E para irquentando motores unhas fotiños de arquivo da festa do 15 de agosto. Arrancamos o calendario festeiro 2015: esto vai ser un non parar!!
  • Cena Baile da comisión de festas de Santa Mariña

    A renovada comisión de festas de Santa Mariña ven de organizar para este sábado 6 de decembro de 2014 unha cea baile no Ristorante O Ariño de Xaviña co obxectivo de achegar uns cartiños para a próxima cita festeira dunha das vilas mariñeiras máis coquetas da Costa da Morte. A cena, que estará amenizada por un dúo musical, contará con un sinxelo aínda que apetecible menú no que se servirá en primeiro lugar uns entrantes variados. Xa despois, ben parapetados na mesa todos os comensais, comezarase co reparto do rancho que consistirá en gambas á plancha e churrasco de porco e de tenreira con guarnición e ensalada para despois finalmente culminar con un cafeíño para relaxarse uns e para despexarse os máis bailadores antes de que comece a sesión musical. Todos aqueles que desexen acudir a esta cita para beneficencia da famosa Festa de Santa Mariña poden chamar ao 672 04 19 63 para confirmar a súa asistencia.
  • Festa da Praia e cartel do Sacramento de Xaviña 2014

    Este venres 25 de xullo de 2014 celebrábase por todo o alto no lugar recreativo do areal O Ariño a tradicional Festa da Praia. Facíao esta mañán a eso das 13:00 horas coa celebración dunha multitudinaria misa oficiada polo noso querido párroco Don Mario na mesma praia e de seguido comezaba a troula con bailes tradicionais galegos e a típica sardiñada que foi degustada polo numeroso público alí congregado. E será este fin de semana cando continúen as festas en Xaviña coa celebración do Sacramento na céntrica parroquia do noso concello. Unhas festas nocturnas que estarán amenizadas por varias orquestras, grupos e discotecas móbiles que farán as delicias dos máis novos, pero antes de todo isto, celebrarase a tradicional procesión do Sacramento Xaviñán no que voltaremos a ver o fulgor relixioso da nosa querida parroquia de Santa María de Xaviña. Felices festas a todos!
  • Procesión do San Antonio de Xaviña 2014

    Nun domingo pletórico de festas e romerías de todo tipo en Galicia, descollou entre as demáis con especial fulgor o San Antonio xaviñán. Como manda a tradición todo comenzou con exquisita puntualidade cara as 13:30 horas cunha concurrida misa oficiada ca súa habitual maestría por Don Mario para acto seguido procesionar ao Santo polas terras xaviñanas. Unha vez rematada a procesión a Asociación de Gaitas de Abrindo Rejo interpretou unha serie de pezas folklóricas traidicionais que fixeron a delicia dos asistentes. Unha vez rematado o aperitivo popular comenzou a sesión vermouh a cargo da Orquesta Samba a cal xunto a aparición estelar de Combo Dominicano levou a música ata altas horas da madrugada, momento ao que por mor dos imprescindibles e ineludibles compromisos laborais xa non chegou a redacción de Camarinas.eu, pero a onde sí chegou foi a impresionante procesión relixiosa que acometeron con fe e brío renovados as boas xentes de Xaviña, deixando para a historia a galería fotográfica que segue.
  • Cartel do San Antonio de Xaviña 2014

    As grandes orquestas non deixan de chegar a Xaviña. Gracias ao traballo serio e continuo da Comisión de Festas será para o 15 de xuño con motivo da festividade de San Antonio cando o Cobo Dominicano recale na parroquia máis extensa do Concello de Camariñas. Todo elo dentro dun programa de xornada única que levará a mellor música a Xaviña nunha maratoniana xornada festeira de domingo. Todo comenzará ás 13:00 horas cunha misa solemne que de seguido dará paso a unha sesión vermouth amenizada pola Banda de Gaitas de Abrindo Rejo e pola Grupo Samba, o cal xa cara a noitiña será o encargado de acompañar ao Combo Dominicano nunha verbena que inundará da mellor música a amplia llanura xaviñana.

  • 26 de abril de 2014 - Cea da Comisión de Festas de Xaviña

    Volven á carga as rapazas da Comisión de Festas de Xaviña. Co obxectivo declarado de seguir achegando fondos para as festividades da parroquia máis extensa do noso concello, teñen prevista para o vindeiro sábado 26 de abril de 2014 a celebración dunha nova cea. Será nun histórico ristorante xaviñán onde a partires das 21:30 horas os asistentes, polo módico precio de 20 euros, poderán desfrutar dun menú composto por ensaladilla, carne asada con champiñóns, bebidas, postre e café, co acertado detalle de que os menores de 7 anos pagarán 10 euros. Todos os interesados en participar no que será o principal cónclave social xaviñán desta primavera de 2014 poderán facelo ben a través do "Xaviña en Festas" do facebook, ben chamando ao teléfono móvil 600-346-877. Aínda que a finalidade da cea, ou o ingredientes do menú, por sí sós xa merezcan a pena, especialmente será contemplar semellante conxunto de intelixentes mulleres fermosas o que faga que asistir a cea do día 26 sexa algo non só desexable senón cáseque obrigatorio.
  • Procesión do San Blas 2014 en Xaviña

    En verdade foi unha festividade estrana, entre fortes fríos así como hipotéticas e repentinas chuvias, por elo aínda ten máis valor a heroicidade do pobo de Xaviña de sacar en cristiana procesión en tais datas a San Blas, ahí onde xusto comenza febreiro, no medio dos máis xélidos fríos do ano, e como non, o mérito da súa xove e ilusionada Comisión de Festas, 100% producto femenino xaviñán sobradamente preparado. Así foi o San Blas de 2014 que máis que unha festa convertíose nunha xesta heroica dunha veciñanza e dunha comisión, un exemplo do triunfo da vontade, e sendo esto así, Camarinas.eu, a web que contempla o noso concello como un todo informativo e para a que cada parroquia aínda é máis importante que a anterior, se elo fora posible, tamén se prantou na procesión do San Blas do 2014 e penou cristiana penitencia nun evento que por momentos máis parecía un castigo que unha festa, dado o desapacible da climatoloxía na data en cuestión. Pero ningún tormento é bastante para aplacar a ansia informativa camariñana do medio de comunicación líder da Costa Atlántica. Aquel que cimentou a súa lenda eterna penando a carón dos seus veciños, neste caso de Xaviña, ante os elementos. Xa despois, pola noite, a París de Noia viría a calmar as feridas e resituar a festividade en honor a San Blas nos seus xustos términos.
  • Todo preparado en Xaviña para o San Blas 2014

    Este sábado 1 de febreiro de 2014 a parroquia de Xaviña celebrará a súa primeira festa do ano e vaino a facer por todo o alto e coma nunca antes se vira na parroquia máis extensa do Concello de Camariñas. E é que a edición deste ano, que organiza a nova comisión de festas composta integramente por rapazas, conta coa inclusión estelar no seu cartel dunha das orquestras máis importantes e de máis éxito do ámbito musical galego. Estamos a falar da París de Noia que amenizará a espectacular verbena nocturna do San Blas Xaviñán. Para elo xa se instalou no campo da festa unha impresionante carpa por si este tempo invernal que estamos a sofrir por estos lares non da tregua nesta sinalada data para os veciños de Xaviña. Pero antes da estelar actuación da París teremos tempo tamén para outros menesteres propios da feligresía do noso querido Cura Párroco don Mario como será a tradicional misa en honor a San Blas e a consecuente procesión ata a Molinera da imaxe do santo tan benerado na parroquia. E xa despois da seguramente fervorosa tradición relixiosa chegará o turno do baile vermouth que correrá a cargo da Orquestra Triunfo. Para a noite deste sábado 1 de febreiro espérase gran afluencia de veciños de Xaviña, de outras parroquias veciñas así como tamén de gran cantidade de seguidores da gran orquestra París de Noia. En fin, unha gran labor a realizada pola xoven comisión de festas de Xaviña que deixaron o listón moi alto para a seguinte edición festeira da vila. Camarinas.eu alí estará no San Blas para realizar unha completa reportaxe do que aconteza. Noraboa chicas!
  • A París de Noia no San Blas de Xaviña

    As beldades da Comisión de Festas de Xaviña gardaron para o final a súa carta sorpresa. Despois de levar a cabo a campaña recaudatoria máis exitosa que se lembre polas extensas llanuras xaviñanas, ou precisamente gracias a elo, foron quen de contratar para a súa primeira posta de longo, o San Blas, a unha das mellores orquestras do panorama festeiro galego. Nin máis nin menos que será a París de Noia a que amenice este vindero sábado 1 de febreiro o San Blás xaviñán. Éxito realmente espectacular desta xove comisión de festas, integrada ao completo por féminas de acreditada beleza e intelixencia que xa no seu primeiro exame acadan unha sorprendente matrícula de honor. Poucas veces verá unha parroquia humilde e traballadora, como a nosa querida Xaviña, a unha orquestra do máximo nivel tocando en exclusiva para os seus laboriosos veciños. Fazaña que debe agradecerse ao traballo serio, incansable e exitoso dun puñado de ilusionadas xóvenes e do que dará boa conta informativa Camarinas.eu, sempre ao pe do canón festeiro cando as circunstancias así o requiren.
  • Cena de Reis da Comisión de Festas de Xaviña

    As nosas chicas preferidas, as que conforman a única comisión íntegramente femenina do momento,  aquela que pulveriza por igual rexistros macroeconómicos e cuotas de igualdade, segue adiante co seu cometido innegociable, irrenunciable: organizar para a súa amada parroquia de Xaviña o mellor programa de festas que viron as pedras da súa moi secular igrexa románica. A próxima marca a batir: a de organizar outra cea multitudinaria, na que con tal de gozar a súa impoñente presencia, de saciar os ollos ca súa inalcanzable beleza, respirar o mesmo aire que o destas deusas comisionistas xaviñanas, un xa avizora no horizonte outro cheo ata a bandeira no ristorante parroquial elexido. Así o indica o número de apuntados para un evento previsto para o 4 de xaneiro do ano entrante, momento no que por un módico precio de 20 euros/adultos e 10 euros/menores, todos os asistentes poderán contribuir á organización das festas do 2014. A primeira cita xa se achega, será en febreiro co San Blas, proba de fogo para esta ilusionante e ilusionada Comisión de Festas e todo parece indicar (ritmo d eventa de camisetas, de aportacións de veciños, de asistentes a ceas) que estamos en portas dun éxito histórico. Con todas estas beldades en acción festeira, non podía ser doutra maneira.
  • Presentación da nova camiseta Xaviña en Festas

    Un puñado de xóvenes beldades están cubrindo Xaviña de gloria. Este pasado fin de semana lograron reunir a máis de cen comensais nunha impresionante cea recaudatoria no Ariño, as aportacións dos veciños están acadando cifras astronómicas, a vindeira Festa de San Blas estas xóvenes e sobradamente preparadas heroínas xaviñanas xa a teñen case a punto de caramelo e por último veñen de crear a camiseta oficial "Xaviña en Festas". Derradeiro grito en indumentaria festeira, burbuxeante e chisporroteante composición vangardista, facía a súa presentación oficial esta mesma mañán de 19 de novembro na redacción de Camarinas.eu como paso previo a expandirase sen solución de continuidade ao longo de todo o noso concello, volcado de forma entusiasta cas novidades que un día sí e outro tamén depara a máis xoven e íntegramente femenina comisión do seu término municipal.  Como non podía ser doutra maneira as dúas primeiras unidades xa foron mercadas na redacción do xigante mediático da Costa da Morte. Foi o comenzo de algo que pode non ter fin. ¡Ánimo chicas!
  • Procesión de San Roque 2013 en Xaviña

    San Roque de Xaviña foi homenaxeado multitudinariamente a mediados de agosto na parroquia de Xaviña

    ¿Quen sería o visionario que inventou esto das procesións? Seguramente alá na Idade Media, enfrascado entre códices e pergaminos, algún papiro tamén, refuxiado nunha escura celda entre os muros de pedra dun olvidado e remoto monasterio, enclavado entre as fraguas dun bosque inextricable, ou na cúspide dunha deserta meseta barrida polos ventos, o noso pioneiro medieval dou en crear o medio idóneo de conxugar relixión e exercicio físico, adiantándose en 500 anos polo baixo ás queridas modas de amor ao deporte que haberían de arrasar chegado o século XX e explotar xa de xeito inmisericorde arrancado o XXI. E unha terra de especial promisión para esta nova modalidade deportiva que xa dende o primeiro momento se puxo a elo con encomiable brío e devoción foi Xaviña, onde os seus veciños ahí levan tropecentos anos recorrendo as súas corredoiras e camiños en multitudinaria procesión e sacando aos seus santiños á que lle den os aires da súa parroquia cada pouco. A derradeira destas ocasións o venres 16 de agosto de 2013 con motivo de San Roque. E alí estivo Camarinas.eu, web recoñecida amante do deporte e da relixión (a católica, as outras non, bueno, igual algún día a ortodoxa, pero eso preferimos deixalo para a gloriosa data futura en que triunfe de xeito definitivo o ecumenismo). ¡Que cuenten con nosotros!
  • Procesión de Santa Ana 2013 en Xaviña

    Xaviña celebrou a mediados deste mes de agosto de 2013 a súa tradicional procesión de Santa Ana

    Dezaseis de agosto, Xaviña, Santa Ana. Venres. Igrexa Parroquial-Cruceiro da Molinera-Igrexa Parroquial. Padres Don Mario e Don Lorenzo. Gaitas de Abrindo Rejo e pasodobles da Orquesta Primera Línea. Autoridades o Alcalde de Camariñas e o Concelleiro Sergio Caamaño. Tamén a maior sabiduría futbolística da Costa da Morte, home orquesta balompédico que sacou do seu maxín todo un club de fútbol, tres anos de ilusión que pasaron á historia. E o principal: toda unha parroquia por un sendero aberto hai cáseque mil anos, ao mellor máis quen sabe. Caras ledas e felices unhas,  graves e concentradas outras, respetuosas co evento relixioso que está en marcha. E finalmente unha web que un ano máis está presente, da fe do acto, o recolle e publica no medio que une aos camariñáns de ámbolos hemisferios e cumpre unha misión social, aquela que publicita un evento centenario e permite a parientes lonxanos reencontrarse na distancia cos seus deudos. ¿Acaso hai máis que decir?
  • Sentida procesión no Sacramento xaviñán

    Don Mario ao fornte da Procesión do Sacramento de Xaviña este 2013

    Na estela do máis grande drama que tivo que encarar Galicia no derradeiro cuarto de século tiña lugar a Procesión da Festa do Sacramento de Xaviña. Ocurría o venres 26 de xullo, dous días despois do accidente ferroviario que deixara 80 vidas rematadas nun tramo da vía férrea que levaba a Santiago de Compostela, nunha celebración escueta e sobria, que intentaba por uns momentos de comunión parroquial refrenar a intensa dor que agochaban os presentes por unha hecatombe que se ben non lles afectaba directamente, non podía deixar de causar un forte impacto emocional en toda persoa de ben. Así só houbo unha procesión relixiosa, sin orquesta, sendo os únicos sons musicais os que se abriron paso á finalización do evento a través das notas da Asociación Abrindo Rejo. Unha misa polo demáis oficiada por Don Mario e polo cura orixinario de xaviña (un de tantos) Don Lorenzo, que foi ademáis de relixioso, mestre de lengua española no Instituto Agra Raíces de Cee. Con humildade, con sorda pena e refrenada dor, a través dunha celebración austera e sinxela rendía o pobo de Xaviña a súa homenaxe sentida ás víctimas do máis fatal accidente ferroviario da historia de Galicia.
  • Festa do Entroido en Xaviña 2013

    Un dos mellores entroidos da Costa da Morte, o de Xaviña

    O ano no que o Entroido da Costa da Morte aerotransportouse extramuros da súa área de influencia e regresou como invicto conquistador de Santiago de Compostela (Danzatekas de Vimianzo), en Xaviña as máscaras de Carnaval luciron como nunca. Organizado conxuntamente entre o Concello de Camariñas e a Asociación Abrindo Rejo, na carpa habilitada ao efecto a carón do milenario templo románico o festival transformista-folklórico-gastronómico xaviñán dou un paso ao frente e aquilatouse un ano máis como unha das principais referencias carnavalescas desta festiva Franxa Atlántica.
  • Carnavales de Xaviña do 2013

    O Entroido xaviñán, un dos máis importantes da Costa da Morte por dereito propioPor haber, hai sitios que teñen unha gran tradición de Carnaval e outros que non. Existen lugares nos que cando se aproximan as épocas das carnestolendas as xentes vólvense literalmente tolas, nos que con meses de antelación mentras un pasea polas rúas se escoitan a través das portas dos baixos, das garaxes, ás distintas comparsas ensaiando esforzadamente as coplas que se cantarán ante toda unha vila expectante, que cando chega o gran día do concurso as emocións dispáranse ata niveis insondables e algún que outro concelleiro pode acabar levando un par de boas trompadas, días nos que ser membro do xurado convírtese en profesión de alto risco: un purgatorio do que todo aquel que pode opta por fuxir aliviado... Nunca foi o Concello de Camariñas unha terra pródiga na tradición carnavaleira antedita pero con todo nos últmos tempos sentáronse unhas sólidas bases para convertir nun medio plazo o noso municipio nun dos paraísos da transformación tolerada, dese facer o ridículo socialmente aceptado que ao fin e ao cabo é no que consiste o Entroido.
  • Nosa Señora e San Roque en Xaviña

    Os Xaviñáns celebraron a Festa na Honra a Nosa Señora e San Roque

    Cas xa clásicas ausencias etílicas por todos esperadas, este 15 de agosto tiña lugar unha das citas claves do santoral xaviñán: a festa da Nosa Señora e San Roque. Baixo un espléndido calor estival as boas xentes da parroquia máis extensa do noso concello botáronse aos camiños e percorreron Xaviña en cristiana procesión. Alí, ao carón da súa xente e encabezando a procesión atopábase o noso querido amigo e Secretario do Club Náutico de Camariñas, Manuel Ángel García Insua que durante un longo treito portou á Nosa Señora sobre os seus hombros. Detrás ía San Roque en volandas levado polo seu irmán Félix e varios veciños devotos de Xaviña. O Alcalde Pichurri e o Páter xaviñán Don Lorenzo supoñían a menguada representación institucional presente no acto. Así mesmo acompañaban todo o acto a omnipresente Banda de Gaitas da Asociación Abrindo Rejo que outro ano máis estaba ao carón dos seus paisanos para poñer a nota musical ás celebracións.
  • Festa da Praia de Xaviña 2012

    Un ano máis a Festa da Praia de Xaviña resultou un éxito

    A importancia dun medio de comunicación mídese pola relevancia que alcanzan e as consecuencias que provocan as súas noticias... ou incluso os seus banners. Fui anunciar Camarinas.eu a próxima publicación de certos documentos que obran no seu poder e todo fui histeria, victimismo, insultos e ameazas. Aparte de que algún que outro se fose literalmente polos pantalóns. Comprensible cando todo o patrimonio que a día e hoxe posee certo vago profesional, superviviente empeñado en afundir as opcións do seu propio partido en Camariñas, é un nada optimista futuro político. Nembargantes, consecuencia de que os redactores de Camarinas.eu non andemos enfangados en patéticos xogos de poder, nin en promesas desesperadas de sucesión política, nin de que teñamos que vivir a conta do traballo dunha esposa nin da pensión dunha sogra, naqueles momentos que se atopa un momento libre nunha axenda gracias a Deus repleta de traballo, ahí nos vamos a desfrutar cas boas xentes das súas festas máis significativas. Como por exemplo este 25 de xullo no Areal do Ariño en Xaviña.